Incognita:
Había unha vez unha profesora que andaba á procura dun canciño pequeniño (para que non lle mordera!) e tamen para facer felices ás súas fillas. Unha señora da limpeza do IBM de Boiro sabía o traballo que a profesora estaba a levar para conseguir tal encargo
( quería un can que fora pequeno para poder dominalo porque daquela tiñalle medo....!, que fose limpo e bo...etc.., miraba nos xornais , chamaba á protectora, preguntaba...etc...etc...)...e un día, de esos nos que algo se ilumina, a señora da limpeza que apreciaba (creo ) moito á profesora (e viceversa) doulle unha noticia que cambiaría “a vida” da protagonista: a Chula( intelixente coma ela sola, e moi feituca) estaba de noraboa; esperaba un feliz acontecemento e a súa dona quería compartir esa felicidade coa profesora. “Mira, M., a Chula está preñada e, se queres, gardoche un canciño e despois se non che gusta sempre podes cambialo.” E, efectivamente, a profesora estivo á espera...e...o día 13 de Abril do 1994, naceron uns canciños preciosos; e o que primeiro abreu os ollos, foi o que uneu o seu destino ( está escoitando e mirando o que estou a escribir:-)) para sempre coa profesora do IBM de Boiro. Xa vedes que sempre falo en masculino...pois o día que “o” levei a vacunar, dixome o Zapata que non...que era femia...asi que lle sacamos o S e quedou co nome que todos coñecedes...
Teño que decir aqui que tiven bos regalos na miña vida e que éste foi un regalo que me encheu aínda ata agora de felicidade.Gracias Charo.
E diredes vós: qué diablos pinta toda esta historia no noso Blog???
Pois direivos que durante uns anos estivo polas tardes axudando á sua dona a traballar nos vosos horarios, nos vosos problemas e a intentar mellorar todo o que estivera nas súas mans.
Direivos tamén que cando saía (e aínda agora) a pasear con ela e pasaba por diante do Instituto, movía o rabo tanto de alegría como por preguiza ( non lle gusta andar moito e sabía que ahí se estaba a gusto).
Direivos tamen que a primeira vez que me escapou ( ata o tiven que notificar á policía porque non aparecía) foise refuxiar ó Instituto, sabedora de que nalgún momento ía rematar alí. E, claro, como se sentía culpable, estivo caladiña ata que vendo que se facía de noite a cousa ibase poñendo fea...e a que non sabedes o que fixo? Foi chamar a Juanjo para que me avisara!!
....bueno non sei se este relato é do voso interés...pero fai parte do Centro...direi que a cadeliña sacou o Cou, con sobresaínte!!!

17 comentarios:
Bonita historia, a cadeliña támen se sente a gusto no IES..coma un segunda casa pra ela....
Hoxe son a primeira? donde estades? de movida? os cuarenta....
Sen lugar a dúbida é un relato cheo de tenrura.
Gracias Manuela, espero segas aportando máis cousas.
A ver a que esperades os demáis.
Saúdos
Fermosa narración, sí señor. Eu teño unha irmá que, coma tí, sinte especial afecto polos seus cansiños, e cando un se lle vai deste mundo víveo de maneira especialmente dolorosa. A mín gústanme tamén, pero nun piso non podo ter un animaliño deses.
unha historia preciosa,que foi unha realidade.que conste que a cadeliña e moito mellor que moitos dos rapaces do insti.gracias tamén de parte de rosario,manuela,por que xa sabes que estivo unha chea de anos no instituto,de limpadora e cando tivo que abandoar o seu posto,por non aprobar á oposición,nin un ata logo nin un graciñas por todo recibiu.un saúdo.
sí,pero eu teño que ter coidado con esa cadeliña,que cando a saúdo,ela ponse tan contenta que sempre deixa as pingueiras polo terrazo.
estabamos todos esperando o teu relato, e a verdade e que non nos defraudastes, manuela.
aínda podes escribir algún relato máis,que tí tamén as de ter moitas anecdotas.felicidades.
Xa sei que chego tarde, e ó mellor non ven a conto, pero alguen me pode explicar quen é esta Manuela, en qué anos dou clase e que asignatura?. Gracias por adiantado
Manuela creo que chegou ó Instituto alá polo ano 87 (ela poderá dicilo con máis exactitude) e creo que aínda segue no instituto, daba Francés se mal non me lembro:
Eu teño asistido a algunha das súas clases como ointe.
Saúdos a todos.
Manuela, perdoa, eu saco o S pero non sei como se chama o animaliño e deixásteme coa intriga... ¿cómo é?
Gracias a todos polos vosos comentarios.Alguns mollaronme os ollos....
Eu son de Francés..si.
E, aínda que xa estaba na primeira plantilla do IBM, incorporeime no 87 e , tal como o decidín no primeiro momento...sigo aqui no IES.
Encantame a intriga ...:-)))pero non soporto ver sufrir a ninguén: asi que ahí vai o nome da cadela: Luka.
Boas noites.
"...my name is Luka..."
manuela: unha boa profesora e unha grande persoa.un compañeiro.
manuela,eres do melloriño que pasou polo I.E.S ,(antes I.B.M.),e non lle teñas medo ás vieiras,que están boísimas.
saúdos para luka,que cos seus anos está moi ben e agora máis rexuvenecida
I live on the second floor
I live upstair from you,
yes iI think you´ve seen me before......................
Very nice song. But also very sad. Thank you.
Publicar un comentario