miércoles, 5 de noviembre de 2008

A MOVIDA



Hoxe non vamos a lembrar aquel tempo de instituto, pois aínda nos queda moito por escribir neste blog, tanto do pasado coma do presente, queda todo un curso escolar para escribir e narrar acontecementos dos que nós vivimos e dos que viviron as seguintes promocións, aínda queda moito que contar e espero que vós o vaiades construíndo coas vosas lembranzas e co voso presente.

Aquelas saídas, aqueles guateques (non sei se hoxe no instituto se seguen a facer guateques, espero que os que están alí o digan) onde podíamos estar ata ben entrada a madrugada pois eran dos poucos días que nosos pais non nos poñían horario para regresar a casa, aquelas datas de Nadal nas que todos nos encontrabamos pola rúa e facíamos plans por se nos deixaban saír. ¿Lembrades? Imaxino que si o estades a facer, e de seguro que vos esta pasando pola mente as discotecas e demais bares que había en Boiro daquela.

Pois hoxe vai de bares e de discotecas; lembro que daquela pouco había en Boiro para a mocidade, pero conformabámonos e pasabámolo ben sen máis historias nin máis leas que o propósito de desfrutar e de ligar con algún rapaz ou rapaza (dependendo de quen fose o ligón/a), por aquelas datas tan só tiñamos a Frama, o Suky e como non Disco 3 e Disco Ritmo, esas eran as discos que había. O Suky era cousa máis ben dos sábados onde os máis maiores ían a ligar e a bailar, Frama era algo diferente e tamén cousa dos sábados e de xente máis maior, e Disco 3 era cousa de todos, novos e non tan novos, alí xuntabámonos todos para bailar, para ligar, para ter os primeiros arrumacos que ó final non quedaban en nada máis que iso, ou acababan no primeiro amor, no primeiro mozo, na primeira ruptura, etc.
Os bares que tiñamos eran poucos pero moi selectos, estaba o Dados que foi un dos primeiros lugares de moda naquel tempo, a decoración era distinta, o Anubis, e logo na parte de abaixo estaba o Hollywood que eu pouco frecuentaba. Lembro a época do Dados (e que hoxe é a cafetería Kirk’s) onde nos reuníamos a tomar a primeira copa antes de ir a Disco 3, onde esperabamos con impaciencia a aqueles rapaces guapos que coñeceramos no domingo anterior en Disco 3.

Pouco a pouco a movida en Boiro foi cambiando, buscando a semellanza coa movida doutros lugares coma Santiago (a da zona nova), lembro cando abriu o Fracción, o Duplex, o Oxidón, etc, daquela xa non tiña horario para voltar á casa; as cafeterías ían aumentando, tamén os lugares onde comer algo, tipo hamburgueserías e pizzerías; e aínda que tiñamos poucos cartos, divertiámonos sen máis; claro que a xente na súa maioría xa estaban estudiando en Santiago e iso fixo que a movida fose crecendo e cambiando no xeito de pasalo ben, moitas conversas e moita música, moito baile, a xente pola rúa; había pelexas pero a sangue non chegaba ó río, había destrozos no mobiliario urbano pero eran os menos.
Hoxe Boiro ten moitos locais de copas, realmente eu non sabería dicir cantos, ten moitas cafeterías onde charlar e tomar algo, lugares onde cear cos amigos, si hoxe Boiro cambiou, mellor dito entre todos fómolo cambiando, e os que veñen detrás seguirano facendo.

Supoño que os rapaces que hoxe están estudiando no instituto farán o mesmo que facíamos nós cando chega o luns, si, nós comentabamos o que fixeramos durante o fin de semana, falabamos dos ligues, do rapaz aquel que non nos facía caso; e supoño que hoxe se seguirá a facer o mesmo o luns durante o recreo e nas primeiras horas todo serán cuchicheos do que fora o fin de semana.
Mary Hermo.


Agora un vídeo cunha canción da que todos nos lembramos e que os rapaces dagora seguro que coñecen, pois sona aínda e aparece nos karaokes. Adiviñade intérprete e título do tema.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Disco 3, el Dados, ... uf, si esos sillones hablaran... jejeje
Muy bueno, Mary.

Anónimo dijo...

ahora xa non se fan guateques,só se fai un desfile de roupa de varios comercios de boiro,para recaudar cartos.ésto fanno todolos institutos de boiro e xa empeza a aburrir.

Anónimo dijo...

ahora a movida está primeiro no paseo e diante do spermercado dia,que son as zonas do botellón e despois na zona de abaixo dos pubs e na tonos,donde hai trifulca tódolos fins de semana

Anónimo dijo...

Lembróme do Hollywood, o que é hoxe Duplex, dos guateques en disco 3,dos bocatas do Cabaña e as ballenas do Oasis.

creo ben que a movida este diante do super dia, por que os domingos pola tarde ainda podes ver toda a basura diante.

Anónimo dijo...

Naturalmente o bar Cabaña, con aquela señora tan smpática que facía as hamburguesas.

Anónimo dijo...

disco 3, frama o cabaña, todos teñen cachos da nosa historia. Non che perdoo que non me sacaras a bailar en disco3, moito mirar, moito falar pero pouco facer.
¿qué tal unha churrascada de confraternización sin regalos nin nada diso, todos iguais o importante e estar xuntos e pasalo ben, e así pasaremos mellor a crise dos cuarenta?

Anónimo dijo...

Esto parece que está tomando un bo rumbo..o tempo axuda a madurar e o mesmo está a pasar co blog. Reflexionar sobre os tempos pasados e recordalos con ledicia, con nostalxia,con dor tamen...claro..:-(( (todos temos idade para ter pasado por boas e malas experiencias..); todo eso pode, como se está vendo polos vosos relatos, enriquecer este blog e conducilo hacia algo interesante. Ánimo a todos os que teñades ganas de participar ...un saúdo.
Manuela

Anónimo dijo...

Pensei que me pasaba a min solo, a sensación esa daquilo que pudo haber sido e non foi, ou o de que houbera pasado si fixera aquilo ou si dixera o que pensaba a aquela rapaza.
Supoño que o chegar a metade da vida, nos pasa un pouco a todos, ainda que non e que eu sexa totalmente determinista pero creo que o que ti non colleches e que non o tiñas que coller non é que non o quixeras.
Penso que isto e mais barato e mais agradable que ir o psicologo.

Anónimo dijo...

¿e qué me decides do xardin do antiguo concello?, unha vez que saías de disco 3, parece que xa che levaba o camiño por alí para rematar o qué empezaras.
Ainda que primeiro comiamos a hamburguesa no Cabaña, que boas eran; recordo un camarero,pequeniño él que lle fixo as beiras a una moza tamen pequeniña.Ela non quería saber nada, as amigas ríanse e ela furiosa decía que nada de nada. Meses dispois fixeronse mozos e casaron.
Moitas historias de miradas, de encontros casuais, de poñerse na porta haber si che levaba o que tiña coche e tanto che gustaba, ou daquela que sempre aparecía cando parecía que él se che iba a acercar por fin ......

Anónimo dijo...

O camarero pequeno chamábase Felipe, estivo en todas partes de camarero...agora creo que medrou

Anónimo dijo...

Alégrome de que vos sintades a gusto, e gustame moito os vosos comentarios, así da gusto escribir para o blog, aínda que non sexa artigos de boa calidade, con estes comentarios da gusto escribir.
Graciñas.

Saúdos a tod@s.

Anónimo dijo...

Tiña que abrir agora unha discoteca en Boiro pra nós os cuarentóns.Música dos anos setenta e oitenta, con sesión de lentas ás 12 da noite,e cun bó reservado pra despois das lentas, tamén, por suposto. Despois o D.J.remataría a noite poñendo "Sultans Of Swing", e todos tocaríamos a ficticia guitarra e menearíamos a melena ó vento ( melena máis ficticia aínda ca guitarra). Todo coma daquela.
Dita discoteca debería ter tamén unha pista de Break Dance, baile ó que moitos éramos moi aficionados, iso sí, con fisioterapeuta incluído(por si as moscas).
En fín, boa compañía, bó ambiente, e todo moito máis sano que nas discos de hoxe. Incluso ata os poucos trapicheos que nesa discoteca puidera haber serían con pastillas,sí, pero de Viagra.

Saúdos a todos

Anónimo dijo...

eu recordo tamén cando iba ó cine de arriba, o de don gonzalo,que compraba sempre as pipas e os samwichs de limón na porta a dúas velliñas que estaban sempre alí.no cine facíase de todo,ademáis de ver a película (oir non se podía,porque se comían moitas pipas).unha vez un rapaz que era dos de armas tomar,mexou desde o galiñeiro (o palco de arriba) e caulle toda a mexeira ós de abaixo.o sr. pereira cansouse de buscar ca sua linterna o que caera desde arriba.o cine sempre entraba despois de botar un pimpon na sala de xogos de arriba ,tamén de don gonzalo e antes das películas,no nodo en blanco e negro,sempre o generalisimo entrega su copa al virtual campeon el real madrid.saúdos a todos os blogueiros.

Anónimo dijo...

que recordos vendo a foto do antiguo concello

Anónimo dijo...

O video Alaska y Dinarama.
Bailando...

Anónimo dijo...

Eu quero facer un recordo dirixido o autobús que transportou a seleccion de Polonia no Mundial de España. Xa teño agarrado a man dalgunha compañeira e tentado darlle un bico (con moi mal resultado)

Anónimo dijo...

temos que intentar que os nosos fillos, teñan unha movida sana