viernes, 9 de abril de 2010

CANÇIONEIRO POPULAR. REFRÁNS, por Ramón Laíño

O beber sen comer é unha desghraçia.


Aghosto pasou e que mallou, mallou.

(É o mes máis caloroso do ano. A malla do trigho acostumábase a mallar co mallo. A chover non se pode mallalo. O verán foise co aghosto e en setembro ighual ven a chover.)


Cando hai fame non hai (n´hai) pan duro.


Cando hai fame non hai nincunha cousa mala. (Para comer)


De este mundo llevarás panza llena y nada más.


Como diçían os vellos: - A casa canto quepas e os bens cantos vexas.


O çestiño do criado, ben postiño e mal calcado.

(Dise por exemplo do çesto da herba ou de calquera cargha que vai ben colocada pero pouco calcada ou pisada para que teña máis valoura ou volume do que en realidade leva.)


O probiño do criado, mal vestido e mal calçado. (Para quen traballa non lle cubren as neçesidades básicas.)


Barco ghrande ande non ande.


Chámame ghorrión e bótame trigho.


Sempre ten máis que deçir o que / quen cagha na casa que quen a lava.


(Outra versión) Manda máis quen cagha na casa que quen a lava.


Máis vale ter que desexar. / Vale máis ter que desexar.


As sopas de viño fan de vello un miniño.

(Sopas de cabalo cansado que é pan mollado en viño tinto. Se se quer bótaselle sucre.)


Máis vale andar solo que mal acompañado.


Na casa allea o que ben está, ben estea.


O palleiro non se fai sen palla. (A palla pode ser de calquera herba: millo, trigho, çenteo, çebada. Esto pode ser aplicado a distintos aspectos da vida, como por ex. entre outros, que un corpo non se fai sen alimento, ...)


Ir e vir, carretar se chama. / Ir y venir, carretar se llama.


Tanto ten asoutar coma dar nas cachas.


Para fóra todo o mundo traballa.


O que nunca tuvo un porco e aghora ten un porquiño, anda sempre quiño quiño.


Non hai (n´hai) ouro que non reluça.


Non hai pouco que non cheghue nin moito que non se acabe.


(Outra versión): Non hai riqueça que dure nin pobreça que non cheghue.


O home nunca espera.


O home e o can van a onde llo dan.


Por San Martiño bebe o viño e mata o porquiño.


A quen lle pica allos come.


Mentres petan ben lles vai.


Mentres se berra aléntase.


Quen non fala, nin berra…, é que está morto. (Alghuén que se xustifica cando lle din que fai moito barullo)


Como as ovellas de Pedro moreno deitarse tarde e levantarse çedo.


Non hai duro que non ablande.


Para un bo sempre hai un mellor.


Cada un ten que apandar coa súa.


Os luns tódolos carallos son uns.


Onde hai ghalo non canta ghaliña. A non ser que o ghalo sexa unha morriña

(Dise do instinto animal no xénero das aves referido á força bruta dentro de ghaliñeiros / capoeiros ou espaçios abertos. Compárase este actuar dos animais co “machismo”, conducta a superar pola humanidade, entre outras escravitudes da selva primixenia, como así das astuçias e sofisticaçións na xunghla de çemento, na cal interveñen novos elementos como a locuaçidade, os medios ao seu dispór, a falla de escrúpulos, ..., tanto a nivel de parella como de masa soçial.)


Cando chove e non hai (n´hai) vento non hai (n´hai) mal tempo.


Cando chove e hai vento, hai mal tempo.


Se non chove e quenta o sol hai bo tempo.


O que se abrigha debaixo da folla dúas veçes se molla.


O que non sabe é coma o que non ve.


En febreiro casan os paxaros.


Cando chove e quenta o sol anda o demo por Ferrol.


Vale máis / Máis vale pouco e ben que moito e mal.


Cada cousa para o que é e o sapato para o pé.


En boca çerrada / pechada non entran moscas.


O falar non ten cançelas.


Nunca foi máis neghro o corvo cas alas.


Onde hai papeles calan barbas.


O que non tira ós seus é un porco.


Mañán ou morrerá a burra ou quen a arree.


O que manda nunca morreu derreado.


Cousa de moitos, ben comesta e mal ghuisada.


Quinçe. Do que non ten, rinse.


Fala moito o san co enfermo.


En / Por Santa Luçía, sácalle á noite e dálle ó día.


Lombos e blandas en ghrandes alturas pareçen molduras. (Nos muros as lombas e blandas desde lonxe pareçen molduras, é diçir, quedan ben coma se foran feitas con esa intençión.)


O que leva, leva e o que raña, raña.


(Outra versión) O que leva, leva e o que dana, dana.


Meu santo San Salvador, coidamos de amellorar e vamos / imos a peor.


Quinçe días, tres semanas, poucas son as malas fadas.


En março queiman as mans as madamas no palaçio.


En março xa mosca o ghando no monte.


Despois do vinteún de xaneiro escureçe co salto dunha pulgha.


Dios nos libre dun can rabioso, dun testigho falso e dun mal veçiñó á porta.


No maio por ben que che vaia non cómala raia. (Pode façer mal, xa que é cando empreñan. Están no preñador, polo visto.)


En maio te mollas e en maio te enxughas.


En maio corre a aghua detrás do arado. (Anque haxa chuvias e treboadas, non queda máis remedio polo maio que botar millo, ..., porque é o mes destes froitos).


O día da Candelaria, se chove vai o inverno fora e se ri está por vir.


Entre março e abril sale o cuco do cubil.


O que todo quere todo perde.


A laranxa á mañán vale ouro, ás doçe, plata, e á noite, mata.


Máis vale viño demo que aghua santa.


O vinteún de março entra a merenda e mailo descanso (empeçan a ser os días máis ghrandes)


Cada mestriño ten o seu libriño.


Deus pan, Deus peixe.


Morreu a bruxa, que se vaia o demo con ela.


Bérralle á filla para que entenda a nora. / Tamén din: - Bérralle ó fillo para que entenda a nora.


O que de moço bailou ben, aínda de vello lle dá xeito.


De burro morto çebada ó rabo.


Se en San Xoán chora, non maduran as silvas nin as amoras.


Os moços morrerán, pero os vellos non queda un.


En San Xoán a sardiña molla o pan. / A sardiña en San Xoán molla o pan.


O que dá consello non dá diñeiro.


O inverno de San Martiño, ghrandiño ou pequeniño. (ghrande nove días e pequeno tres)


O cregho onde canta, alí xanta.


A carne, carne cría e o peixe é aghua fría.


Deus os da e eles se xuntan.


Aquí ven a çereixeira que se comeras as que che colleu teu pai, non comías media enteira.


Se é ghallegho ha de cantar. (Tarde ou çedo non ghardan seghredo)


En pasando San Mighuel vai ós fighos quen quixer.


O que do seu fai alleo, colle un corno e méteo no seo. (Quen non se preocupa polo seu, dise coma o que colle un corno que non lle ten utilidade para nada e ghárdao debaixo da chaqueta ou doutra prenda a esa altura do corpo.)


O que moito elixe, ou moito escolle ou moito empacha.


O que moito escolle, unha maula lle sale.


As palabras antes de diçilas hai que medilas.


Cando chove e quenta o sol, anda o demo por Ferrol.


O que rouba fai por ter.


Home pequeno, fol de veneno.


Moitos ofiçios ten Xan e de nincún ghana pan.


Na terra do meu home o que non traballa, non come.


Ovella que berra, bocado que perde.


O ben feito ben pareçe, e o que o fai, ben mereçe.


Despois de casado, o primeiro día bico con bico, o seghundo cu con cu e o terçeiro colle as maletas e vai pescar.


Morra a marta, morra farta.


O comer e rañar solo se quere empeçar.


A vida que non é reñida non é rexida.


A todo can flaco lle veñen máis pulghas.


O resultado non é como empeça, senón como acaba. / A cousa non é como empeça, senón como acaba.


Por un morto non dan un vivo.


Uns polos outros e a casa sen varrer.


De çento unha ves caghou o rei nun çesto.


Deixa andar o can coa/ca roca e o ghato coa/ca maçaroca.


Antes de casar mira ben o que fas. / Se te vas casar mira ben o que fas.


O que ten moito mel, un cómeo coa/ca man e outro ca/coa culler.


En abril déixame durmir, que en maio de meu me caio (caio co traballo que hai de botalas leiras, e tamén co sol.)


O conto non mantén pero axuda a vivir.


O crego onde canta alí xanta.


O que naçe para ichavo non chegha a carto. (Ichavo: parte pequena sen desenvolver dunha laranxa. / Carto: pedaço natural que xuntos tódolos cartos forman a laranxa.)


(Outra versión): - O que naçe para ichavo nunca carto é.


Coraçón apasionado, lághrimas ter paçiencia. O que naçeu para desghraçiado desde o berçe comença.


En boca pechada / çerrada non entran moscas.


Do de fóra cagha o demo polo cu. (Porque non se ten o mesmo sentir ou dor dos problemas de fora coma os da casa. Sempre son máis ruíns.)


Pas na casa e ghuerra fóra. (Mellor estar en pas na casa e os de fora que cada un arranxe os seus na súa)

No hay comentarios: