Non tódolos recordos que rodea ao intituto de Boiro son unha área máxica de contos de hadas, algúns xa o sabedes e o deixástedes na escrita. Non todo é tan nostálxico como miña prima a administradora do blog relata nesta súa casa. Eu vouvos a contar a miña curta historia. Unha historia de encontro co centro estudiantil mencionado.
Corrían os últimos anos da década dos ochenta ou os primeiros da do noventa (a memória sempre me flaqueou. “La memoria es la inteligencia de los tontos” segundo Marco Tulio Cicerón) e decidín matricularme en COU en Boiro.
Había estudiado en Ribeira. Nunha Ribeira emerxente con gañas de erexirse a capital do Barbanza. Unha cidade a desenvolver con alunos e alunas drogadictos, con manifestacións a cotío, e todo o que se dixo, pero con profesores que trataban aos alun@s moi dignamente, coma persoas que éramos… Pero ben, seguirei en Boiro para non alonxarme da historia.
Lembro que Filosofía (empezamos polos presocráticos) dábanola un mestre chamado Pepe que ademáis era o noso tutor (segundo os meus compañeiros un tío moi legal) Un dos primeiros días que chegou á clase señaloume co dedo e con voz impenitente de inquiridor exclamou: “Ti, abre a persiana”, supoño que pola miña proximidade á cinta de apertura. Eu, sen moverme, mirando coma ao despectivo repliqueille: “Ábrea ti, homiño, ou senón chama ao conserxe que a veña abrir el”. Como non se esperaba a contestación quedou sen saber que dicir cun sorriso artificial. Ao fondo da clase oíuse un murmuriño infantil “mimá o que tal lle dixo”. Non faltou que apresurado abreu a persiana.
Outro día chegou á aula e dixo: “A ver, hai que elexir un delegado e un subdelegado” e acto seguido sinalou aos dous máis perto a el e rematou: “ti vas a ser o delegado e ti o subdelegado”. Todos calaron e deron por boa a elección democrática. Todos non, eu soltei un “que paiasada máis grande” e coido que abandonei a aula.
De tódolos xeitos sentía que o trato cos profesores (a meirande parte deles, porque tamén os había moi decentes) era un trato dun adulto a un neno pequeno. Semellaba que regresara na máquina do tempo ao meu pasado cando cursaba EXB. Non daba crédito como podían tratar así aos alunos, de feito llo teño comentado a moitos dos meus compañeiros.
Pero iso non era o que eu quería contar aquí. Unha mañán fría de inverno coas mans nos bolsos dos pantalois, por non sacalas á intemperie, agardei a que dous cativos abriran a pesada porta da entrada. Cando o fixeron apureime a entrar. Ao traspasar a soleira chegou um home increpándonos: “Fóra de aí, fóra, vós non sodes deste instituto”. Os outros dous saíron escorrentados para o exterior desandando o camiño. Eu enfrenteime a aquel energúmeno que seguía proferindo improperios e díxenlle con ánimos calmados: “Mira, homiño, vamos a ir á secretaría e alí comprobas se estou ou non neste instituto”. Casi instintivamente nos diriximos á fiestra da secretaría a preguntarlle a unha rubia que era (se mal non recordo) de Cesures que tiña de todo menos cerebro. “¿Este chabal estudia aquí?” A rubia, mirándome polo rabiño do ollo conclueu: “Non”. Eu, xa medio cabreado saquei o DNI e arreboleillo de mala gaña. “Busca en COU – A, rubita”. Despois de buscar dou coa miña ficha. “Ai si,si, está aquí”. Ben, pois lonxe de retractarse e pedirme perdón segueu rebuznando: “Bueno, ti serás, pero os dous amigos teus non”. Xa non quixen engadir máis senón acabaría pegándolle unha patada. Cando ía subir as escaleiras ollei para os nenos que estaban fóra e coa pesada porta entreaberta, “é que nós tamén estudiamos aquí”, dixéronme agardando que os salvara desa situación. Seguín subindo. “Espabilade que xa tendes idade”.
Xa no recreo, na aula 10 (para que nos entendamos, na cafetería de Angelita) tomando un bocadillo cos meus amigos entrou pola porta o persoeiro da primeira hora da mañán. Tan pronto o vin pregunteilles en voz alta: “¿Quen é este figurín?” Os meus amigos baixaron a cabeza e con voz baixa e nerviosa contestáronme: “É Rodrigo, o director” Sin amilanarme e con máis carraxe ca nunca gritei todo o que puden: “!Vaia director máis ghilipollas temos que en vez de dirixir o instituto exerce de bedel!” Cando mirei para a porta xa se marchara.
Con isto non quero dicir que as cousas non melloraran e que Rodrigo no sexa unha excelente persoa, pero ás veces, as cousas non son como suceden senón como a sensación que nos deixan non corpo.
Por certo, Ramón Laíño, decirche que sempre che admirei pola túa sinceridade aínda que agora pasamos un frente ao outro e nin nos saudemos.
Ángel M. Abalo.
Nota Administrador: Todos os artigos que nós chegan lémolos sempre e tamén os publicamos, e cando algún artigo alude a algunha persoa e a nomea sempre facemos o posible para que os aludidos poidan lelo antes e teñan sempre dereito de replica.
O único que queremos é que sempre que se aluda a alguén se faga dende o respecto como dixemos dende o primeiro momento.
25 comentarios:
Parece que vostede ten un EGO...PERO QUE MOI EGO.....sen dúbida os feitos aconteceren tal como o conta; e direille que asi o creo porque vista a súa SUPERIORIDADE sobre calquer outra persoa ou cousa reboza por todas partes.
Efectivamente, en ningun sitio, todo é color de rosa (qué máis quixeramos!!!)Nin profesores nin alumnos son representantes da perfección: só se pretende trazar un camiño xuntos para achegarnos o máis posible a un estado de sabiduría ou como mínimo de formación e de educación.
Pero pola súa forma de expresarse tampouco vostede era un alumno ó que un profesor lle gustase dar nin ter na clase. E non fai falla coñecelo ( non creo ter ese placer) para deducir que vostede é un provocador resentido...
est tío non foi moito tempo ó instituto, nótase que en ribeira educaronno ben
Saúdos ós da UMAD
Eu penso que hai que intentar ser, polo menos en primeira instancia, comprensivos cos erros dos demais. Si o director comete o erro de querer botar fora a un alumno por non recoñecelo, o alumno debería replicar con EDUCACIÓN e non con altanería despreciativa. Acordádevos do episodio que contou Carlos Muñiz sobre a exquisitez do primeiro xefe de estudos, José Antonio Viña, que nos da unha lección de comportamento. A boa educación é moitas veces (pero non sempre) a palanca que endereita as situacións e o salvoconducto mais eficaz. Hai que intentar sempre en primeiro lugar ser respetuoso, amable e cordial. Probade esta receta e asombrarédesvos do que se pode conseguir deste xeito. O recurso á confrontación debe ser sempre o último.
De onde saiu este individuo??
"Rubita"-"figurín"- Como para pedir explicacións está el.
Bueno, polo menos vemos que do instituto saiu xente de todo tipo de calañas
Por lo menos él cuenta su experiencia y da la cara. No se esconde el anonimato.
Sí, sí. Cara salta á vista que non lle falta, está ben surtido :) , non ten problemas de timidez. Por outra banda, resulta gracioso que algún critique eso que a xente se exprese baixo o escudo protector do anonimato e, precismante, él (ou ela), o diga como anónimo. Ante todo un pouco de coherencia. Non critiques que outro escriba como anónimo si ti fas o mesmo!!
Agradécese a exposición destas anécdotas, que de todo ten que haber na viña. Agora ben, parece como si Angel Abalo o estivera contando sen facer ningún tipo de autocrítica, incluso depois de todos estes anos que pasaron e de estar xa ben metido na madurez. Enténdese que se sentira molesto pola orde descarnada de baixar a persiana, pola maneira de escoller delegado, e polo intento do director de botalo fóra ó non decatarse de que era alumno do centro, pero resulta de todo punto INTOLERABLE que falara do director en voz alta na cafetería empregando términos como “gilipollas” , “figurín” e “homiño”. Por non mencionar eso de referirse á administrativa como “rubita” que “tiña de todo menos cerebro”. Supón, estimado Angel Abalo, que esa administrativa está lendo este blog e ve como, hoxe en día, te estás referindo a ela como “rubita con pouco cerebro”. ¿Cómo podes ter a arrogancia e o pouco decoro de insultar á xente así? En fin, polo menos o teu escrito da que comentar…
Só recordar que daquela no IES había preto de 750 alumnos.....como para saber o nome e a cara de todos eles...
Para reclamar o NON anonimato hai que praticalo...
amigo Abalo, eu tamen fun a Ribeira, e o de "usted no sabe con quien está hablando" funcionaba moito.E desde logo, se calquer profesor ou administrativo oira algúns dos comentarios que ti lle adicaches en Boiro, podeche asegurar que as duas semaniñas de expulsión tiñalas gañadas.
Creo amigo Abalo que non hai que confundila velocidade co touciño, asi nos vai hoxe en día cos rapaces, todos son dereitos, pero deberes ben poucos, Os profesores coma os pais no poden ser colegas, e digocho porque eu fun as duas cousas e sei moi ben do que falo.
Non quero facer mais sangue sobre o escrito deste home, pero resúltame irresistible engadir unhas cantas reflexións mais ó que xa se comentou. Mais alá da literalidade dos intercambios verbais que Abalo tivo aqueles días con profesores e administrativa do instituto, que serían como fosen, o relevante para min é a “literalidade” das palabras que usa hoxe en día para contar o asunto. Cóntao, non sei se orgulloso do acontecido, pero sí en certo sentido satisfeito do seu comportamento naquela época. Para este home que hoxe non debe andar lonxe dos 40 anos, parece ser que resulta adecuado que un rapaz de COU se referise a un profesor decíndolle “…ábrea ti, homiño, ou se non chama a…”, ou ó director decindo, cito textualmente: “…enfrenteime a aquel energúmeno…”, “…segueu rebuznando: bueno, ti serás pero…”, “…non quixen engadir máis senón acabaría pegándolle unha patada…”, “…¿Quén é este figurín?...”, “…Vaia director mais gilipollas temos…”. E da administrativa fala como “…unha rubia que tiña de todo menos cerebro…”
Lamentable, desde o meu punto de vista. Independentemente dos feitos dos que se queixa o señor Abalo, éste perde toda a lexitimidade que poidera ter ó expresarse deste xeito. O alumno pode e debe manifestar as queixas que teña, pero sempre con educación. Ó profesorado perdéuselle moito respeto últimamente, pero non esperaba que algúen da nosa idade se expresase deste xeito nun foro que precisamente leen algúns profesores. Non se trata de “venerar” ós profesores, senón simplemente de respetalos, non insultalos, estar en silencio cando intentan dar clase, non presumir de non saber, etc. Xa resulta bastante dificultoso tratar á adolescencia de hoxe en día como para que xente con idade de ser seus pais falen con semellante falta de tacto do profesorado.
Este artículo está cheo de erratas, a ver si a próxima vez o repasamos antes de publicalo. O "individuo" di que estaba na cafetería cos seus amigos, jajaja, eso e... MENTIRA. Este tipo non pode ter amigos nin en soños.
Eu gardo bos e malos recordos tanto de profesores como de alumnos pero, por favor, que xa pasaron 25 anos, A VER SI MADURAMOS
A verdade como mestre non me gusta a actuación do Sr. Abalo,non parece un exemplo a seguir as pautas de actuación nen con Rodirgio, nen con Juanjo ou coa secretaria,..... as súas razón tería para actuar así, pero as formas distan moito de ser correctas.
recordo a éste alumno e tamén me acordo de algunhas das cousas das que fala,que son mentiras.
bueno,polo menos xa temos unha pouca salsilla outra vez no bloc,que xa todoera monótono e só o salvaba algún dos escritos de luis
a verdade e que a rodrigo,naquela epoca de director,subíranselle un pouquiño os fumes
Eu non coincidín no instituto con ese alumno pero, seguindo na línea que apunta o comentario das 22:59, non me extrañaría que esas anécdotas que conta estivesen un pouco "adornadas de mais", para facernos ver canta "valentía" hai nesa alma de Angel.
Joder , canta valentía tiña ese chaval para ter só vinte e tantos anos,supoño que sería o abuelo do instituto por ese tono de condescendencia que usaba co personal.
Mira que chamarlle gilipollas a Rodrigo, xa hai que ser valiente, co agresivo que é Rodrigo
Na miña humilde opinión, paréceme incluso discutible que debera ser publicado neste blog un artigo con insultos directos como "gilipollas" ou "energúmeno" a unha persoa citada polo seu nome. Cando menos, o artigo debería ser devolto ó seu autor para que o limpase de insultos antes de ser publicado, tal como demanda o mais elemental libro de estilo.
Como o mal xa está feito, non nos queda outra que entreternos cos comentarios.
¿Alguen coinsideu con este chaval?
E serto que houbo bos e malos momentos pero xa pasou moito tempo, imagino que todos suspendemos algunha e que en algun momento tuvemos algun problema pero non creo que fosen tan graves coma para poñerse asi e mais pensando no tempo que pasou, eu acordome de cousas chachis e tamen dalguns profesores que me suspenderon, pero non creo que ningun me dese tanto a lata.
E imagino que en todos os institutos haberia de todo, digo eu.
E digo eu que se tan ben estaba en Ribeira porque se veu para Boiro, non entendo esto.
Sodes uns polemistas de carallo,
hai artículos con moita calidade e ni puto comentario,,, pero en canto un ladra un pouco, todos a replicar.
Non estaría de máis que puxerades comentarios en todos os articulos, non só na Salsa Rosa.
Non estou dacordo contigo. Este artigo de Angel Abalo non é o que mais comentarios acumula neste blog, e non será por falta de méritos, porque pode decirse que acumula mal gusto, falta de respeto e bravuconería barata a partes iguais.
Bota un ollo ós que hai dende hai un par de semanas, escritos máis interesantes e con máis calidade quedaron desertos, e este , só por insultar,acapara a atención de todos.
Non estou negando que haxa artigos bos no blog que se comentan pouco, simplemente reafirmo a pertinencia dos comentarios a éste, precisamente porque hai insultos e falta de respeto. Non é “Salsa Rosa”, non son cousas que escoites pola rúa e que quedan ben pagadas ca indiferencia. Están escritas e publicadas e, polo tanto, escrita e publicada ten que quedar a réplica. Tamén tes que comprender que este tipo de cousas lles poida molestar a uns mais que a outros. A min particularmente disgústame que un tipo de 40 anos se poña a contar “batallitas adornadas e aumentadas” insultando e faltando ó respeto á xente. Que un rapaz de 17 anos bromee nunha reunión de amiguetes chamándolle gilipollas ou energúmeno a tal profesor é perfectamente comprensible, faltaría mais. Pero que o faga un adulto nun foro creado polo 25 aniversario dun centro educativo, e sabendo que o van a ler algún dos que menciona no seu artigo, xa é fariña doutro saco. E paro xa, que aínda que o tema mereza comentarios todo ten un límite.
Totalmente dacordo co anónimo das 10:18 h.
Publicar un comentario