martes, 25 de noviembre de 2008

CANDO SEXAMOS MAIORES.

Alguén dixo unha vez:

Cando sexamos maiores non esquezamos que para a noite se fixeron os contos, os reis magos, os trasnos bos, de que cando se achega o sono fai falla ter preto a voz dun avó.

Non esquezamos que nun camiño cabe o mundo enteiro, de risas, que non hai mar tan noso coma o que vemos, que o que semella lonxe sempre esta preto.

Non esquezamos das marabillas que se gardan adentro, das cousas sinxelas, dos vellos caixóns, das flores, das semillas.

Cando sexamos maiores, será bo ter como amigos ós animais e entendelos, ós paxaros e voar xunto a eles.

Non esquezamos que un bico é unha maneira de quedarse nalguén, que sempre hai un momento para unha caricia, que o amor é o todo, que a tenrura é nai, que hai que estar cedo cando se fai tarde.

Cando sexamos maiores non esquezamos a fantasía, o sol, os xogos, os cumpleanos, o circo, os paiasos, os bonecos, e a fermosa costume de dicir: quérote.

A vida é unha viaxe, e nesa cuestión mellor asento de ventanilla.

Nunca deixedes de soñar, de xogar, de bicar, de acariciar, de amar...

E nunca te esquezas ó ser maior da marabillosa virtude de saber perdoar.

"Autor descoñecido"

5 comentarios:

Anónimo dijo...

É certo que todos debemos levar sempre ese neno dentro de nós para que saía de cando en vez é así lembrarnos que non todo é tan malo, que hai que seguir cara adiante sen medo, de que a esperanza nunca se debe perder....

Anónimo dijo...

Un novo día, empezan a moverse os coches ainda na escuridade, alguns autobuses de nenos xa van para a súa parada, e a xente empeza a camiñar con bufandas e abrigos, porqué xa veu o frío.Preparemonos todos un día mais para sair da casa e empezar ca rutina qué o final é o que nos da a vida, ainda que moitas veces renegemos dela.

Anónimo dijo...

Hoxe quero empezar o día RECORDANDO ás mulleres (e homes, se os hai)e nenos que teñen que soportar día tras día os maltratos dun "home" que se sente moi superior ante os débiles : ¡¡¡¡ser valientes ante os COBARDES!!!!

Anónimo dijo...

Se ó jato do vesiño das de comer, pecha a porta xa que a de volver.
O jato que tapa a orella non e jato e ovella.

Anónimo dijo...

Eu fun un home maltratado, a verdade é que hai cada bicho por ahí adiante