domingo, 18 de abril de 2010

UNHA XITANA, UN DESTINO, por Arteixo, Terra Meiga

A marcha de Andrea e María deixou orfa de amparo a Alba. Non sabía con quen falar do que lle acontecía, máis a nai deuse conta. Alba suplicoulle que pechara a boca, non quería que se enterase ninguén.


Non amaba a ese noivo co que tería que casar. Negábase a servir a un home coma se fose unha escrava.


Mais o silencio da nai non durou moito tempo, e de alí a pouco mais dun mes, xa estaban a celebrar a festa do futuro casamento.



O noviazgo implicou o que Alba temía. Tivo que deixar a escola, os xogos, e unirse as rapazas casadeiras para preparar o seu verdadeiro destino.


O Luis era un bo rapaz, a pesar dos temores de Alba. Tratábaa con dignidade e Alba foi confiando naqueles ollos negros que as veces estaban tan cheos de tristura coma os dela.


A Merche, a futura sogra, foi a encargada de enseñar a Alba as costumes da casa. As mulleres tiñan que ocuparse de todas as tareas, dos fillos, de ter todo disposto para o marido.


Alba tiña que aprender a calar, a ser sumisa, a repetar ao home, de poñerse a salvo doutras miradas masculinas que non foran as do esposo para evitar os celos de este, e así evitar palizas e humillacións inmerecidas.


Pouco a pouco Alba foise adaptando a estes cambios, aínda que o seu interior se rebelase e toda a súa feminidade quisexe fuxir polos ollos e o cabelo azabache.


Luis namoruose da beleza arrebatadora de Alba, e sucumbiu a súa enteireza e rebeldía.

No hay comentarios: