viernes, 7 de noviembre de 2008

REBELDE SEN CAUSA.


Eu crieime de aquí para acolá, sempre coa casa á espalda, como os caracois, daquela pensaba que así remataría a miña vida.

E de aquí para acolá, coñecín na escola a moitas persoas, rapaces e rapazas novos continuamente, dende Cabo de Cruz, Boiro, Abanqueiro, Escarabote, etc, e por iso cando por fin comecei no instituto non me resultaron as caras dos meus compañeiros extrañas, coñecía a case todos aínda que a algúns facía tempo que non os vía, pero todo foi andar uns días e retomalo contacto de novo con case todos. Ata creo que eu servín de nexo para que na nosa clase fosemos un grupo unido.
Lembro aquelas datas cos nervios polas novas materias, por aquela hora libre que tíñamos onde podíamos saír a pasear sen vixilancia constante dalgún maior, e a complicación que ao mesmo tempo supoñía pois quen era o que explicaba na casa o significado daquela hora na que non tiñamos clase, lembro que cando llo expliquei a miña nai non tiven medo e ela entendeuno á primeira, pero o problema chegaba á hora de dicirllo ao meu pai e recordoo como se fose hoxe, lembro que foi toda unha odisea, aínda que nunca o chegou a entender e refunfuñaba cada vez que pasaba preto do instituto e observábanos sen ter clase, pero acabou por aceptalo co paso dos anos.

E chegaron os primeiros exames e as primeiras notas que entregar na casa, ¡eu que durante a EXB tiña boas notas!, cheguei con aquel boletín chea de medo pois levaba dous suspensos e aí comezou aquel discurso do meu pai sobre aquela famosa hora libre, comezou dicíndome que a culpa non so era miña senón dos profesores e non parou ata días despois nos que acabou dicindo: “A partir de hoxe ti non vas a ter hora libre, ese tempo dedicarasllo a estudiar”. ¡Meu Deus! Aquel día pensei que me ía mandar quedar na casa e non me ía deixar voltar ao instituto como non aprobase todo, pero non foi así i eu seguín suspendendo algunha asignatura e meu pai foi pouco a pouco pasando de todo.

Rematei o bacharelato pero non cheguei a rematar o COU, e non me arrepinto de non telo rematado porque fixen outras cousas que me encheron e penso que sempre se esta a tempo de retomar aqueles estudios que un día se deixaron.

Lembro que non fun unha boa estudiante, as miñas notas sempre tiñan algo en vermello, o meu non era estudiar pero si aprender moitas “cousas” que cos anos me serviron no día a día desta comedía que é a vida.
Supoño que moitos dos profesores que me deron clase lembraranse de min, non coma unha boa estudiante senón coma unha rapaza que era rebelde sen causa.

Durante eses anos que pasei no instituto coñecín a moitas persoas, tanto alumnos coma profesores, e de todos gardo un grato recordo, e de todos e cada un de vós saquei algo bo que hoxe en día me serve para seguir adiante.

Pensaredes a que ven todo isto, pois non o pensedes pois tan so é unha pequena reflexión sen máis, que pode que para moitos de vós non teña moito sentido, pero é o que hai amigos meus.
Mary Hermo.


Agora un vídeo dun dos meus ídolos, a ver se me decides que pinto eu falando de todo isto. Adiviñade de quen se trata.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

facía 2 ou 3 semanas q non entro, pero esto cambiou moito, Festas do Carme, campionato de bolos, S.D. Abanqueiro... Luis, ¿¿¡¡qué demo estas a facer coa páxina do insti??!!

Anónimo dijo...

eu que entro todolos días... non o entendo...¿é que agora falase en clave?

Anónimo dijo...

notase ben que agora leva mary esto.é un blog máis dinámico e con mellores articulos

Anónimo dijo...

E eu pregúntome...¿por qué lle reclamas tí nada a nadie?nin a Luis nin a ninguén,xa que aquí non só escribe él os artigos, cada un pon o que lle parece oportuno e se ti tes mellores ideas para encher os contidos deste blog anímate a facelo e déixate de reclamacións absurdas.

Anónimo dijo...

Supoño que o primeiro anónimo non reclama nada, simplemente pregunta por curiosidade. A linguaxe escrita transmite menos información que a oral. Non se percibe o tono con que se din as couss, non se ven xestos, nin sorrisos, nin muecas, nin fruncementos de ceño. Cando se escribe hai que ser coidadoso, e aínda así é imposible evitar que algunha vez xurdan malentendidos.

Anónimo dijo...

Pois a min gustábame máis cando o levaba Luis. Agora apena hai fotos nosas, non te ris tanto e os artículos, excepto as crónicas do camiño non son gran cousa.
Pero se o blog non é máis é porque alí solo escriben catro persoas e bastante dan de si.

Anónimo dijo...

aquí ninguén reclama nda, o que pasa e que parece que hai xente que só está á defensiva e esperando os comentarios, para levalos sempre pola vía mala

Anónimo dijo...

pois eu escaralleime de risa vendo algunhas fotos das da cea, sobre todo a secuencia de fotos do padre marcelino,que ó final acaba cunha cara de ter un pedo enriba de carallo,ca corbata de lado e torto na silla

Anónimo dijo...

tamén hai fotos de pepe viyuela e mortadelo,buscádeas

Anónimo dijo...

sí e tamén de bigote arrocet cuns kilos de máis

Anónimo dijo...

si, pois a dos calvos con papada¡

Anónimo dijo...

Non empezemos, oh!
Eu tratei de darlle un aire novo, simplemente iso, o das Festas e o demais son links doutras páxinas.
Tamén se clikades no cartel da exposición de BOLBORETAS podedes ver as fotos da exposición. Vale a pena.
Os artigos, sen lugar a dúbida non son coma antes, é difícil escribir todos os días, sobre todo se non tes fotos.
Así que se queredes, mandade as fotos que teñades pola casa daquela época, e tamén mandade algún artigo que o subirei encantada.
Gracias a todos.

Saúdos a todos.

Anónimo dijo...

Non me digades que queredes empezar de novo.
Levar un blog non é fa´cil nin para min , nen para Mary, hai que expremer o coco tódolos días e ás veces non hai nen gañas nen tempo.
mandade fotos e artículos así faremos que todos sexamos partícipes., para ben ou para mal, o blog levámolo todos coas nosas aportacións.

Anónimo dijo...

nin empesar nin carallos, ¿cando é a churrascada do 25 aniversario?

Anónimo dijo...

podíase planear unha churrascada nos arredores do insti,con paella de cocó incluída e algun gaiteiro e concerto para rematar.bueno, e unhas castañiñas asadas tamén,que estamos no tempo.

Anónimo dijo...

sí, a joder o conserxe e despois pasamos outra ves del

Anónimo dijo...

bueno, xa empezades outra vez con parvadas.vamos a ter a festa en paz.