domingo, 16 de noviembre de 2008

O CAMBIO CLIMÁTICO por Mary Hermo.




Eu non son unha experta na materia pero gústame ler sobre o tema, e fíxome nos cambios que se producen na terra, non vou dar unha lección de ecoloxía nin nada que se lle semelle, tan só vou facer unha pequena disertación sobre o tema dende a miña visión persoal.

O dióxido de carbono e outros gases quentan a superficie da terra, atrapando así o calor solar na atmosfera.. Isto é bo porque fai que o noso planeta sexa habitable, pero sen embargo, o exceso de dióxido de carbono non é bo, pois queimando hidrocarburos, gas, aceites, cortando arbores indiscriminadamente e queimando montes prodúcese un incremento desmesurable do dióxido de carbono na atmosfera e tamén se incrementa notablemente a temperatura desta.

A gran maioría dos científicos esta de acordo que o quecemento global é un feito real, e que xa esta sucedendo e que esta producido polas mans dos humanos e non é un proceso natural, a evidencia é abrumadora e innegable.

Xa estamos vendo os cambios. Os glaciares estanse derretendo, e as plantas e os animais vense obrigados a deixar o seu hábitat natural, o número de tormentas e sequías severas esta en aumento.

O número de furacáns de categoría 4 e 5 case se duplicou nos últimos 30 anos.

O xeo dos glaciares de Groenlandia derreteuse e ten máis do dobre de auga líquida que fai dez anos.

Polo menos unhas 280 especies de plantas e animais están respondendo a este quecemento.

Incluso a malaria se propagou a latitudes máis altas, como nos Andes Colombianos.

Todo isto xa se esta vendo no noso planeta, ata nós mesmos notamos este cambio.

Pero o peor de todo serán as consecuencias, que poden ser moito máis dañinas do que pensamos.

En 25 anos poderían duplicarse o número de mortes provocadas por este quecemento.

Os niveis do mar poderían aumentar pola perdida da capa de xeo de Groenlandia e da Antártida, devastando centos de poboacións costeiras o longo de todo o mundo.

As olas de calor serán máis frecuentes e moito máis intensas, provocando o incremento no número de mortes.

As sequias serán moito máis intensas e frecuentes, e como non devastadoras.

No 2050 o xeo do océano ártico pode desaparecer, e máis de un millón de especies poden estar en perigo de extinción.

E nas nosas mans esta resolver este problema, ata creo que estamos obrigados moralmente a facelo, pois que lle vamos deixar ós nosos fillos, que o que lles espera con este futuro, co planeta que lle deixamos, non credes que terán xa bastante con buscar traballo, como para ter enriba deles un planeta destrozado por nós mesmos, veña compañeiros poñamos o noso grao de area para que esto cambie para mellor.

Uns consellos para votar unha man, entre todos podemos logralo:

  • Usar lamparas de baixo consumo.
  • Usar menos o coche, usa a bicicleta ou o transporte público.
  • Mantén a presión dos neumáticos, pois así aforrase un 3% do combustible
  • Reciclar todo o que se poida e levar o resto a un punto limpo.
  • Usa menos auga quente na ducha ou no baño, non laves a roupa con auga quente.
  • Apaga todos os aparellos eléctricos, o televisor, o dvd, o ordenador; esa luceciña que queda acesa consume máis do que pensas.
  • Lémbrate de plantar unha arbore.

Agora comentade cal é a vosa opinión sobre todo isto, dicide se estades dispostos a facer algo para evitar ese futuro que se achega, e que vai facer deste un planeta inhabitable para a raza humana co paso do tempo, e logo a ver a onde vamos, ou a onde van os nosos fillos ou os nosos netos, e certo que o final ten que ver co progreso, pero creo que o progreso non esta reñido coa supervivencia do planeta, debemos concienciarnos e tamén debemos concienciar ós nosos descendentes.

Mary Hermo.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

É unha magoa que lle deixe aos meus fillos unmundo e unha calidade peor. Co cachiño de responsabilidade que teño só me queda entonar un "mea culpa".
Rodrigo

Anónimo dijo...

A miña aportación ó cambio climático fágoa tódos-los domingos cando veño de tomar os callos do Bocacho, polo tanto culpade a Isabel.

Anónimo dijo...

Luis, desta vez ghaneiche.

Anónimo dijo...

pois eu xa non necesito os callos de isabel,para aportar bastante ó cambio climático

Anónimo dijo...

penso que non é verdade eso do cambio cllimático,estou con aznar

Anónimo dijo...

pois eu creo que si cambia para que en galicia teñamos máis verán,mellor

Anónimo dijo...

Pois eu non cría no cambio climático ata que oín a Aznar decir que era un contubernio. Fóra coñas, desde estón estou preocupado. Éste home ademáis de resultar un político infame tén a dudosa virtude de afirmar o contrario do que acaba sendo real. (tamén é certo que si non leva a contraria non se acordaría dél nin Pedro J.)

Anónimo dijo...

Aparte do de Aznar, está o primo de MARIANO, que tampouco cree no cambio climático.
Eu creo que é unha trola como o da auga imantada, ou o de Sara-mago, eu estiven con Sara e o único mago era eu.
Me voy que tengo que ir A ZeNAR.