martes, 6 de abril de 2010

HORA VELLA OU HORA NOVA, ESA É A CUESTIÓN, por Undetordea

Cando se fai a pregunta de o porque cambia a hora todo o mundo di que é para aforrar enerxía, está claro…pero en que medida, quen aforra, lle totalmente certo esa afirmación?.




Din que se aforra porque se aproveitan máis horas de luz, pero digo eu para que queremos horas de luz si sexa de día ou sexa de noite, sexa un día escuro ou claro as luces por exemplo, nas oficinas están sempre acesas.


Vas entrar nunha cidade grande e a altas horas de madrugada ves os edificios enormes de oficinas todos iluminados, parecen todos hoteis. E o alumeado público non creo que apague antes ou despois, incluso se ven acesas de día.


Malgastes como o de ter en días de calor a calefacción funcionando e pasar de repente poñer o aire acondicionado a todo gas é moi común nos edificios públicos.


Pero realmente quen sufre as consecuencias do cambio horario?





Esas señoriñas que se atopan un domingo pola mañá co cambio horario feito…xa o día antes preguntaran a que hora era a misa e lles dixeron que as 10 coma sempre, pero elas dixeron , pola hora nova ou pola vella?…a pos non che sei..e aló vai a ansiosa da muller unha hora antes, ás 9 a porta da igrexa.. non vaia ser que vella pola hora vella, ou a nova.


Igual pasa co bus, esperar o bus, certamente dos que están a esperar ninguén ten a seguranza de que vai pasar á hora de sempre, bueno de sempre si, pero pola nova ou pola vella?


E o máis importante, cal é a verdadeira hora, a nova ou a vella.

No hay comentarios: