Determinadas obrigas persoais impedíronme asistir á cea de aniversario pero o asunto fixo retornar á miña memoria aqueles comezos do curso 1983-84 en Boiro.
A Consellería de Educación convocou un concurso para dotar de Equipo Directivo a seis institutos que abrían ese curso. Para o de Boiro fomos destinados José Mª Proupín, como Director, Pilar Lorenzo e eu para os demais cargos.
A primeira reunión desta primeira Directiva do que se chamaba Instituto de Bacharelato de Boiro celebrouse no Instituto Xelmirez de Santiago, no edificio que, xustamente ese ano pasou a ser se administrativa da Xunta de Galicia. Creo recordar que eran os últimos días de xullo de 1983. Decidimos o reparto dos restantes cargos: dende ese día Pilar era a Secretaria e eu o Xefe de Estudios. Acordamos empezar a traballar en agosto pois poñer en marcha un instituto dende cero.
Nos primeiros días de agosto tomamos o primeiro contacto. Reunións co Alcalde e visitas ás obras do edificio. Incluso se chegou a ter unha asemblea cos pais dos futuros alumnos. Había unha enorme ilusión en Boiro pero nos ademais estabamos moi preocupados. O novo centro educativo ía abrir con tódolos niveis e un número elevado de alumnos pero o edificio estaba moi verde. Era imposible que puidera estar rematado para comezar as clases primeiros de outubro.
Montamos a se provisional no Concello, onde se nos deu todo tipo de facilidades, pero quedaba un longo e dificultoso camiño. Estaba todo por facer: dende os carimbos e sobres con membrete á alta da liña telefónica. A matrícula dos alumnos, a organización de grupos e horarios. Logo viría a instalación do nobiliario sen ningún tipo de axuda.
Comezámolo curso compartindo edificio cos obreiros, movéndonos de pranta ó seu ritmo. Non había despachos nin para o Equipo Directivo. O persoal de secretaría (Mari Carmen García) e o conserxe (Juanjo) chegaron co comezo do curso. Un detalle que pode ilustrar a precariedade do momento é que os primeiros escritos rexistrados nese Centro están escritos á man. Non había máquina de escribir.
Esta descrición non debe ser interpretada en clave negativa. Simplemente quero deixar constancia de que as cousas custan esforzo pero o que importa é o resultado final. Teño un grato recordo daquel curso porque todo o mundo arrimou o ombro. Os alumnos tiveron un comportamento e dedicación excelentes,o profesorado aguantou as dificultadas con ilusión e contamos en todo momento coa colaboración dos pais. Sacamos a diante un curso moito máis ca normal. Non podiamos defraudar a aqueles alumnos e pais que estando nos últimos cursos en Ribeira ou Padrón apostaron por un Centro que parecía unha aventura no mes de outubro.
Improvisei estas notas sen reler nin correxir pero compréndese que hai tema. Seguro que esta historia a podía escribir moi ben Proupín, pero xa non está entre nos.
Seguín dous anos máis en Boiro. Custoume marchar pero sentín a chamada do meu Bergantiños da alma e aquí estou dende hai xa vintedous anos.
Un saúdo para todos
José Antonio Viña
13 comentarios:
Jose Ántonio Viña, o meu titor de 2º A, gran profesor e mellor persoa, non foi quen de meterme as mates na cabeza, pero gracias a él fixen ocurso de primeiros auxilios na Cruz Roja.
Deixoume as mates para terceiro,ó final aproboumas, gracias a él fun por letras. Unha apertado máis pequeno dos teus alumnos.
Eu tamén gardo un moi grato recordo de ti, José Antonio. Acórdome como nos introduciches con exquisita delicadeza, como tendo coidado de non facernos dano, nas sutilezas do cálculo diferencial. Aqueles límites, "...para todo épsilon maior que cero existe un delta maior que cero tal que...". Inesquecible. Foi a primeira vez que alguén me ensinou matemáticas de verdade. Cheguei a ter algunhas dúbidas (efímeras, eso sí) entre estudiar física ou matemática, pero decanteime pola primeira decidido: ó fin e ó cabo a linguaxe da física é a matemática. Non sabía que o primeiro corpo directivo do instituto tivera tantas dificultades para poñelo a andar, temos moito que agradecerlle a aquel primeiro grupo de profesores.
Unha aperta dun pequeno ex-alumno (Luis, creo que daquela eu era mais pequeno que tí, pero podo equivocarme).
Non consigo poñer rostro a este profesor, pero o nome si que me soa, de tódolos xeitos alégrome de que un profesor daqueles anos se lembre deste instituto. Aínda que polo que conta,non creo que o esqueza, porque empezaron con moitas precariedades.
Agora que tomen nota outros exprofes e que se animen a escribir algo.Bicos
xosé antonio viña patiño,grazas polo teu escrito e espero que mandes algúnmáis.nómbrasme nel e eu teño recordos deses anos na miña memoria.o teu fillo,que era pequeniño,viña xogar co meu ,que tamén o era daquela ,a vivenda que ocupaba e ocupo dende hai 25 anos.foi unha pena non poder estar contigo o día da cea,porque eres un dos profesores que non se me olvidarán nunca.un saúdo.
proupín,un anaco de pan de bo que era,xose antonio viña un gran profesor e millor persoa,pero doña pilar lorenzo rivas...
gustaríame que xose antonio viña se pasase polo instituto antes de que remate o 25 aniversario,pero comprendo tamén que este moi ocupado,por que me pareceu velo no correo galego como concelleiro de carballo ou bergantiños,non sei fixo
Cando empezei no instituto traia as matematicas de primeiro, José Antonio doume mate en segundo, aprovei as de primeiro, pero segundo repetin. Penso que foi o noso tutor o primeiro ano e lembrome moi ben del, unha gran persoa, alegrame ter noticias del e da sua participación no blog.
O Sr. Proupin no me deu clase, pero si me lembro ben, do seu sombreiro e do seu abrigo.
De Pilar, si e a que eu penso deume clase de literatura en COU, como olvidar esos ollos, calquera aguantaba a mirada, aqueles comentarios de texto exprimidos ata o remate, costaba aprobar, non sei por que pero o final penso que lle collin aprecio.
un saúdo a todos.
Pois a min non me dou clase, pero non podo olvidar aquela maneira que tiña de andar, ca cabeza un pouco de lado, e con aquelas mans tan finas, un pantalón, un jersey e una cazadora, sempre impecable, e como se anduvera polo aire para non molestar cas pisadas. Os humildes quedan sempre no noso recordo.
Muñis, ¿onde estas? hai que darlle solusión ó asertijo. Manda voltar os teus homes e danos ipso facto o resultado das pescudas.
Eu sijo disindo que son Tuchooo e Suso o da drojeria.
O anónimo nervioso
Saborido, creo que a pequeno daquela.. sólo me gañaba Jose Fernandez Riva.
En canto ó de Pilar, como persoa non a coñezo demasiado, coimo profe era moi, demasiado esixente, pero veunos moi ben cara a selectividade
Acábamnos de chejar os resultados dos análises(ou anales) ó que foi sometida en profundidade a fotojrafía da discordia. Non hai nada como poder contar para esclareser os casos cun laboratorio donde se xuntan a millor tecnoloxía punta do mundo cun equipo de profesionales escollidos un a un entre millóns.Dende o laboratorio internasional que en C.S.I. temos en Chicajo (Illinois),chejáromnos os sejintes datos e conclusións:
1- A foto foi sacada ás 17:05 da tarde no parque acuático, cunha temperatura ambiente de 27 jrados sentíjrados ( 80,6 jrados Farenheit).
2- Sacouse cunha cámara Canon T-50 modelo do ano 83.
3- A distansia á que foi "disparada" a cámara foron 4 metros, cun ánjulo de 180 jrados con respecto ó sol.
4-Na foto aparesen 4 persoas de sexo masculino e outras 4 de sexo feminino(realmente esclaresedor),
todos eles con rasjos caucásicos, antropolóxicamente falando.
5-Un deles ten aljo na mán, pero é sientificamente imposible adiviñar que carallo é.
Conclusión: Con todos estes datos, e máis ca proba de antijuedade que se lle fixo á foto, podemos afirmar con rotundidade que A FOTO DATA DO ANO 1820.
Pois ben, queridos amijos, supoño que despois de ler estes datos e conclusións, vedes que hai aljo que chama poderosisimamente a atensión, verdade. Todos estaredes pensando o mismo que pensei eu:
- Manda carallo, A FOTO FOI SACADA A 4 METROS DE DISTANSIA. Pois si a chejan a sacar a 8, ENTÓN XA NON OS CONOSE NIN SU PADRE.
Bó fin de semá para todos. PEDRO.
Muñis al habla. Atopábame no foso cambiándolle o aseite a unha juajua. Creédeme si vos dijo que, de non ser porque sei con toda sejuridá que aquela tarde estábamos o jrupo de sempre (o mismo que salía de marcha co autobús por Benalmádena e que fixo que chejara á casa cun feixe de kilómetros a maiores que non cobraron e que Santos e máis eu calamos coma putas) tería serias dudas de que son eu o da foto. É máis: non quero sélo. Pero non hai de outra. !inda era máis feo que ajora, que é moito desir! (pero ás chavalas justáballe e os homes non o entendían).
Saludos a José Antonio Viña. Un tipo excelente coma poucos. Recordo unha anécdota da que non me sinto orjulloso na que cas presas por escribir as declinasións de jriejo para un exámen no seminario, Proupín estirou a clase anterior e non desaloxaba nin á de tres (acompañado por a exhuberante Isabel de Tarajoña). Enoxado abrín a porta e, escudado na defisiente visión do profesor, díxenlle unha barbaridá que non me atrevo nin a repetir. Estábamos no exámen cando chamaron á porta. Era José Antonio para decir que alguien fixera un comentario de moi mal gusto hacía a persoa do director. Non fasía falta ser Jrisom para saber que, da xente que había dentro sólo podía haber sido eu. Pois ben, cunha corrección que inda hoxe trato infructuosamente de poñerme como modelo dixo que non lle importaba saber quén fora, pero eso sí, non podía volver a repetirse. Foi unha máis dun sento que me perdonaron. Pero asejúrovos que a forma tan serena en que expresou un feito reprobable caloume definitivamente. Educación con MAIÚSCULAS. Cónstame que son só un dos moitos amigos que hoxe ten en Boiro.
Non sabía dos problemas que tivera o primeiro equipo directivo daquela, pero o que si podo dicir é que levaron adiante un duro traballo e a pesares de todas as precariedades e inconvintes o curso saíu adiante.
José Antonio non me deu clase pero lembrome del e da súa paciencia incluso cando camiñaba.
Saúdos a todos.
Publicar un comentario