Vou contar unha historia que me contaron fai tempo, e que me fixo pensar moito daquela, e hoxe quero contárvola a vós, ós meus compañeiros para que reflexionedes un pouco.
A historia da comezo o primeiro día da universidade dun alumno calquera, como Xosé por darlle un nome, e no que un profesor pediu que procurarán coñecer a alguén que aínda non coñecesen.
Xosé púxose a mirar o seu redor e de súpeto notou unha man que lle tocou o ombro, deuse a volta para ver de quen se trataba e a súa sorpresa foi que era unha velliña cun sorriso de orella a orella.
- Hola rapaz, chámome Rosa e teño oitenta e sete anos. ¿Podo darche unha aperta?
Xosé díxolle que si, e Rosa deulle unha aperta moi forte, e Xosé preguntoulle:
-¿Por que esta vostede na universidade a esta idade tan nova?
Rosa contéstalle:
-Estou aquí para atopar un esposo rico, casarme, ter dous fillos e logo xubilarme e viaxar.
Xosé decatouse que estaba de carallada, e quería saber porque a esa idade decidirá afrontar tal desafío.
E Rosa respondeulle:
-Sempre soñei con ter educación universitaria e agora vouna ter.
Despois das clases, ambos compartiron unha boa charla a medida que ían de camiño cara a casa e tamén compartiron unha cunca de café da máquina.
Durante varios meses a relación de amistade entre Xosé e Rosa foise acrecentando, compartindo moitas charlas ó longo de moitas horas.
Xosé sempre atento o que Rosa “unha máquina do tempo” lle dicía, e ela compartía a súa sabiduria e a súa experiencia con el.
Durante ese curso Rosa fíxo moitas amistades na universidade, todos a querían. A ela gustáballe vestirse á moda e gozaba coas atencións que os seus compañeiros lle prestaban. Ela pasábao de marabilla.
Un día invitarona a vir ó foro de debate sobre fútbol e a que ela dera o discurso de benvida os novos compañeiros, Xosé nunca esqueceu o que ela lles ensinou ese día.
Comezaron presentándolla e cando ela se subiu a tarima para dar o seu discurso caéronlle as follas onde levaba as notas do seu discurso, ela sentiuse avergoñada, pero achegouse ó micrófono e comezou dicindo:
-Descúlpenme que este nerviosa, pero deixei de tomar cervexa por coáresma, e este whisky estame matando. Non vou poder poñer o meu discurso en orden, así que permítanme dicirlles soamente o que sei.
Eles ríanse e ela aclarouse a garganta e comezou dicindo:
-Non deixemos de xogar porque esteamos vellos, poñémonos vellos porque deixamos de xogar. Hai catro segredos para manterse xoven, ser feliz e triunfar. Temos que rir e atopar o bo humor todos os días. Temos que ter un ideal, pero cando o perdemos de vista comezamos a morrer. ¡Hai tantas persoas andando por aí que están mortas e nin sequera o saben! Existe unha gran diferencia entre poñerse vello e madurar. Se vos tedes dezanove anos e se quedan na cama durante un ano enteiro sen facer nada productivo converterédesvos en persoas de vinte anos. Se eu que teño oitenta e sete anos e me quedo na cama durante un ano sen facer nada terei oitenta e oito. Todos podemos avellentarnos, non se require talento nin habilidade para iso. O importante é que maduremos atopando sempre a oportunidade no cambio. Non me arrepinto de nada, os vellos xeralmente non nos arrepentimos do que fixemos senón do que non fixemos. Os únicos que teñen medo á morte son os que teñen remordementos.
Rematou o seu discurso cantando unha canción e pediunos que aprenderamos a letra e que a puxeramos en práctica durante a nosa vida.
Rosa rematou os seus estudios, é unha semana despois de acadalo morreu tranquilamente mentres durmía. O seu enterro acudiron miles de estudiantes para renderlle tributo a esta marabillosa muller que lles ensinara co seu exemplo, que nunca é demasiado tarde para chegar a ser todo o que se pode ser.
AVELLENTARSE É OBLIGATORIO, MADURAR É OPCIONAL.
Mary Hermo.
2 comentarios:
Eu creia que os únicos vellos que estudiaban era Suso o do Miramar e outro máis que con trinta anos aínda estaba no insti, pero vexo que non.
Agora en serio, nunca parmos de aprender, está claro eu cada día aprendo unha cousa nova dos pequenos, e outra dos maiores, así que cando creamos que o sabemos todo, será o noso fin.
Rodigo gañeiche
Creo que viñemos a esta vida para aprender cada día, por iso hai que ter os ollos e o corazon ben abertos para que poidamos aprender dos demáis e que os demáis aprendan de nós.
Todos temos algo que aportar, e de nós depende facelo con alegría e desfrutar facendo sen máis pretensións que as de vivir e chegar a un novo día.
Saúdos a todos.
Publicar un comentario