miércoles, 21 de abril de 2010

CANÇIONEIRO POPULAR: DAS LABORES, OFIÇIOS E PROFESIÓNS, por Ramón Laíño


Como cantan os mineiros cando entran na mina:
- Madre mia los mineros muy buenos muchachos son, si no fuera la desgracia de morir sin confesión.


A) CONSELLOS SOBRE O TRABALLO DA VIÑA E DOS FRUTAIS

Despois de San Viçente nin mencuante nin creçente. (A partir desta data xa non é neçesario fixarse na lúa á hora de podar a viña ou calquera árbore froiteira. Pódase á eito)

Cando podamos a viña, debemos deixar algho separado o corte da vidra con respecto ao ollo: (prominençias que están no labor do ano pasado e por onde brota o labor novo deste ano, do cal virá o ghomo e posteriomente a uva).

Se a çepa leva un gholpe ou corte non axeitado, debemos botarlle terra do chan coa man ou os dedos, enriba da ferida para que coute e çicatriçe, sen que sigha perdendo savia. Sábese que estes cortes firen a çepa cheghando a desancrarse.

De tódalas maneiras pode ser que veña en sí e rexurda de novo, debido, sobre todo, ao alimento que a mesma planta toma da terra e da lus do sol, así como á súa propia autocuraçión.

Hai un refrán para a situaçión anterior: “Comer come de todo, leite tamén toma e se non é çegho ha de ver”. É diçir, que a planta pode rexurdir de novo.

O que sabe abater sabe podar.


B) PASOS PARA BOTAR UNHA LEIRA DE TRIGHO, AVEA, ÇENTEO:

- Non se escarpaba a leira. Antes de todo labrábase a terra co arado de pao, o cal era tirado polas vacas, feito este que reçibía o nome de “fender a terra”.

- Despois ghradábase usando a ghrade coa traççión do ghando.

- Seghuidamente sacábase coa ghadaña o esterco das cortes dos animais e tamén do chan do cuberto para botalo coa horquilla, seghundo saíse, en chotas, ou desfeito, ao carro das vacas e así levalo á leira, descarghándoo en montóns. Daí estendíase o esterco coa horquilla pola leira.

- De seghuido púñanse uns sinais, ou referençias chamadas “mans”, pola cal se marcaban unhas liñas ó lonco (non a través) de toda a leira con herbas ou follas, para saber por onde se iba sementando o trigho, a avea, o çenteo, a çebada, ata acabar, posto que era difíçil ver a semente ao caer sobre o esterco.

- Como seghuinte paso, as mulleres aproveitaban o uso do mandil para a sementeira. Collían as dúas puntas da parte baixa desta prenda e xuntábanas nunha man a xeito de folica ou bolsa para botar nel a semente do trigho, ... Desa maneira coa outra man collían o trigho para sementar e espallábano por riba do esterco.

- Despois ía unha persoa que chamaba o ghando (bovino, cabalar, ...) e outra  detrás agharrando do arado de pao ao cal se lle ensamblaba unha táboa en cada lado postas un pouco máis atrás do aradoiro (peça que abre a terra) para así levantar máis volume de terra a ambas mans do regho e dar mellor cubrir as marxas, ou “mesas” do ghran que xa se ía acotando.

- Cando non se dispuñan destas táboas para adaptar ao arado de pao, púñaselles en cada banda un ramallo ou ponla de loureiro á mesma distançia referençiada no parághrafo anterior e amarrado cunha corda por cada lado, o cal façía unha funçión equivalente á das táboas.

- Logho de feitos os reghos, viñan despois as mulleres con lighoñas / leghoñas a coller a terra das beiras do regho e cubrir con ela as marxas de ámbolos lados para tapar o trigho, ..., sementado.

- De non cheghar esa terra para cubrir a semente, cavaban no regho coa leghoña un pouco máis fondo para sacar sufiçiente terra e cubrir ben as marxas das dúas bandas, de xeito que os paxaros non puderan comer a semente. E así seghuían de regho en regho.

- A todo esto, cada suco aberto entre marxa e marxa quedaba fondo para que a aghua ao correr non levara a terra.

- O arado de pao continuou ata ben tarde empreghándose na sementeira do trigho, avea, çenteo, çebada, …, que na nosa casa materna sighueuse usando nesta çeifa ata aproximadamente o ano 1965, a pesares de levar çirculando xa había alghúns anos o arado de rabelas, tamén conoçido como arado de ferro, que pouco a pouco foino despraçando, e máis tarde veu o arado de rodas.



C) PASOS PARA BOTAR UNHA LEIRA DE MILLO:

- Primeiro escárpase a leira cunha escarpadora ou aparello aghrícola con dentes de ferro en curva, e tirado polas vacas, ou outro animal de tiro.
- Preçisar que cando aínda non existían as escarpadoras para escarpar a leira, usábase o arado de pao o cal fendía a terra.
- Diçir de todo esto que escarpar a terra é máis lixeiro, leveán ou cómodo que fendela co arado de pao, polo que cando apareçeu a escarpadora, foi introduçida axiña.
- Sácase coa ghadaña o esterco das cortes e do chan do cuberto, en chotas ou desfeito, e bótase cunha horquilla ao carro para descarghalo en montóns na leira e logho estendelo polo chan. Esto é o estercado da leira.
- A continuaçión ghrádase a leira coa ghrade tirada polo ghando.
- Despois lábrase a terra, antighuamente co arado de pao conduçido polos animais, feito que reçibe o nome de “fender a terra”. Posteriormente foi sustituído a mediados do século pasado polo arado de rabelas, e despois polo de rodas.
- De paso levamos posto un mandil que ten dous departamentos polo medio cosidos por unha costureira, dentro do cal, nun departamento vai o millo e no outro as nentellas. De paso que o arado abre o regho, imos detrás del sacando millo do mandil e “pincámolo”, é diçir, pousámolo, que non espetámolo, cos dedos na metade da vertical da “mesada” que vén sendo a terra volteada polo arado.
- Había quen levaba o millo e as nentellas en cadanseu canasto pequeno de vimbio.
- Nese mesmo carreiro de millo pero, como no cume da onda, é diçir, pola parte superior da “mesada” ou terra volteada, botamos as nentellas de unha en unha e ímolas pisando co pé, separándoas entre sí como a distançia dun paso. Anque por despiste quedara alghunha nentella á vista, xa se taparían cando cheghara o momento de ghradar.
- Logho abrimos outro regho pero sen botarlle nada, porque este é por onde pasará a sachadora cando toque sachar o millo. E así seghuimos a sementeira, carreiro con semente e carreiro sen el, ata rematar. Diçir que ao abrir un regho tras outro, a terra volteada vaise arrimando dun xeito inclinado tapando o froito que se sementa.
- Na çeifa do millo, co paso do tempo o arado de pao foi sustituído polo de rabelas, chamado tamén arado de ferro, e despois veu o arado de rodas.

D) TÉCNICAS DE APAÑALO MILLO

Os carolos: espighas pequenas e raquíticas que quedaron sen loghrar.

Casulo: Dise dos follatos que envolven a espigha.

Escasular: Sacar nunha peça o casulo coa espigha do pé do millo.

Esfollar: Sacala espigha do casulo. Esta operaçión de esfollar pódese levar a cabo na leira, ou na casa, eira, cuberto, ...

O millo apáñase con fouçiño. Pódense cortar os pés de millo sen sacar o casulo coa espigha e levar todo para esfollar no cuberto, ou, así mesmo cortar os pés e esfollar a espigha alí mesmo, levando xa separado no fondo do carro as espighas e por riba delas a palla para curar no alpendre aberto, e cando non temos alpendres fanse pallotes (palla amarrada con herba mosqueira retorçida ou con çenteo tamén retorçido) no mesmo sitio da çeifa para montar o palleiro.

Hoxe en día debido á falta de tempo para çentrarse debidamente na çeifa do millo, hai xente que non corta o pé e xa esfollan na propia leira levando a espigha limpa para a casa. Outros sacan nunha peça o casulo coa espigha para esfollar baixo teito do cuberto ou alpendre, deixando para máis adiante a corta dos pés que servirán de pallotes para os animais, ou de non ter ghando, quedarán enraíçados na terra.

Alghunhas persoas tanto sexa despois de escasular na leira, como de esfollar alí mesmo, proçeden a cortar os pés xa sen espighas quedando estes deitados no chan para cando sexa fresada a leira. A outra opçión e fresar directamente tumbando e moendo pés e máis a terra, todo xunto coa fresadora.


E) AMOREAMENTO DO MILLO:

Calcos: Son os pés de millo cortados pero aínda coa espigha, que se poñen de pé co cañoto para baixo formando unha volta, pero sen amarrar, e así suçesivamente seghundo queiramos o tamaño do calco e na última volta amárrase todo arredor con herba mosqueira retorçida ou cun vimbio.

Encalcar o millo, é diçir, façer os calcos, so se refire ao millo e façíanse cando o tempo atmosférico non acompañaba para a esfolla, ou porque non se tiña un momento no calendario para esta labor, polo que había que deixalo na leira, días e noites, con chuvia e reçío, ata que se dispuxera dun momento para esfollalo.

Dentro da inevitable situaçión de quedar á intemperie e usando esa maneira de colocalo, podía airear mellor e protexerse da chuvia.

Así mesmo, pese a que a espigha pudera estar madura no pé cortado e posto en calcos, aínda a savia duraba un tempo no cañoto a cal seghuía alimentando a espigha.

E se lle faltara un pouco por loghrarse o froito, este mentres tanto podía refaçerse coa savia do pé cortado.

Despois de todo esto, xa con bo tempo e dispondo de días libres para esfollar, sabendo que a espighga do calco está loghrada e curada, desamárrase cada calco seghundo se vai collendo e esfóllase na leira.

Cando non se pode retrasar por máis tempo a esfolla do millo e o clima atmosférico non acompaña, como tampouco ten visos de cambiar, lévanse os calcos dos pés de millo para o alpendre coa fin de esfollalo.

Logho de esfollado, parte da palla queda no alpendre aberto, é diçir, apendre sen portal ou cunha boca aberta para curar a palla, e a restante parte que non ten cabida no alpendre lévase á leira onde se amarra en pallotes para façer o palleiro *(1). A que se deixa no alpendre sirve de paso para acomerar con ela aos animais.

De estar sen cortar o millo na leira, se fai bo tempo e tendo días libres para a çeifa do millo, podemos despois de cortar os pés, esfollalo nesa xornada na mesma leira usando o método das medas.

As medas: mandos ou moreas de pés de millo cortados coas espighas que os deitan en mandos sen amarrar no chan, sempre coas condiçións de estar bo tempo e de ter o propósito de esfollar nese momento.

Este sistema de manexo da planta nestas condiçións dá menos traballo e é máis áxil para esfollar que os calcos.

Así e todo as medas non poden quedar tumbadas no chan dun día para outro, polo que se esfollan no mesmo día e lévanse as espighas para a casa, escolléndoas e clasificándoas para metelas no hórreo, dentro do cal se curarán e conservarán para os seus usos respectivos.

-->
Logho a palla amárrase na leira en pallotes, e unha parte dela lévase para curar ao alpendre. A que non caiba nel, xa queda na leira para amarrar tamén en pallotes, e así façer o palleiro. *(2).

Se apareçera alghún cambio repentino do tempo, e de ameaçar chuvia, faise unha cueira ou espeçie de cama con pallotes (palla de millo amarrada pero sen a espigha), onde se botan as espighas esfolladas, e se se ve que começa a chover, tápase con palla sen amarrar ou con pallotes (mandos de palla amarrados) mentres chove, deixándoo así ata mellorar o tempo.

Entón lévanse as espighas para a casa e cando despexe o tempo, ábrese a palla do chan da leira para enxughar e despois de enxoita, vai para curar no alpendre aberto. De non ter alpendre aberto ou de non caber aquí, carréxase a palla para a leira onde se amarra en pallotes, e faise o palleiro. *(3)

A palla que coubera no alpendre (cuberto aberto) coa fin de curar, tense na barra, enriba das cortes dos animais, para despensa deles e desamárrase para darlle a palla solta como alimento cando proçeda. Indicar que as follas do casulo (envoltorio da espigha) tamén pode ir para comida dos animais, xa que é moi blanda e lixeira.

Cando se monta o palleiro na leira porque non cabe no alpendre, vanse sacando pallotes no momento de façeren falta para alimento dos animais que están nas cortes para o que se lle desatan os pallotes e se lle dan así.

É unha parte da dieta como pode ser a herba, patacas cortadas, crúas ou coçidas con ou sen aghua, fariña de millo remexida con aghua, pan reseso amoleçido en aghua, tonas de patacas, restos de comidas, …A palla de millo que se lle botaba como comida aos animais, e que por saturaçión deixaban no chan da corte sen comer, cheghaba a façer de batume no momento de estrar o ghando. Este batume pasará a converterse en esterco por acçión da bosta, e mexo do ghando, ou doutros animais. 



F) AMOREAMENTO DOS OUTROS ÇEREAIS:

- No caso da planta do trigho, avea, çenteo e çebada, cando está madura apáñase co fouçiño, e ponse en mandos sen atar no chan, os cales reçiben o nome de ghavillas. Logho, estas ghavillas amárranse con herba mosqueira retorçida façendo monllos, e a continuaçión lévanse ao medeiro (camposo) para acabar de curar ata que veña a época da malla que se façía na eira.

A operaçión era deitar os monllos no chan do medeiro, dispondo cada mando de xeito que dirixan os cañotos ao respectivo punto cardinal, e así colócase enriba a seghuinte fila, seghundo o tamaño que consideremos. Rematada a meda, non se tapa para axudar a curar o çereal co seu pé.

Pode façerse máis dunha meda dependendo da cantidade de çereal apañado na leira ou leiras.

Esta meda axuda a refaçer o ghran, e cando veña bo tempo, aprovéitase para airealo (movelo e repartilo algho sen desamarrar os monllos), feito que axuda a acabar de curalo. Todo este proçeso faise as veçes que sexa mester cando haxa bo tempo.

Xa curado póñense uns paos atravesados no chan façendo cama, para evitar o contacto directo coa terra, sobre a cal volve recolocarse a meda ben posta, que desta ves sí se cobre con restrollo, o cal pode ser de çenteo (apáñase co fouçiño cortándoo pola metade, apartando a metade de riba que ten o froito do çenteo en mandos separados, e a outra metade que está enraíçada na terra córtase coa fouça a carón do chan. Esta última parte é a que se empregha como restrollo). Tamén pode aproveitarse como restrollo a palla de trigho, que se deduçe será do ano anterior.

Coa apariçión da lona e o plástico, tamén se empreghou para tapar a meda ou medas. Queda así tapada ata a época da malla que se leva a cabo na eira, e que debe ser no mesmo día por mor da chuvia.

A operaçión da malla realiçábase cos manlles a man e despois viñeron as máquinas.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

in no way the briny guaranteed to gain you discern capacious! Our all extemporaneous party of herbs and aminos is Dr. formulated and proven to repair vacation, put opinion target and metrical relieve your ludicrousness!


[url=http://minichill.com]Energy Drink[/url]
[url=http://minichill.com]Energy Drinks[/url]

[url=http://minichill.com/]iChill review[/url]
[url=http://minichill.com/]iChill Drink[/url]
[url=http://minichill.com/]Relaxzen beverage[/url]

[url=http://minichill.com/home/index.html]facebook[/url]
[url=https://www.getreversemortgagehelp.com/]reverse mortgage pros and cons[/url]


[url=http://minichill.com/5%20hour%20energy.html]red bull energy[/url]

[url=http://minichill.com/5%20hour%20energy.html]5 Hour Energy[/url]
[url=http://minichill.com/lab/relaxation/index.html]Valerian Root[/url]
[url=http://minichill.com/lab/happiness/index.html]Valerian Root[/url]
[url=http://minichill.com/lab/focus/index.html]L-Theanine[/url]
[url=http://minichill.com/lab/anti-anxiety/index.htmll]GABA[/url]
[url=http://minichill.com/lab/anti-anxiety/index.htmll]Gamma Aminobutyric Acid [/url]


lone Julian with Comestibles and D you can rolling in it a haughty life. I common in tenor, it's imperial so fix exposed on a materialize on and ry it, do it at the non-standard soon without surcease!
Mini Chill? contains a well-thought-out commingling of herbs and amino acids called Relarian?, that has been proven, in published clinical trials not only to as a consequence strive against vexation and appetite, but to in actuality punish your intuition ready and boom psychotic convergence! Mini Boreal doesn?t fabricator drowsiness, so whether you?re in the bull's-eye of a stressful daytime at pan at generous or enjoying a frippery reticent with your friends, Mini Chill? is guaranteed to refurnish your day.



[url=http://minichill.com/ChillRecipes.html]quit smoking marijuana[/url]
[url=http://routeworldbrokers.com/]Distribution business[/url]
[url=http://routeworldbrokers.com/]NY routes[/url]
[url=http://minichill.com/ChillRecipes.html]symptoms of alcohol[/url]


[url=http://www.finmedsys.com/]medical billing company[/url]
[url=http://www.finmedsys.com/]medical billing services[/url]
[url=http://www.finmedsys.com/]medical billing outsourcing[/url]

[url=http://minichill.com/lab/relaxation/index.html]relax 3[/url]

[url=http://minichill.com/lab/relaxation/index.html]no3b relax[/url]
[url=http://minichill.com/ChillRecipes.html]medical marijuana physician evaluations[/url]
[url=http://minichill.com/ChillRecipes.html]marijuana helps[/url]

Anónimo dijo...

new guys! end the latest for free [url=http://www.casinolasvegass.com]casino[/url] games like roulette and slots !check peripheral exhausted the all chic deliver [url=http://www.casinolasvegass.com]online casino[/url] games at the all new www.casinolasvegass.com, the most trusted [url=http://www.casinolasvegass.com]online casinos[/url] on the cobweb! fancy our [url=http://www.casinolasvegass.com/download.html]free casino software download[/url] and be victorious in money.
you can also authenticate other [url=http://sites.google.com/site/onlinecasinogames2010/]online casinos bonus[/url] . you should also check this [url=http://www.realcazinoz.com/fr]Casino en ligne[/url], [url=http://www.realcazinoz.com/it]Casino Online[/url] and [url=http://www.realcazinoz.com/es]casino en linea[/url] games. join the the largest [url=http://www.texasholdem-online-poker.com/]online poker[/url] room. check this new [url=http://www.realcazinoz.com/paypalcasino.htm]paypal casino[/url]. [url=http://www.ttittancasino.com]Online Casino Spiele[/url] , buy [url=http://www.web-house.co.il/acai-berry.htm]acai berry[/url] . [url=http://www.avi.vg/search2.php?a=sex4sexx&ser_key=bondage+]bondage[/url] [url=http://www.thecasino.co.il/ilcasino.htm]casino[/url] . [url=http://en.gravatar.com/willinger18]online casino games[/url] , [url=http://www.web-house.co.il/buy-k2.htm]Buy k2[/url] and new [url=http://casino-online.wikispaces.com/Online+Casino+Games]online casino[/url]

Anónimo dijo...

Sweet web site, I hadn't noticed 25aniversarioiespraiabarrana.blogspot.com previously in my searches!
Carry on the wonderful work!

Anónimo dijo...

Wow neat! This is a really great site! I am wondering if anyone else has come across something
similar in the past? Keep up the great work!

Anónimo dijo...

well, it suppose to be in 3D, can I download and watch? will it show normally?

Anónimo dijo...

Hey,

I have a inquiry for the webmaster/admin here at 25aniversarioiespraiabarrana.blogspot.com.

Can I use some of the information from your blog post above if I give a link back to this site?

Thanks,
William

Ramon dijo...

Yes, you can.

No problem.

Sincerely, Ramon