miércoles, 7 de abril de 2010

CANÇIONEIRO POPULAR DO MUNDO ANIMAL E NATURAL, por Ramón Laíño

Na miña vida cousa tal vin, unha craba cunha ghaita e un castrón cun violín.

(Outra versión).- Na miña vida tal vin, un ghato nunha ventana tocando o violín.



Arrecabalo, arrecarallo, que cando che dou a çebada non ma queres comer.



O cabalo pinto:

- Vamos cabalo pinto, vamos. (Outra variante: Anda cabalo pinto, anda)

- ¿Ve-la eghua ós trinta pasos e non lle rinchas?

- Non home, non. Porque me falta a çebada e aprétame a çincha.



Unha ovella deitada aghuanta máis ca un pao de punta. / Aghuanta máis unha ovella deitada que un pao de punta.

(Outra versión) – Unha muller deitada aghuanta máis ca un pao de punta.



A vida do corvo:

Un burro foi comer a unha leira de trigho e despois de fartarse de comer, deitouse.

Cheghou o corvo e pensou que o burro estaba morto.

O burro botaba polo cu os ghrans de trigho, debido á enchenta que se dera.

Entón o corvo empeçou a piteirarlle no cu coméndolle o trigho. Pouco a pouco collíalle os ghrans xa dentro. Vai o burro e apretoulle o peteiro ó corvo quedando preso, e este abanaba as alas, polo que o burro diçíalle:

- Abana corviño, abana que non che ha de quedar ghana.


Co apuro o corvo abanaba no cu do burro, asemellándose a unha abanadora coma cando se ten calor. Polo dito do burro suponse que o çeibou.



Paxariño ghorrión, ¿a onde vas façelo niño?

Á horta do señor cura ó máis alto ramalliño.



Deçía o cuco cando estaba comendo çereixas nas hortas dos demáis:

- Ten de teu, ten de teu.

(Daba a entender que o dono coidase do seu pero o cuco seghuía comendo as çereixas no alleo.)



A lebre non anda polo frío. Anda polas aghachadas. (Abríghase do frío e do mal tempo)



Nomes de vacas: Xovenca, Cabana, Marela, Nova, Pinta, Ratiña, ...


A vaca se non fora polo rabo non tornaba as moscas.


Tuma, tuma (Chamar a unha vaca)


A vaca brúa


A ovella berra


O porco croa


Isa, isa (sisar ou predispoñer o can contra de alghuén)


Apurrar (soltarlle o can a un, ...)


Tou kis, tou (Chamar polo can)


Alghuén ponse a escorrentar un can alleo, con ou sen dono: ¡Pasa can fame! ¡ JIXA / ISA !


Dille outro por consideraçión co animal: ¡Debía morderche nun canelo / nunha canela. (perna)!



Mirar para os-as labercos-as / Mirar para os paxaros / Estar ó alto (Non mirar para nada. Non façer nada.)


Es coma unha laberca. (Laberco-a: paxaro moi bicho, espabilado e observador que había polos montes.)



Rapacóns: vermes dos pinos que van xunghuidos uns detrás dos outros en rincleira (proçesionaria)



O cantar dos paxaros:

En el monte canta el cuco, en el pinal la bubela (bubilla), el pajarillo en la jaula, el borracho en la taberna.



Matade o porco, matade o porco, non o deixes enghordar. Non quero matalo porco que teño açeite a rodar. (bis en cantar)



A nosa burriña cando vai ó muíño vén toda enfariñada cheíña de frío, cheíña de frío e máis de xiada, ai a nosa burriña sempre anda carghada.

Vente vindo vente andando, vente vindo vente andando, corazón del alma mía. Ai!, yo por ti estoy aguardando.

A nosa burriña cando vai ó muíño vén toda enfariñada, cheíña de frío, cheíña de frío e máis de xiada, ai a nosa burriña sempre anda carghada.



A castaña no ouriço quixo rir e arrabeou. Caeu do castaño abaixo, mira que tombo levou.



A carroucha: pareçido ó toxo, non pica e é pequeno, con floriñas roxas. Usábanse antes cando non había leña para prendelo lume. Ten unha raís máis ghorda e rendía no lume.



A espinalla / Pallusada: na çeifa de apañar o batume, son os toxos que quedan despois de recollelas ghalladas de batume. Ven sendo o desperdiçio. Collíanse logho dun tempo cando enxughaban. Botábanse ó lume, pero non rendían porque son pequenos, moi miúdos.



Miusallada: restos que quedan no chan dos feixes ou mandos de picaños, cando se collen para botalos ao carro, ou ao erghuelos para levalos ao lombo.



Apañalos mandos contrapeados: poñer un mando de calquera froito ou planta cos cañotos para un lado, e despois outro mando cos cañotos en direççión contraria e así suçesivamente ata façer o feixe.




Buçeiro: çesto pequeno de vimbio, con aro ou sen el, ou incluso poden levar en raras ocasións pequenas asas coma nos baldes.


Expresión: catro buçeiros de maçáns. / Un buçeiro de peras.



Curiosidade: unha ponla dun frutal se colle peste pode cheghar a ter moitos vermes, debido a que proliferan con façilidade.



Verme das viñas (outro tipo de verme que se dan nos viñedos)



Buçeira: protector de arame ou de vimbio para o fuçiño da vaca.



Por / poñer o ghando ó carro, arado, ...

Expresión: - Un carro das vacas postas nun camiño a correr, non era nada comparado con aquelo.



Canta rula, canta rula,

canta rula na ghaiola.

Canta rula, canta rula,

que mañán vas para fóra.



Arco de vella, vaite para a túa terra, que andan os porcos a fosar nela. (Daban chubascos e mandábana para a súa terra porque a xente non quería que chovese.)



Caballo mio, caballo, yo no te puedo entender.

Cuando te doy la cebada, no me la quieres comer.





Para plantar nun viveiro crias de pinos ou árbores, collíase bosta das vacas, dos cabalos, ..., mesturándoa con terra e aghua, para logho façerlle unha pequena coviña e meterlle as raíçes nesa masa orghánica. Despois cando medraban un pouco, arrincábanse do viveiro e transplantábanse no monte, cunha profundidade determinada e unhas distançias estableçidas entre cada planta.


Os chamisos son os paos de toxo queimados no monte polo lume. Antes íbanse apañar ó monte e os que eran ghordos picábanse, e traíanse para o cuberto deixándoos alí.


Cando façían falta, collíanse e púñanse antros pés para prendelos no lume da lareira e ir botándoos na base do forno coa fin de quentalo, e así obter ascuas, enriba das cales metíase cunha pá do forno a masa da boroa, pan, empanada, ... ata que estivera coçida para sacala de novo xa como alimento.


A leña que se puña no allar da coçiña era para arder na lareira.


Antes da plantaçión en masa de pinos e posteriormente con arcolitos no monte público , cadaquén so podía botar man das súas propias toxeiras. Calquera tipo de árbore da súa propiedade se "enlataba=desponlaba" para aproveitar as súas ponlas.


No monte público daquela, case toda a súa extensión estaba totalmente baleiro de arboleda. A xente das aldeas levaba o ghando: vacas, alghunha besta ou cabalo, ovellas, ..., moitas veçes conduçidas e coidadas polos rapaçes da casa ao lonco de todo o ano. Púñanse a xoghar entre eles, ou de non ter compaña, solos, ata que era hora de volver, polo que o monte estaba como unha patena.


Cando façían falta toxos, chamisos, codesos, ..., iban en varias ocasións do ano co carro das vacas aos lughares onde os había.


Preçisar que se traía toxo que podía comer a-s besta-s ou o-s cabalo-s da casa, e tamén para arder no lume, tanto para o forno, como a lareira, ... Da mesma maneira e máis apropiada para o lume do forno, ou da lareira, usábanse os chamisos, codesos, ...


Noutras partes da serra, coma as aldeas de riba, tiñan o seu territorio apañado ou paçido polo ghando bravo do monte.


Na toxeira particular cada un rareaba as árbores para que puderan desenvolverse ben en altura e ghordura, aproveitando a madeira das árbores cortadas para leña, carpintería. Debido á ghrande cantidade de xente que había nas casas, o que máis e o que menos tiñan tódalas súas toxeiras moi apañadas, posto que preçisaban o batume para estrar as cortes do ghando e façer esterco para as leiras.


Había xente que por neçesidade ou viçio ía roubar ponlas dos carballos e doutras árbores, ou con máis atrevemento, cortaban a árbore por baixo, e fendiana coa fin de obter leña para levala ao seu allar e ardelos na lareira, coçiña, ...


Cando a leña estaba mollada púñase un pao ou ferro na ghramalleira embertido na parede, no cal se colocaba a leña a enxughar (secar) para o momento en que fixera falta.


Do pino aparte da súa madeira, empréghanse os picaños que se xuntan con ensiños, aprovéitanse as piñas que se enchen en sacos antighuamente de fío. Estas piñas se cadran a estar pechas, póñense ao aire libre para que se abran, ou senón dentro do cuberto ou vivenda para evitar que outros as leven.


As piñas sirven para prender o lume, e para que arrinque con força, soe acompañarse con gharabullos, caroços da espigha do millo, leña de toxo, ... Tanto se usa na lareira, na coçiña de ferro, ou foghueira.


O chasco e a pimpina:

- Dunha ves era un chasco e máis unha pimpina que iban para unha fiada. Os rapaçes diçían que os chascos eran do demo e as pimpinas de deus.


Viña o demo perseghuindo a deus que iba diante e xa pasara por xunta o chasco e a pimpina. Entón cheghou o demo xunta os dous paxaros e preghuntoulles se viran a deus e tamén se pasara por alí e nese caso, qué camiño collera. Os paxaros contestáronlle ó demo de diferente xeito, seghundo o seu pareçer. Así di o cantar:

O chasco: - Chas, chas, por aquí ben vas.

A pimpina: - Pim, pim, por aquí non vin.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

I would like to exchange links with your site 25aniversarioiespraiabarrana.blogspot.com
Is this possible?

Ramon dijo...

Yes, it is possible. No problem.