Hola amigho Ángel Abalo, compañeiro .
Non o tomes a peito, pero de verdade que polo nome non me dou conta de ti. Estou tratando de lembrarche pero non me vén a cabeça unha imaxe clara do teu físico. Eu deixara o instituto no ano 87. Seghundo comentas ti entrastes a finais dos 80 e prinçipios dos 90.
Non sei se coinçidimos nalghún COU. Intento buscar imaxes pero polo nome non caio. Quixera ter unha memoria lúçida e máis retentiva.
Non é porque non queira, pero fáiseme difíçil acordarme de tódalas caras da xente coa que estiven en cada curso.
Dentro da mesma clase de calquera ano, a mente tende a revivir imaxes borrosas das filas máis achegadas da clase e aínda así se lle esqueçe alghuén, con máis motivo a clase completa e xa non dighamos de todo o instituto.
Por se non fora pouco, a todo esto hai que sumarlle a contía de cursos que repetín e a cantidade de xente que foi pasando neses anos polas aulas nas que me foi tocando.
Non estou seghuro se fomos contemporáneos do instituto nalghún ano, pero, en caso de selo, descúlpame por se alghunha ves nos temos cruçado pola rúa e pasara sen dárme conta de ti.
Pode ser ese o motivo de non saudarche. Outro pode ser a présa coa que anda un. Existe tamén a posibilidade de se a outra persoa vai en ghrupo porque me costa bastante interrumpilo cando vai en compaña.
Con frecuençia tamén dubido das caras, e anque me cheghuen a soar de algho, non loghro situar onde e como as conoçín. Por iso dáme reparo saúdar, porque penso que podo incordiar.
A saber tamén como cambiaron as nosas caras e o físico despois de tantos anos. Eso despista bastante.
Créme que sempre trato de ser o máis correcto posible e non me sentiría felis de non saudar á xente coa que convivín nalghún momento da miña vida.
Querido amigho Angel Abalo, se nalghunha ocasión me vés pasar, por favor saúdame por se non me dou conta de tí.
De tódolos xeitos, se de verdade pensas que che conoço, o lóxico e saudarvos a todos, xa que creo que a día de hoxe non teño porqué non falarvos.
Outro factor é a persoalidade de cada un. Eu téñome por tímido. Esto pode influír na confiança que exista entre os antigos compañeir@os, ou calquera persoa en diferentes ámbitos da vida. Se me vés, por favor, dá un paso adiante para saudarme e eu correspondereiche.
Apreçiado amigho, xa sabes que en todo momento da vida existe a premisa, por diferente que sexa a profesión, ou na vida privada de cada quen, de façer calquera traballo o mellor que se poda para que todo saia ben.
As cousas xurden como lle cadran, seghundo o contexto do momento. Sexa quen for, un/unha sempre está aprendendo e acumulando experiençia.
A vida e os seus momentos son imprevisibles. Non se poden medir, nin calcular. Apareçen cantidade de feitos que non podemos prever: actitudes, descoñeçementos, sorpresa, interpretaçións, aççións e as súas respectivas reaççións das propias persoas, e todo tipo de factores ambientais externos que condiçionan o ser humano.
Todo este cóctel xurde cando menos se espera. Calquera de nós, cos seus distintos ghrados de responsabilidade, sexa dirixindo ou reçibindo indicaçións, tratamos de que todo vaia e saia ben, tanto dentro dos horarios de traballo coma fóra deles.
É positivo tentar crer na boa vontade das persoas. Profundiçemos na propia esençia do ser humano.
Róghoche que non me tomes a mal o que che escribo e permíteme ser teu amigho.
Un saúdo. Ata sempre.
Ramón
11 comentarios:
Ramòn enhoraboa por ser como eres e por favor non cambies nunca
Non e por enredar, pero dame a impresión que a palabra "gili..." e de un pouco mais adiante, non recordo o uso de tal palabra naqueles tempos.
Por outro lado sempre pensei que a madurez o que che fai e escapar dos extremos e aprender a relativizar as cousas, pero parece que esa máxima non vale para todos.
Por último qué importante é o respeto, e sobre todo saber o lugar o qué ocupamos cada un. Se non o sabemos a estas alturas, mal imos
Permiteme decirche Ramón con todo respeto, que non tes que disculparte por facer algo do que non eres verdadeiramente consciente. Despois de tantos anos e tantas vivencias, a quen non lle pasou de non recoñecer a alguen, ou mesmo confundirte e non saber se o coñeces da escola, dun traballo ou dunha cidade na que estiveras.
Eu abogo porqué todos intentemos saudarnos cun soriso, cando alguen che saúda e porqué se acorda de ti, para o bo e para o malo. Ben certo e que non hai nadie que todo o fixera ben.
E verdade que non se debe olvidar a nosa historia, pero hai que superala para non repetila, ainda nos quedan moitos erros que cometer, e cousas difíciles qué pasar, pero o importante e gardalo na mochila e seguir para diante, intentando todos ser mellores.
Amigo Abalo, quizá seria bo que
escanearas unha foto túa para que todos che viramos, che recordaramos e así o mellor che entendiamos algo mellor.
Lo,
haber si acaba dunha ves o mes este, ajora resulta que teño una "artrosis" no dedo jordo do pe e cada ves que o pouso vexo as estrellas.
Teño a foto do periódico alá, e si o meu dedo o permite deixocha na casa de tua nai este finde.
Mira que me doi, e con este frio e peor, eu creo que todo ven de tanto bailar en chicolino.
Bicos.
Pi
ramón , onoso amigo filósofo sempre pon un punto de cordura.
Non cambies Ramón, o primeiro home en levar panbtalóns de golf nos anos oitenta.
Gracias Ramón por ser e estar.
Non fai falla que diga máis, que sego coa febre do sábado noite.
Saúdos a todos.
Ramón, realmente son admirables as túas palabras. E como opina a maioría non cambies nunca.
Un saudo.
Por certo a ver se Manolo Anca conta algo dos seus anos polo insti.
Ramón eres claramente bo e impresionantemente racional.
Pi,
o do dedo éche jota, a artritis vaiche dar noutro lado pola friaxe que collestes no ímpetu do bailoteo por culpa dos botóns traidores.
bicos,
Lo.
E ben traidores que foron, non si?
bicos e ten coidado cas setas.
Publicar un comentario