PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA
No noso pais aparte de festas gatronomicas tamen lle rendimos homenaxe os patrons da cada parroquia donde vivamos,mais antes que agora. En Areas onde eu durmo ten sete barrios, cada ano tocalle a un, dos cuales só dous fan festa a nosa patrona Santa Maria e sempre vai a menos.
Hoxe fun o Porriño a saludar unhas amistades peligrosas que coñezo fai moitos anos e de volta pa casa o pasar por Cans,estaban montando no recinto de festas os palcos e unha carpa, pa celebrar no dia de hoxe o seu santo que e San Esteban, con as noites que estan caindo calquera se pon a bailar o rejaton.
Non vos preucupedes,quen dixo medo..........,pista de baile climatizado,como o estades lendo,todo cerrado e con un cañon de aire quente,ni mas ni menos,e con uns copos a menear o esqueleto, perrea perrea,xa non ae escusas.
Ae que adaptarse os novos tempos,discotecas ambulantes de quita e pon,visto asi inda motiva a un meterse dentro,non?
Eu nunca fun da directiva dunha de las,pero teño escoitado que da un traballo de carallo,logo tamen ae que decir que orquestas subiron o cache unha animalada,deve ser pola s.g.a.e, nos tempos que estamos a colaboracion no e a mesma,cada un sabe as suas,e cada can lame a sua...
4 comentarios:
É certo, organizar as festas da o seu traballo, pero o malo son os faladoiros da xente que che poñen a caldo e non precisamente por convidarche a unha cunca deste rico e calorífico prato.
A súa principal crítica é que si estás aí é por lucrarte ou dáselles por criticalas atraccións.
Isto último ten gracia, na maioría dos casos quenes así falan son os menos solidarios na súa contribución e son os primeiros en achegarse á festa.
Pero hai unha cousa moito peor, os que escoitando a ese tipo de xente se calan, sendo conscientes de que esa comisión se esforzou ao máximo para que as festas da parroquia fosen as mellores.
Quen así escribe recibiu os maiores eloxios non precisamente dos seus veciños, se non dos foráneos, aínda que teño que recoñecer que moitos estaban comigo, pero gañáronlles os críticos aínda sendo minoría.
Agora uns e outros láianse de xa non haxa festas. É o que ten, cando vives rodeado de covardes.
Non lle faghas caso ás miserias da condiçión humana, e que non che entre no teu sentir o desalento.
Sighue adiante cos teus propósito na vida dentro da dignidade humana.
Eu estou contigho.
Gracias Ramón. Xa o di o refrán: outros viran, que bo che farán.
Eu teño moi claro que organizar unhas festas sempre conleva un traballo e esforzo altruista, quitandolle tempo a vida propia e á familia. Unha comisión por desgraza nunca recibe o trato que se lle debería dar, agradecerlle o seu traballo e tesón para que as festas dun pobo non se perdan, e por desgraza moita xente non se decata de todo ese esforzo e do que hoxe en día costan uns gaiteiros, unha charanga, as orquestras, os fogos artificiais, e outras actividades que se fan nos días de festa, o ter que lidiar cos chiringüitos que veñen etc, etc...
Esto digo por que seino pois un ano axudei a un par de veciñas para que levaran a cabo a Festa do Carme do Cabo da Cruz e que non se perderá a costume pois a Comisión tomouse un descanso dun ano, e podo dicir que apesares da colaboración da anterior comisión foi un esforzo mental tremendo e un esforzo físico para as dúas persoas maiores que se decidiron a pedir a colaboración económica do pobo.
Eu estou moi agradecida polas festas que hai no meu pobo e síntome orgullosa de ter as comisións que temos para cada festa, aínda que eu non poida colaborar económicamente con todas como quixera.
Un saúdo a tod@s os membros das COMISIÓNS DE TODAS AS FESTAS QUE SE ORGANIZAN NOS POBOS E NORABOA POLO SEU TRABALLO, E ESPECIALMENTE PARA AS DO MEU POBO CABO DE CRUZ.
E saúdo a tod@s os lectores que día a día len este blog.
Publicar un comentario