G) *(1), (2) e (3) O PALLEIRO DE MILLO
Faise cos pallotes (mandos de palla aos que se lle dan uns amarros por separado con herba mosqueira ou tamén con çenteo, en calquera caso retorçíase para elaborar bos amarradoiros.
Logho despois vanse arrimando uns a outros. Cada dúas filas e arredor dos pallotes dase un amarro cunha amarradeira de mosqueira retorçida, anque podían usárense vimbios en ves de herba mosqueira, seghundo o que houbera a man.
Vaise subindo en altura colocando os pallotes como plumas espetadas dunha ghaliña, para darlle a forma dunha palloça. Cando non se lle chegha arriba empreghamos a esqueira para ir completando a súa parte alta.
Arredor da última fila do palleiro, como volta final, tamén lle damos varios amarros a distinta altura con herba mosqueira retorçida, ou con vimbios, para que non se desfagha. Atámoslle ighualmente o peruco con ese tipo de amarro.
Despois de mallar o çereal na eira seghundo os métodos existentes, conseghuimos a palla colma.
Posteriormente pomos un pao ghrande e alto no medio, a carón do cal se coloca unha persoa que se encargha de recoller o mandos de palla que lle dan as persoas que alí están para logho colocalos arredor dese pao ghuía. Seghundo vai aumentando a altura, a persoa responsable de ordenar os mandos vai pisándoos cos pés mentres asçende sen neçesidade de esqueira.
Sen embargho os que lle dan a palla cando quedan moi abaixo, soben a unha esqueira para darlle os mandos a quen monta o palleiro, ou senón bótanlla desde abaixo cunha ghalla de madeira.
Así o que arromba o palleiro cando xa se atopa na parte superior, abica o palleiro, é diçir, faille o bico, quedando a forma dun peruco.
De seghuido espicha unhas canas ghrandes e ponlle as amarradeiras de mosqueira retorçida ou de vimbio por debaixo desas canas para que aperten ben e despois pon algho de palla na parte de máis arriba e peitea a punta do palleiro, espichando preto dese punto outras canas máis pequenas que as anteriores, e amárralle xusto por debaixo delas outras amarradeiras de mosqueira ou de vimbio.
Deste palleiro de palla colma (trigho, avea, çénteo, çebada) turrábase del para sacar mandos de palla cando façía falta para alimentar aos animais. Formaba parte da dieta do ghando exactamente o mesmo que no caso dos pallotes de millo.
A que non deran comesto os animais nas cortes, quedaba alí como “estro ou batume” para axudar a estrar o ghando.
I) ALIMENTO EXTRAÍDO DO FROITO DESTAS PLANTAS, E VERBAS REFERIDAS A ELAS E AO SEU FROITO:
O palleiro non se fai sen palla. (A palla pode ser de calquera herba: millo, trigho, çenteo, avea, çebada. Esto pode ser aplicado a distintos aspectos da vida, como por ex. entre outros, que un corpo non se fai sen alimento, ...)
Óleo do millo. Dise da fariña que cae xusto no pé do muíño. Esta fariña de óleo do millo pareçe de trigho polo tan fina (munda) que sae. Acostúmase coller alghunha fariña de óleo para façer as papas dos rapaçes, filloas, ... Calquera alimento que preçisase levar desta fariña fina.
A fariña do muíño caía no chan do "tremiñado", acotado por unhas táboas. Entón, varríase, e recollíase para acomerar aos animais, sendo antes peneirada para sacarlle os lixos.
A restante fariña de óleo xunto coa fariña munda (fina), ou ghorda (viva), dependendo como quixéramos a fariña, así "levantábamos o muíño", finalmente peneirábamola na peneira. Con ela, elaborábomos a comida da xente: filloas de trigho con algho desta fariña de millo, papas máis espesas que as de óleo para os maiores, bolos do pote, empanadas de millo, bolicos, ...
O relón é o casco do millo que queda na peneira despois de peneirar a fariña. Mesturábaselle coa fariña para alimentar os animales. O relón por sí só, non enchía aos animais.
Cando había neçesidade, e façía falta toda a fariña para a xente, solo se lle daba relón aos animais, amén doutra parte da dieta: herba, palla, tonas de patacas, …
O millo do país (millo blanco), usado tanto para alimento da xente como dos animais, tiña unha boa sustançia, consistençia e cor clara, de mellor calidade que o millo de fora de hoxe en día (millo amarelo), porque este faise máis bravo, non ghusta tanto, ten máis casco, menos óleo, e máis moreno.
L) COPLAS SOBRE A LEIRA E A EIRA
“Esta leira está como unha eira” querendo significar que a leira estaba moi dura, sen traballar, pisada polos animais e a xente.
Noutro sentido diçíase dalghunha persoa, home ou muller: “Esa muller, ou home está como unha eira”, significando que estaba moi ghorda-o.
No campo de Ariñón hai unha vaca manteighueira, non ten leite nin manteigha, …
Unha ghaliña poñedora que canta coma o reiseñor.
M) COPLAS DAS FIADAS DE LIÑO E DE LAN:
Na fase do traballo, e diversión do maçicado do liño que consistía en separar a parte dura do liño chamada caroso ou aresta, a cal picaba moito, cheghaba a quedarlle so a pel como un fiuncho, duns çincoenta çentímetros aproxidamente. É diçir, esta fase tiña o fin de romper a palla para que soltara a fibra.
Nesta tarefa, alghunhas mulleres estaban sentadas en banquetas en funçións aççesorias, e outras maçicando con maços enriba do banco de pedra de sentarse a xente, que aínda hoxe en día existen diante dalghunhas casas, e cubertos.
Cando pasaban ghrupos de chavales, e chavalas por xunto das mulleres, soían os chavales coller cadansúa manchea, ou puñados de arestas, e arrebolarllas a elas, e elas collían outros puñados, ghuindándollos a eles. Así se recolle nesta copla do cançioneiro popular:
- “Vamos daquí meu irmán que a fiada é de liño, eu pensei que era de lan.
Había unha muller que iba ás fiadas e non fiaba nada.
Un día carghou un carro de esterco, e colleu unha masaroca. Espetouna na punta dun pao, e puxo un letreiro:
- Aquí vai a muller de Andrés cun carro de merda dun ano, e a masaroca dun mes.
(O esterco polo que se ve debía ser dela mesma, porque custáballe traballo coidar os animais, e irlle á comida para mantelos. Tamén, a masaroca de liño tardou moito en fiala, como se calcula, aproximadamente un mes)
- Unha noite me colleron nunha fiada de liño, unha noite me colleron, outra non meu queridiño.
(Outra versión) Nunha fiada de liño nesta noite me colleron, noutra non meu queridiño.
- Unha noite me colleron nunha fiada de lan, unha noite me colleron, outra non me collerán.
(Outra versión) Nunha fiada de lan, nesta noite me colleron, noutra non me collerán.
O carriço, e máis o chasco, e o escarabello, foron a Ghuiende á fiada, e matáronse no Portelo.
O chasco, e a pimpina:
- Dunha ves era un chasco, e máis unha pimpina que iban para unha fiada. Os rapaçes diçían que os chascos eran do demo, e as pimpinas de deus.
Viña o demo perseghuindo a deus que iba diante, e xa pasara por xunta o chasco, e a pimpina. Entón cheghou o demo xunta os dous paxaros, e preghuntoulles se viran a deus pasar por alí, e nese caso, qué camiño collera. Os paxaros contestáronlle ó demo de diferente xeito, seghundo o seu pareçer. Así di o cantar:
O chasco: - Chas, chas, por aquí ben vas.
A pimpina: - Pim, pim, por aquí non vin.
- É o tempo das fiadas para comer coas nenas catro castañas asadas.
O que non canta nin baila, ¿qué vai buscar á fiada?. Aprender catro mentiras para contar de cheghada.
Conto: - Eh María!. Ti que vas á fiada que non bailas nin cantas. ¿E que vas buscar?
- Aprender catro mentiras para contar de cheghada.
A requisa:
Un sacristán chegha a unha casa e peta na porta.
- ¡Señora ama da casa, vista o seu mandil de lan, dea unha volta pola casa, e veñan os ovos para acá.
(Pedía os ovos para o cura, que acostumaban ser unha duçia, anque case sempre se lle levaban directamente ó cura. Anteriormente eran máis cousas que os ovos, como parte do porco pola matança do animal, ademais doutras “dadivas”, e historias.)
Dunha ves foron os moços de Cures a unha fiada a Mosquete, e eles presentáronselles a elas do lughar que realmente eran. E as moças en correspondençia botáronlles esta copla:
- “ ¿De onde son, de onde serán?. Sonche da canle de Cures daquela terriña chan.”
En San Xoán non faltou un día para cardarse a lan.
Cardaduras de lan, senón chove hoxe, chove mañán.
A estopa non é lan. Quen me dera ser estopa que tantos bicos lle dan.
¡Ai, ghadellos / ghuedellas de lan, se non chove hoxe, chove mañán.!
- Esta pandeireta que toca é de pelexo de ovella, aínda onte comeu herba, hoxe toca que arrabea.
- Toca miña pandeireta, toca, senón heiche de rachar, que me custástelos cartos, aghora axúdamos a ghañar.
Instrumentos, utensilios de fiar, e o froito
da planta: o neipra, o novelo, o fuso, o manelo, a roca, a liñaça, etç...
No hay comentarios:
Publicar un comentario