Unha vintena de nenos con problemas espera unha adopción en Galicia XULIO PÉREZ / VIGO
Un grupo de tres irmáns, unha adolescente, unha nena pequena con eiva… Poucas veces estes perfís parécense ó que en principio imaxina, ó que quere unha familia cando decide medrar e abrir as portas a un novo fillo que chega de fora. Xunto á adopción dentro do estado e tamén a nivel internacional convive unha terceira opción que implica, se cabe, unha aínda maior dose de xenerosidade. A de acercarse ós programas de adopcións especiais. En Galicia hai 17 menores ós que lles costa especialmente atopar un fogar porque veñen da man doutros irmáns, porque teñen algún tipo de discapacidade física ou psíquica ou, simplemente, a idade convértese nunha barreira porque deixaron xa de ser nenos. Cada vez hai máis persoas na comunidade que se interesan por acollelos, o que permiteu que nos derradeiros dous anos se dese unha oportunidade a 11 pequenos que estaban nesta situación.
"Non é un traballo fácil –explica María Xesús Lago, secretaria Xeral do Benestar da Xunta-, nin tampouco rápido. Estes casos requiren actuacións moi especializada se os números son o de menos. Podería parecer que 11 adopcións son poucas, pero é todo un éxito”. É obrigatorio vixiar a situación destes nenos, que viven nos centros de menores da comunidade. Ata que chega o “grande momento”. “Para eles, é a última agarradeira”, lembra Ángel Martínez, presidente da Asociación Arela –www.asociacionarela.org, 902404224-, que xestiona man a man coa Administración galega o programa de adopcións especiais “Buscámoste at i”. Desde novembro de 2005, cando se puxo en marcha o plan, 190 galegos solicitaron información sobre os trámites. "Moitos se quedan polo camiño", recoñece Martínez. O proceso non é sinxelo. O querer e o poder non sempre van xuntos. “Ó principio hai que facer unha reflexión moi profunda con eles –conta-. Despois da primeira entrevista, se seguen adiante, organízase un segundo encontro na súa casa, para coñecelos máis a fondo”. O seguinte paso, catro sábados “de formación” con outros solicitantes e cunha familia que xa adoptou e que lles conta “o rosa, o bonito, pero tamén a parte máis complicada”. Logo, un ano de acollemento preadoptivo, antes da integración plena.
Entorno "axeitado"
Hai que estar “absolutamente seguros” de que o entorno social e afectivo é o axeitado. Sen que os menores o saiban. Eles non poden enterarse de anada ata o final para non levantar falsas expectativas e provocarlles ansiedade. Algúns “levan anos” esperando nos centros. Polo camiño quedáronse algo máis dun 60% dos que chamaron para informarse. Unha trintena chegaron a concluír os cursos formativos. O esforzo merece a pena. “Cando se encontran, os nenos chámanlles directamente mamá ou papá, anque non o sintan todavía. Necesítano e mórrense de gañas de facelo”, asegura Martínez. “Estamos notando que cada vez demándase máis información sobre eles –di María Xesús Lago-. Xente que merece toda a nosa consideración porque si é certo que estas adopcións teñen detrás moita xenerosidade”. Todas as partes responsables e implicadas queren mandar unha mensaxe clara: estes menores poden integrarse “perfectamente”. É certo que “non calquera neno vale para calquera familia”. Hai que “encaixalos”, coinciden Lago e Martínez, porque é “tan importante que saian do centro como que se queden cos seus novos pais”. Ata agora, ningún dos adoptantes se arrepinteu.

2 comentarios:
Observo que hai familias adoptivas que aparte dos seus fillos naturais, cheghan a façerse con máis nen@s, sumando unha chea de membros na familia.
E incluso, hainas que tendo alghún membro con problemas de eiva física ou psíquica, adoptan casos de acollida ou adopçión con estes problemas.
¿Será realmente xente xenerosa e caritativa, ou é unha tolada e masoquismo que á largha lles trae problemas e sufrimentos ós críos adoptados e en xeral a todo o seu conxunto?
¿Calidade humana, ou calidade de masocas con frustraçión posterior para tódalas partes?
Que xente máis apagadiña, parece que quedara o planeta totalmente deserto.
Publicar un comentario