jueves, 20 de noviembre de 2008

DIFICULTADES PARA ASISTIR AO INSTITUTO DE BOIRO, Por Ramón Laíño







É traballoso, eu diría que difíçil, querer expresar todo o que vivín e o que xurdeu, por non ter unha mente clara para poder façelo.


A memoria que teño dos feitos e suçesos que foron transcorrendo ó lonco da miña vida é borrosa e diluída, polo que non podo relatar dun xeito continuo e cronolóxico todo o que foi de min e do que me arrodeaba. Anque sexa algho puntual só podo dar a idea pero non todo o proçeso desa idea.

Façerei o que poda, dependendo do tempo do que dispoña e das miñas curtas capaçidades.


Estiven lendo o que ía sendo publicado no blog do instituto, e de verdade que este mundo é rico en historias diversas e bonitas que viveu a xente, coas súas experiençias persoais.


Non sabía de todo ese historial de Carlos Rodríguez Muñiz no camiño da música co grupo de folk Labanda, tendo que andar probando e ensaiando como podían nos distintos locais de Boiro, tamén en caravanas, así como en ter actuado no teatro Garçía Barbón de Vigho. É de alabar.


Opino o mesmo respecto do profesor de debuxo e músico, Xaquín, e do resto de compoñentes do grupo Labanda. Non sei que foi deste grupo musical desde aquela. Ghustaríame saber deles.


Comentábase dun cançiño que levaba unha profesora ó instituto. Tivo boa idea a profesora, xa que a min paréçeme unha maneira de humaniçar a vida e o mundo por medio de animais de compaña. É un acto de naturalidade e humanidade.


Lémbrome do último ano que estiven no instituto, no mes de xaneiro de 1987, a ghran nevada que houbo. Deus!. Todo estaba branco. Toda a serra do Barbança, a chan do Iroite, toda a canle de Cures, os tellados das casas, a estrada. E cando chegho a Boiro, todo cheo de neve e na praia, tamén.


Varios profesores non poideran vir, xa que viñan desde Santiagho. Façíamos bonecos de neve, bolas que arrebolábamos uns aos outros. Eu que sei, foi moito. Unha lembrança branca no coraçón.
Estoume dándo de conta que con tódolos episodios que se envían das Crónicas do Camiño, se se aghrupan pódese conseguir editar un libro, sen nincún tipo de reparos.


Historia persoal de aççeso ao ensino medio:

- Cando ía ao instituto de Noia, desde 1980-1983, nos que cursín 1.º de BUP e dous anos de 2.º de BUP, tiña que ir nun furghón pequeno de obreiros que pasaban tódalas mañáns do ano por diante da taberna de meus pais, en Cures. Así 3 anos seghuidos. Xantaba no comedor do instituo de Noia, e logho, tódalas tardes, poñíame a façer dedo no cruçe que se colle na Peña do Ouro de Noia con direcçión a Boiro.


Desde alí, en moitas ocasións cando non había sorte, pois viña andando ata que me parase alghuén, ou senón, boa parte do recorrido façiao a pé ata a miña casa. Calquera cousa me valía para subir a un veículo: coches, camións, autobuses, motos e incluso tractores.


Neste instituto "Virxe do Mar" de Noia, que xa levaba décadas funçionando, asistían xente de localidades da redonda: Muros, Outes, Lousame, etc.


No ano 82, cando aínda estaba no instituto de Noia, enterinme de que se ía abrir o instituto de Boiro para o próximo ano. Tamén me contaron que ao mesmo tempo abrían institutos en Muros e noutras localidades. Pareçía coma se o acçeso aos estudos medios e superiores estivese cheghando a tódolos lughares.


Foi unha sorpresa que abrise un instituto en Boiro. Cando se abreu este çentro, a liña de autobuses de Noia a Boiro tiña poucas horas de serviço, as cales estaban fóra de horario para a xente que quería asistir ao instituto. Aparte diso os que iamos estudar a el non tiñamos transporte propio para que nos levasen.


Empeçamos o curso no instituto de Boiro, en outurbro do ano 83. Como xa tendes dito no blog, coas instalaçións sen rematar, sen calefacçión, sen materiais, etc.., pero con ilusión. Eu tiña un problema enghadido, que era a falta de transporte para cheghar ao instituto. E para non perder o costume que traía de Noia, pois aghora debía pórme tódalas mañáns de noso señor a autoestop na marquesina que está á beira da miña casa.


Á hora de xantar como tampouco tiña horario de liña axeitado, pois compraba bocadillos e comíaos fóra do instituto ou na aula. Por iso, cando apareçía o alumnado pola tarde, sempre me encontraban de primeiro na aula.  
 
NOTA: Despois de comelo bocadillo, vaghaba polos corredores (pasillos) do instituto. Ía en plena soedade, triste e cun fondo pesar. Camiñaba amarghado, desesperado, desmoraliçado e frustrado ao ver como outros compañeiros xa estaban na universidade (pero eu estaba en contra do sistema de ensino en tódolos seus ghrados, nin quería ser parte da descafeinaçión do noso idioma, nin da destrucçión dos nosos açentos). Vía todo neghro, e atopábame ansioso e deprimido, porque non quería tirar a toalla perseghuindo un soño. Tiña metido na chincha=miolo (cabeça) que quen loita por algho con força de vontade, esforço e dedicaçión, consíghueo. E, así ían pasando os anos, de frustraçión en frustraçión. Sentía anghustia por perder anos e tamén por façerllos perder a meus pais, ao veren que non proghresaba, anque eu estudaba a máis non poder. Non quería anotarme en clases particulares, para non façerlles perder cartos a meus pais. Eles, a unha determinada altura, xa me aconsellaran que collera outro tipo de estudos, pero eu non quería "rendirme".


Na rutina do día a día, ao remate das clases da tarde, collía libros, carpeta e a dedo tódalas tardes. Púñame no cruçe de Ponte Gheáns = Ponte Ghoiáns, á altura de mobles Muñís, ou un pouco máis arriba. Outras, collía polo Currillo, por detrás da discoteca Tonos, antes chamada As Deliçias. E ás veçes, por Espiñeira arriba.


Estaba intentando que parase alghuén e seghundo estivese a cousa, botábame a andar e ía parando cando ouvía ruído de motores. Tamén como en Noia, calquera tipo de transporte me valía. Todo esto foi así, prácticamente nos 4 anos da estadía no instituto de Boiro, desde outubro de 1983 até xuño de 1987 (3 anos de 3º de BUP e 1 ano de COU).


Tiña unha pequena moto Honda, de 50 cm cúbicos, con prendido electrónico e de pedal, tamén. Compráranma meus pais no ano 83, un pouco antes de abrirse o noso instituto, despois de sáir do Virxe do Mar, de Noia. Pero, realmente ao lonco do curso, case nunca viña con ela. Esto, debíase a que a maior parte do curso é unha época invernal, chuviosa, con xiadas, e frío. A miña saúde tampouco era para andar a que me rebotase a choiva no peito, nin collendo molladuras e friaxe.


Boeno, houbo unha pequena mellora, creo que no último ano da miña estançia no instituto, anque fósemos poucos os que viñamos dos lugares a que eu pertenço. A empresa do Ideal Gallego dignouse, despois de que lle insistiran, non sei se os pais, o instituto, alghuén de nós, ou non sei quen foi, a traer o autobús á 1 da tarde á entrada do instituto, xa que o punto do que sempre saía era desde a alameda, diante do conçello. Había un inconvinte que era o de perder media hora de clases, e logho tiña que andar a pedir os apuntes.


A miña saúde daquela non era unha maravilla. Lémbrome unha ves que estaba no patio interior, nunha hora libre de clase, e estaba a punto de ser a 1 da tarde para coller o autobús do Ideal Gallego diante do instituto.


Tiña un crise respiratoria como unha montaña que nin me podía pór en pé. Dábame reparo pedir axuda aos alumnos e tamén ós profesores. Pois o que fixen foi saír a paso de tartarugha, medio encorvado e tirando do alento sen poder respirar e alí estaba subindo como podía o autobús, sentándome case arrastro. Cheghuín a parada e baixín medio agachado para entrar na casa. Leváronme da casa ao médico, e despois, todo foi pasando.


Os çentros públicos, como diçía unha compañeira, tiñan unhas normas máis flexibles que os privados. Eu, coma ela, apoio os çentros públicos, e sempre tratando de conseghuir máis medios e melloras, pero tamén reghulando o que non sexa lóxico.


A permisividade para unhas cousas pode ser boa nalghúns aspectos, pero pode ter o seu  inconvinte, xa que, falando de saúde, o ser condesçendente por exemplo, en permitir fumar nas aulas, pode danar a saúde de xente que arrastre problemas, aparte de que é molesto para os que incluso poidan ter unha saúde de cabalo.


Anque se están potençiando os çentros públicos, debe seghuir façéndose e dándolle máis medios. Tamén, se deben reghular ou controlar con humanidade custións que den seghuridade aos pais, porque anque os alumnos deben ter o seu espaço, non debemos esquençer que moitas veçes eles neçesitan axuda para poder valerse por sí mesmos.


Ténme comentado alghún compañeiro o do exame-carta que lle entreghara á profesora Merçedes nunha proba da súa asignatura de Çiencias Naturais. En realidade era unha declaración de impotençia ante o esforço que façía por aprender e que á hora de plasmalo no exame a miña mente quedaba en blanco. Foi unha queixa de mim mesmo por  esforçarme e non ver resultados positivos. Estaba canso de querer e non poder.


Merçedes ao ler o exame-carta tomouno como se fora a miña despedida final, e sen eu esperalo, puxéronse a buscarme por todo o instituto.


Para que estas historias non cheghuen a pasar, sería bo ter persoal orientador, psicóloghos, profesores de apoio, etc., para axudar ao alumno a resolver as súas dúbidas, e deste xeito poder asimilar e entender mellor o que lle explican e o que estudia. Eliminaríanse moitos osbtáculos no camiño do alumno. Sería bo tamén orientar aos alumnos seghundo as súas capaçidades e ghustos no tipo de estudos a escoller.



Ramón Laíño



Agora un vídeo para o recordo daqueles tempos. 
Espero que saibades de quen se trata.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Ramón, enches de sabiduría estas verbas. Todos sabemos polo que pasamos para ir ao instituto, dende logo para algúns non foi un camiño de rosas, nin moito menos. Agora despois de tanto tempo só veñen á memoria os bos acontecementos. Dende logo que non foi todo tan maravilloso como se pon neste blog.

Anónimo dijo...

Eu tamén tiña moitas dificultades para poder asistir ás clases do instituto. E iso a pesar de que vivía só a 200 metros del.

Anónimo dijo...

Jrissom, supoño que lle darías os teus homes o Candocho´s file, fundamental para poder entender este misterio.Ti mentras tanto podes revisar os archivos de Escarabote, por si o sospeitoso daqueles lares estaba ou non có jrasé asul. E dispois podes mandar a bilous á drojeria Pili por si atopan aljunha proba sobre as jafas e o pelo.
Xa nos contaras como van as pescudas, pero eu sijo disindo que un e T.. e o outro e S...
Anónimo nervioso

Anónimo dijo...

Ramón, xa supuña eu que os que viviades pola estrada de Noia arriba tiñades esas dificultades, pero non ata ese punto.
para min eras ramón o filósofo, porque razoabas ata puntos extremos, agora cos 40 enriba doume conta de que estabas un paso por diante do resto. Unha aperta.

Anónimo dijo...

Angel Vilas e mais eu tamén nos referíamos a Ramón como "o filósofo". Dende logo os seus razoamentos iban a miudo polos camiños menos convencionais. Sempre era interesante falar contigo, Ramón.

Anónimo dijo...

Lémbrome ben daquela carta, vaia susto lle deches á pobriña de Mercedes. e todos buscando a Ramón antes de que tomara a tráxica decisión...Ramón, segues a ser único.

Anónimo dijo...

ramón,eres cojonudo.direiche que cambiu moito xa o instituto e que, agora para fumar tanto profesores coma alumnos(maiores de idade),teñen que sair fora do recinto(xunta o portal).temos ascensor por si hay algún discapacitacdo ou alguén que se mancou e ten que usalo para subir ás aulas.hay unha aula de apoio para aqueles rapazes que o necesitan nos seus estudos, cunha profesora.temos fúas profesoras tamén para darlle clase a tres rapaciños,dous co sindrome de dawn e un con paralisis cerebral e temos tamén un orientador, co seu despacho,ó que acuden moitos alumnos para miraren o millor para o seu futuro.todo ésto aparte de todalas reformas que se fixeron,ximnasio nvo,salón de actos novo,biblioteca nova,aula de música nova,taller de artes novo,aula de debuxom nova,aula de informática nova,taller de tecnoloxia novo,aula de imaxe nova,aula de audiovisuais nova(deste curso),etc.os tempos van ca,mbiando,por que agora xa ves que tamén hai autobuses que traen e levan ós alumnos o instituto.un saudiño,ramón, o máis filósofo que pasou polo insti.

Anónimo dijo...

Gracias Ramón.
Eu xa sabía dos teus problemas para ir ó instituto polo das malas comunicaccións dos autobuses, pero para min sempre era agradable a dialéctica contigo, non sei se te lembras.

Segue escribindo.

Saúdos a todos.