jueves, 6 de noviembre de 2008

SUPERACIÓN por Mary Hermo




Hoxe permitídeme unha licencia, hoxe non vou lembrar o pasado, o que hoxe ides ler espero poder publicalo nas miñas memorias algún destes días, pode que incluso no Hola, quen sabe sei que algún día verá a luz.

Algo que aprendín no instituto foi a superar as dificultades do día a día, foi a loitar para seguir adiante e non amedrentarme ante os problemas, non sei quen dixo “No hay problemas, solo soluciones.” Daquela non o entendera moi ben pero hoxe si o comprendo e o comparto.

Un día deses nos que a impotencia ante a dor non me deixaba ver con claridade escribín o que hoxe ides ler, pero o día seguinte dixen que non, dixen que ía loitar con máis ganas que nunca pois aínda me quedaba moito por aprender e moito por facer, e hoxe aquí me tedes loitando cada día, vivindo cada momento pois pode que mañan non chegue.

“Morrerei de novo, quizais sexa a última vez que teña un motivo para escribir, pode que hoxe morra a miña inspiración porque sei que aínda que o meu sangue ferva en desexos de abandonar a dor con verbas, xa non o farei, xa non paga a pena pois agora xa non me sae da alma.
Estou cansa de mirar as miñas alas partidas e invadidas deste cáncer que me corroe e por iso xa non me defenderei, arrancádemas, quedarei de rodillas e non me moverei, por moi triste que sexa fareino eu mesma, é triste crer que todo vai ir mellor, pura mentira, nada mellorará, cada día empeora moito máis, cada día, cada instante síntome menos eu e máis os demais, sinto menos gaña de vida e máis dor, cada minuto síntome máis mínima neste mundo que ri a esgallada de min e doutros coma min.
Eu sego a escoitar esa voz dos meus desexos, por iso quero correr moi lonxe do son enxordecedor, aínda que non teña forzas, aínda que tontamente sega esperando, ó final todo se afoga na mesma escuridade e desesperadamente vendo a miña morte que faga dela o que lle pete e dea a gaña, vendo a miña inspiración, a miña fé, vendo o meu talento (ese que din que teño e que eu non vexo), vendo as miñas feridas e ninguén as quere, vendo os meus suspiros e desfágome gritando e sangro no meu propio llanto.
Segue sendo o inagotable bacío, as alas feridas, a soidade, a traizón da liberdade encadeada a compaixón, creo que xa non paga a pena, xa non.
Xa non me sinto, xa non son máis que un anaco de carne atada a un corazón, si a un triste corazón, que morre polos soños do amor, da amistade e da liberdade, pero xa non máis soños, xa non, porque a realidade deses soños estame afogando cada día máis.
Miraría atrás pero de que me serve vótala vista a un pasado que sei que non volverá.
Dirás porque digo isto, eu direite que neste intre así me sinto, desganada, sen futuro e cun presente que me afoga e que non podo cambiar.
Ficarei sen máis esperando o momento de marchar, de irme caladiña sen máis.”

Xa vedes isto que acabades de ler dicíallo o meu diario pero o día seguinte quería voar de novo, quería de novo surcar os mares sen pasaporte e desfrutar do que teño.

Isto dedícollo a esas persoas que se senten mal e creen que a vida os supera, i eu dígolles que todo é superable, que os obstáculos non son máis que algo inventado por nós mesmos e polos nosos medos.

Mary Hermo.

Hoxe un vídeo que dí que a lirica ..., eso a ver se sabedes de quen se trata.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Hoxe, quero ser a primeira en comentar algo, hoxe amigos meus dígovos que hai sempre que mirar cara adiante, pode que en momentos pensemos que os problemas nos superan, pero se loitamos con forza seremos nós quen superaremos a eses problemas.
Ánimo a todos, a eses que por algún motivo estan pasando un momento difícil, arriba que maña pode ser un gran día.

Saúdos a todos.

Anónimo dijo...

Deixasme aparvado co teu texto, lendo faime pensar no mal que o pasaches,e como desafogaches escribindo-. Estou moi contento da oportunidade que nos da este encontro para entre outas cousas ter retomado o contacto contigo xa que me pareces unha persoa moi positiva e que todo o mundo debería encarar o que ven como fas tí, con coraxe.
Decir tamén, que algún dia iraste como iremos todos, pero seguo que non has marchar calada, xa que o teu legado está aquí, neste modesto blog.
UNha aperta moi forte.

Anónimo dijo...

Aínda gardo unha pequena sorpresa Luis, e quero compartila con todos vós. Direivos que estou traballando no meu libro, un libro modesto cheo de reflexións e de poemas, ese será o meu legado a este mundo que vive ás presas, e que apenas ten tempo para nada.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Luis F. expresou perfectamente o meu sentir...e supoño que o de moitos máis....Ánimo!!!
Manuela.

Anónimo dijo...

Sigue voando e co teu vo... escribe que é un dos mellores desafogos, senón terapia para estas malas cousas.

Anónimo dijo...

Luis e Manuela expresaron moi ben todo o noso sentir. Penso que o mais importante de este blog e que estamos retomando contacto, lembrando cousas, pero tamén aqui no presente co que nos toca vivir dia a dia. A idea dese libro e estupenda, adiante con ela.
Saúdos a todos. Ánimo.
Encarna.

Anónimo dijo...

A vida, certamente, ponlle a uns mais obstáculos que a outros. En ocasións xurde alguén como Mary que encara as dificultades dunha maneira exemplar, que sirve de estímulo a outros, e que nos fai reflexionar ós que temos a sorte de non ter que transitar por un camiño tan difícil.

Unha forte aperta, Mary, e sigue así.

Anónimo dijo...

mary,non quero que escribas esas cousas tan tristes,nin siquera que chegues a sentilas.a vida está aquí para tratar de pasar por ela con alegría,ainda que ás veces nos poña atrancos.eres xenial.

Anónimo dijo...

¿e o do can bailando a duas patas, a qué ven? ah,si!superouse a sí mesmo

Anónimo dijo...

todo xira entorno á capacidade de superación de cada quen

Anónimo dijo...

O can non está bailando a dúas patas, está camiñando. ¿Non vedes que lle faltan as dúas patas dianteiras? Eu na miña vida tal vin, un can camiñando erguido, é unha boa mostra de superación canina.

Anónimo dijo...

Pon os pelos de punta escoitar a xente que pasa por enfermedades tan crueles. Sin embargo todas teñen en común que a lo menos non perden a ilusión por pequena que sexa de vivir. Por desgracia hay outras enfermedades que non se ven no corpo, pero que che fan quedarte bloqueado, parado e encerrado dun mundo do que só que sair para desaparecer. Moitas veces penso que a crueldade maior e perder esa minima esperanza, ese mínimo desexo que todo ser vivo debe ter de continuar adiante.
Todos temos que superar atrancos, uns mais evidentes ca outros, uns mais duros ca outros, o mundo está moi mal repartido, pero a lo menos Deus ou quen sexa non deberia deixar que perderamos a ilusión de abrir os ollos e esperar que sexa un día mellor.

Anónimo dijo...

Gracias a todos, espero que segades lendo este pequeno caderno de bítacoras, e como non seguide aportando "cousas", os vosos comentarios, os vosos artigos, as vosas fotos, os vosos recordos, o voso presente.
Ánimo para todos.

Para o anónimo das 15:28, voute dicir só isto: Abrazate forte e querete máis aínda, non desesperes e pecha os ollos, que eu te mando o meu abrazo cargado de forza e gañas de espertar ó día seguinte pensando que será un día grande, especial e cheo de bos momentos.

Saúdos a tod@s.

Anónimo dijo...

Lendo os mails destes días sintome reconfortada, por fin parece que hai xente qué falta de cousas da vida, cousas que todos temos arredor e nos afectan dunha ou outra maneira.
Alégrome de ver que a xente ten problemas, decepcións, recordos e alegrias de verdade, e non fagan un disgusto dun gran na cara.
Sigamos loitando e dandonos forza uns a outros, unha aperta para todos.

Anónimo dijo...

a ver si o pater marcelino se digna escribir un relato no blog,que non sexa todo ir de papatoria e levar ós amiguiños