miércoles, 14 de abril de 2010

O CATÓN COMPOSTELANO, por Maré





Aparece a antoloxía completa do Catón Compostelano.


A catalogación de libros doados por un particular á biblioteca do Seminario Maior de Ourense levou ó achado dun pequeno volume que resultou ser, segundo Alejandro Delgado Arce, o primeiro que reúne os 22 artigos completos de El Catón Compostelano, primeiro xornal galego editado en 1.800.


Delgado Arce foi o responsable de catalogar os libros doados por Emilio Duro Pena tras a súa morte en 1990 e, nunha roda de prensa na que estivo acompañado polo reitor Jorge Estévez e polo bibliotecario José Ramón Estévez, deu a coñecer o descubrimento que realizou no día de Pascua "e que foi o mellor agasallo que puiden recibir", dixo.


O axudante da biblioteca do Seminario, Delgado Arce, explicou que coñece o que era ata agora e é o volume máis completo cos artigos que El Catón Compostelano deu a coñecer durante as súas 22 semanas de existencia, editado de forma semanal en Santiago desde maio do ano 1.800 por Francisco María del Valle-Inclán, que era tío avó do pai do noso insigne escritor Ramón María del Valle-Inclán.


Ese volume, segundo explicou, recollía 21 artigos, chamados discursos, ten 339 páxinas e é propiedade do Consello da Cultura Galega que llo comprou a unha familia ourensá que o custodiaba e editou unha versión en "facsímile" de maior tamaño que o orixinal deste xornal.


"O volume que temos aquí -engadiu- ten ademais o discurso número 22 no que o xesuíta valenciano Juan Francisco de Masdeu, responde a outro anterior do propio editor Valle-Inclán no que falaba da orixe das linguas de toda España".


Segundo Delgado, o volume descuberto agora en Ourense "é o único completo que reúne todo o publicado naquel primeiro xornal de 1.800 despois do cal aínda tiveron que pasar once anos ata que se editou o segundo de Galicia que foi El Sensato, tamén en Santiago".


O libro súmase, segundo explicou, a outros exemplares parciais do xornal El Catón Compostelano xa que, ademais do que é propiedade do Consello da Cultura Galega, hai outro con 21 discursos na fundación Santiago Rey Fernández Latorre, os artigos números 1 e 12 na Real Academia Galega e unha colección dos 16 primeiros números na Hemeroteca Nacional.


Delgado Arce manifestou que se trata dunha exemplar "único" porque ten os "22 discursos" do xornal "completo". "Isto é demasiado porque é o primeiro xornal que se editou en Galicia completo e o único que hai. Cando me dei de conta foi unha satisfacción enorme que coincidiu co luns de Pascua polo que foi un agasallo inmenso", aseverou.


OS CONTIDOS


A "envexa" de calquera

Delgado Arce explicou que eran discursos de "corte erudito" con "ironía" que tocaban temas "impensables hoxe" como "a educación da mulleres" ou "se os monxes tiñan que afeitar a barba", así como a "orixe das linguas españolas", entre outras cuestións.


Así, manifestou que se trata dun "tesouro" localizar esta publicación no Seminario Maior de Ourense xa que se converte na "envexa de calquera biblioteca galega" porque ten un valor "incalculable".


Estévez aludiu a outros volumes de interese existentes no Seminario Maior e sinalou o Décadas en tres volumes de Perico Livio "do que só hai catro exemplares no mundo contando o noso".

No hay comentarios: