lunes, 19 de abril de 2010

A HISTORIA DO AFEITADO

É posible que o home xa se afeitara hai uns 2000 anos.

Moitas pinturas, no interior dalgunhas covas, mostran a algúns homes barbados e a outros non.

Aparentemente, estes habitantes usaban algunhas pedras afiadas ou cunchas mariñas para tal efecto, pero non é descartable que se as quitaran tamén a tiróns.

Pero cando descubriron a maneira de utilizar os metais, os afiados coitelos fixeron a súa aparición para estes efectos.

Socialmente, o afeitado considerouse como un atributo importante.

No antigo Exipto, o estar afeitado er asigno de distinción e categoría, e cando falecía un persoaxe real, era enterrado xunto aos seus utensilio de afeitar, como navallas e coitelos de bronce.

Mais tarde, os romanos consideraron o afeitarse como costumes de homosexuais, mentres que en Grecia, os homes afeitábanse tódolos días.

Durante a Idade Media, o afeitado era mellor deixalo en mans dun barbeiro, xa que era unha actividade bastante complexa. E esa confianza depositábase nas súas mans, porque moitas veces, era chamado para exercer como ciruxán.



Moitos anos despois, en 1895, King Gillette, inventou a primeira máquina de afeitar que tiña follas recambiables.


So se venderon unhas 170 follas e 50 máquina ata 1903, indicando que o negocio sería unha ruína.

Despois da Primeira Guerra Mundial o seu uso masificouse e popularizouse en todo o mundo, porque en 1917, as Forzas Armadas de Estados Unidos compráronlle a Gillette mais de tres millóns e medio destas máquinas, converténdoo en millonario.


Logo retiraríase do negocio no ano 1931, cando Jacob Schick dou a coñecer o seu novo invento, a afeitadora eléctrica. Esta máquina foi patentada por Remington no ano 1937, para ser vendida en Europa.



Phillips, durante 1939, sorprendeu cunha máquina eléctrica que tiña un sensacional sistema de coitelas rotatorias.


A nova máquina de dobre folla aparece en 1971, e pasarían 30 anos para que saíra ao mercado a de tres follas.

Esta foi unha obra de Bernie Gilder, ao dispor as tres follas en diferentes ángulos.

Pero por sobre tódalas, sempre esta o confort e a rapidez no rito do afeitado diario, anque a industria das cremas e locións é tema para outra historia.

No hay comentarios: