domingo, 11 de abril de 2010

FLOR DE SANTIDADE, película sobre A Santiña de Valle Inclán



-->
Sinopsis: A mediados do século pasado, unha Galicia empobrecida e famenta ve agravada a súa xa penosa existencia polos avatares da guerra carlista.

Neste ambiente desolado e áspero, Adega, unha pastora moza, dá acubillo nunha mísera corte a un peregrino que todos rexeitan.

Uns ritos místicos fanlle crer á mociña que está fronte a un ser divino. A superstición e o fanatismo inducen aos aldeáns a ver nel un ser diabólico e danlle sanguinaria morte.

Adega cúlpaos de terlle quitado a vida ao enviado de Deus e anúncialles que espera un fillo seu.

As xentes cren nas súas palabras e empezan a venerala como “A Santiña”. Os partidarios carlistas sérvense de Adega para apoiar a súa causa.

Mais as vicisitudes da guerra e o temor supersticioso, convértena, de improviso, en inimiga para xulgala por herética, condenándoa á Noite das Endemoñadas.

Entre exorcismos e ritos pagáns, mergúllana con outras desgrazadas no mar aberto. Pero as redes de pesca regresan cun burato.

Unha das endemoñadas non aparece. De madrugada, unhas mulleres buscan a Adega pola praia deserta. Non hai rastro.

Un cego avanza sobre a area entoando unha alegre ladaíña. Conta a lenda dunha mociña que espera un fillo de Deus. Só a lenda queda agora.

No hay comentarios: