lunes, 12 de abril de 2010

UN ESCRITOR SATÍRICO DA ANTIGUIDADE




Luciano de Samosata, en grego antigo Λουκιανός / Lukianós (Samosata, ca. 125 - Alexandría. ca. 180) foi un retor e escritor satírico, natural de Siria, que escribía en grego, nun estilo neoático.


Índice


[agochar]


Biografía


Luciano naceu en Samosata, capital de Commagene, provincia de Siria. Seus pais destinaron para a profesión de escultor cun seu tío, irmán da mai.


Luciano abandonou o obradoiro, pois non tiña gusto por esta arte, aínda que a lenda conta que foi debido a que rompeu unhas lascas de mármor.


Dispúxose daquela enteiramente ao estudo das letras, das que moi logo estivo en condicións de sacarlles partido.


Até a idade dos corenta anos dedicouse a pleitear como avogado ou a dar leccións de retórica, primeiro en Antioquía, logo en Atenas.


Foi a partir desa idade cando comezou a escreber para o público e a viaxar. Pasou a Italia, onde realizou una longa estadía.


Desde aí marchou para a Galia, para a continuación trasladarse a Asia Menor. Finalmente radicouse en Exipto, onde o emperador Marco Aurelio lle asignara importantes funcións administrativas e xudiciarias.


Posibelmente faleceu en Alexandria, arredor do ano 180, nos primeiros anos do reinado do emperador Cómodo.


Antes de acadar as honras estatais, Luciano xa lograra adquirir fortuna e sona. Os seus escritos obtiveron éxito, á par que ingresaba sumas considerábeles polas leccións e a declamación da súa propia obra, ao xeito dos sofistas e dos retores da época.


Logo de contar o soño que determinara, segundo dicía, a súa vocación literaria, engadíu : « Quen escoite a narración do meu soño sentirá, estou seguro, renacer o valor na súa alma.


Collerao por exemplo, reflictirá o que eu era, cando comecei a miña carreira e me baixei ao estudo sen queixarme nada da pobreza que entón me apresaba; e quererá imitarme, vendo a situación a que cheguei perante vós, non menos ilustre que algún escultor, por non dicer que aínda máis ».



Obra


Atribúenselle máis de 80 obras. Tomou de Menipo o diálogo humorístico, a medias entre o diálogo filosófico e a comedia[1].


Os seus diálogos máis coñecidos son os Diálogos dos deuses e os Diálogos dos mortos.


Esta última obra inspirou o Phalarismus do polemista Ulrich von Hutten, Les Héros de roman de Boileau, así como os Dialogues des morts de Fénelon


Escrebeu asimesmo numerosos diálogos ironizando, nun estilo moi próximo ao dos cínicos, sobre os filósofos.


Redactou tamén exercicios satíricos imitando o estilo dos retóricos, como os eloxios irónicos: Eloxio da calvicie ou Eloxio da mosca.


A súa Historia verdadeira, na que o protagonista viaxa até a Lúa, é, sen ambaxes, considerada como un antecedente das obras de ficción-científica[2].


Esta obra influíu na Histoire comique des États et Empires de la Lune (Historia cómica dos Estados e Imperios da Lúa) de Cyrano de Bergerac e máis no Micromegas de Voltaire.


O conxunto da obra de Luciano encontrou no século XIX o seu mellor eco nas "Pequenas obras morais" de Giacomo Leopardi

No hay comentarios: