lunes, 10 de noviembre de 2008

O CAMBIO. Por Oliva Lojo

Eu non son da primeira promoción!!!


Pasar da escola ó instituto é un cambio moi grande para calquera, pero vouvos contar a miña experiencia.


Cando rematei octavo fun para Santiago a estudiar nun internado; os meus compañeiros iban todos para Riveira porque en Boiro aínda non había instituto. Lembro cando me contaban o ben que o pasaban, sobre todo anécdotas do autobús que os traía e levaba.


O ano seguinte xa viñeron para Boiro ó famoso IBM, e a envexa era supina. Incluso me falaban de manifestacións. Eu pensaba que eso só o podían facer os atrevidos que saían na tele, non podía imaxinar que estivese ocorrendo en Boiro e menos con xente da miña idade como protagonistas.

Non sei si todos tedes idea de como se vive nun internado, no meu caso íbamos todas (era feminino, por suposto) con mandilón de cuadritos azules; pasabamos todo o día nas clases ou nun pequeno patio (nin idea das horas libres que comentaba Mary nun artigo que publicou); e o medo, que non respeto, ós profesores era atroz.


Pois ben, un día que era festivo en Santiago as miñas amigas de Boiro dixéronme que porque non ía con elas ó insti (polo visto non estaba prohibido entrar sin non estudiabas alí). Imaxinade que flipe: rapazas e rapaces paseando, falando, había unha cafetería... Acompañeinos á clase, e nada mais entrar vexo a Alberto Galbán sentado nunha mesa, cos pés na silla e... ¡¡¡fumando!!! Ese rapaz estaba tolo, pensaba eu, se o pillaban o mínimo que lle podía pasar era a expulsión, ademais de unha boa paliza (bueno, no caso de Alberto igual a paliza non, que xa era moi grande). O caso e que de repente entrou a profesora e... non pasou nada. Miro arredor e doume conta que había mais xente fumando, falando tranquilamente e a profesora en cuestión tivo que pedir tres ou catro veces que sentaran e calaran.


Xa sei que para vos esto parece normal, pero eu viña dun sitio donde estaba prohibido fumar, e cando o profesor entraba na clase xa tiñamos que estar todas sentadas e caladiñas.

Sabedes que decidín ese día, verdad? pois sí, eu quería estar nese instituto. E conseguino, ó ano seguinte alí estaba eu, repetindo 2º de BUP. E menos mal que ó ser repetidora xa me sonaban as cousas, porque estudiar non estudiei moito, pero paseino... ¿verdad, Loly?


Todos lembramos a cafetería de Angelita, ¡menudas tardes de tute!, pero non nos olvidemos da Xunta, do Touliña, a praia... Vamos a ver, ¿a quen se lle ocurreu poñer un instituto ó lado da praia?, eso é fomentar o absentismo.


Por último gustaríame recordar a dous profesores: Federico o de matemáticas e Rosa a de Historia.


Un bicaso para todos.

Oliva Lojo




Agora un vídeo para que todos saibamos que a culpa foi de... Espero que vos guste a música.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Non coñezo a Federico pero sí a Rosa a de Historia, unha gran persoa, unha gran profesora e tamen unha boísima compañeira.

Anónimo dijo...

Eu si me lembro de Federico, deume clase de matemáticas en 2º, foi un bo profesor que soubo transmitirnos e ensinarmos o gusto polas matemáticas.
Un saúdo para el e para todos.

Anónimo dijo...

Querida Oliva: Non entendo como unha rapasa tan delisiosamente tansjesora coma tí non asisteu á sena. Se ben os encarjados de orjanisar os actos éramos alumnos da primeira promosión, en ningún momento se puxo ningún tipo de limitasión para a asistensia. A min, a lo menos, non me consta. Non estaría de acordo con ela. Penso que, se sempre resulta un luxo innecesario prescindir da presencia de ex-compañeiros, máis luxo resulta prescindir da compañía de quen, como é o teu caso, fixo do instituto un lugar moito máis divertido. (Jamberra eras, carallo.)

Anónimo dijo...

Por suposto que ninguén me prohibiu ir á cena o que pasa é que por motivos personales non pudo ser. Ó mellor non vou a unha maratón de lectura do Quixote pero ¿a unha cea e con barra libre?.
A ver si nos vemos na próxima.

Anónimo dijo...

Olie Vee taah, ya echaba de mnos algo de ti,la verdad es que lo pasamos bien, no sólo en el insti, tb en Stgo.
Era mejor el INSTI DE bOIRO QUE dOÑA EMMA???, JOER con l que mola ser de Colegio de pago.