Fai uns días, non sei como nin porque comecei a lembrar a unha persoa que me deu clase, a unha persoa que aló polo curso 86-87 cando eu estaba en COU apareceu na nosa aula cuns ollos grandes, cunha mirada moi expresiva e que transmitía sensibilidade, humanidade; era a profesora de Lingua Galega e chamase Montse, supoño que moitos vos lembraredes dela, de feito acudiu a cea do 25º aniversario.
O día da cea por un momento case non a recoñecía pero a súa mirada fixo que en seguida me lembrara dela e soubera de quen se trataba.
O que ía, parece que foi onte e xa pasaron máis de vinte anos cando Montse chegou a aquel COU, unha clase moi especial, chea de alumnos un tanto herméticos, éramos como un círculo pechado co que era case imposible comunicarse.
Lembro que ela trataba de achegarse a nós, ós seus alumnos, pero non lle deixabamos, cerrabámonos a súa sensibilidade, non deixabamos que nos coñecese pois tiñamos medo daquela mirada que semellaba se adentraba ata alma, supoño que aquel medo era producto da adolescencia, do medo ó descoñecido, o medo ese que todos temos cando parece nos están escudriñando coa mirada.
Dalgún xeito, imaxino que non debía ser agradable darnos clase, cando semellaba que nós a rexeitabamos, bueno non é que semellara e que realmente a rexeitabamos por ese medo do que xa falei antes. Imaxino que para ela tiña que ser todo un reto acadar achegarse a nós; lembro que llo puxemos todo moi difícil, pero co paso do tempo, todos nós, comezamos a decatarnos de que non era malo que ela nos coñecese máis, de que se achegase a nós, aínda que o noso voto de confianza non llo demos ata chegado case o final do curso.
A verdade é que nos decatamos tarde do moito que nos podía ter dado se nos abrisemos un pouco e non fosemos tan pechados.
Lembro aquela cea de COU daquel ano (esa que se celebraba rematados os exames e sempre antes da selectividade), pois aquela cea supuxo a nosa apertura a ela, entregámoslle unha carta pedíndolle desculpas e dándolle o noso cariño, aquela carta escribina eu, pero todos estabamos de acordo co seu contido, era unha carta chea de sensibilidade co fin de que vise que ó final si aprenderamos algo, ou polo menos eu aprenderao.
Aprendín a non cerrarme a nada nin a ninguén, aprendín a ter os ollos abertos pero tamén a ter o corazón aberto a todos, aínda que ás veces me fagan dano, e hoxe é un dos meus lemas nesta vida.
Xa ves Montse estaba lembrando.
Dádesvos conta de que moitos dos profesores nos aportaron algo máis que información, polo menos no meu caso, a gran maioría dos profesores que tiven me aportaron algo máis que mera información sobre a materia que impartían.
Mary Hermo.
Agora un vídeo para o recordo, e para o concurso do seguinte aniversario, adiviñade o tema e o intérprete, e tamén o nome do lider da formación.
4 comentarios:
Hola Mary, eu tamén lembro a Montse, a súa familia tiña unha pastelería Na estrada, eu decialee aquelo de ...la madre que te parió debió de ser pastelera......
É unha gran persoa, e tamén aprendín moito de ela.
a min deume clase montse de Galego, lembro que era unha persoa fantásticqa e me gustaba moito a súa sonrisa
boy george...george michael...michael jackson... ¿xogamos ás verbas encadeadas de temática gay?
A min deume clase de literatura galega e ademais era a nosa tutora. Encantadora, atenta, humana...
Publicar un comentario