Quen se atreve a ter un proxecto na súa vida, quen ten o valor de deixalo todo para vivir a súa Lenda Persoal, acabará logrando os seus obxectivos. O importante é manter o lume no corazón, e ter resistencia para superar os momentos difíciles.

Lembren: o desexo que están a nosa alma non veu da nada; Alguén o puxo alí. E este Alguén, que é puro amor e so desexa a nosa felicidade, so fixo eso porque nos dou, xunto ó desexo, as ferramentas para facelo realidade.

A subida arriscada

Durante unha tempestade, o peregrino chega a un albergue, e o dono pregúntalle a onde se dirixe.
- Vou ás montañas-responde

-Esquézao – di o dono. É unha subida perigosa, e o tempo non acompaña.
-Irei de tódolos xeitos –responde o peregrino-. Se o meu corazón xa chegou alí, non será difícil que este corpo o siga.

¿Cal é o prezo?
-¿O prezo de vivir un soño é moito maior que o de vivir sen arriscarse a soñar? –preguntou o discípulo.

O mestre levouno a unha tenda de roupa. Alí, pideulle que se probase un traxe que era exactamente da súa talla. O discípulo obedeceu, e quedouse maravillado coa calidade da roupa.
De seguido, o mestre pideulle que se probase o mesmo traxe, pero dunha talla moito maior á súa. E o discípulo así o fixo.
-Éste non serve. Estame demasiado grande.
-¿Cánto custan estes traxes? –preguntoulle o mestre ó vendedor.
-Os dous teñen o mesmo prezo. So se diferencian na talla.
Á saída da tenda, o mestre comentoulle ó seu discípulo:

-Vivir o soño, e abandonar o soño, tamén ten o mesmo prezo, moi caro en ámbolos casos, xeralmente. Pero a primeira actitude lévanos a comulgar coa mesma miragre da vida, mentres que a segunda non nos serve para nada.
A búsqueda do camiño
– Estou disposto a deixalo todo. Por favor, acépteme como o seu discípulo.

– ¿Cómo escolle un home o seu camiño?
– A través do sacrificio. Un camiño que esixe sacrificio é un camiño verdadeiro.
O abade tropezouse cunha estantería. Un xerrón rarísimo saltou do seu lugar, e o xoven botouse ó chan para agarralo. Caeu cunha mala postura e rompeuse o brazo, pero logrou salvar o xerrón.
– ¿Qué sacrificio é maior: ver o xerrón feito anacos, ou romperse o brazo para salvalo?
– Non o sei.
– Nese caso, non pretendas que o sacrificio determine a túa elección. O camiño elíxese pola nosa capacidade de comprometernos con cada paso que damos mentres o recorremos.
O discípulo embriagado
Un mestre zen tiña centeas de discípulos. Todos oraban cando había que facelo, excepto un que se pasaba o día borracho.

O mestre foi envellecendo. Algúns dos discípulos máis virtuosos comezaron a discutir quen sería o novo líder do grupo, quen acollería os máis importantes secretos da Tradición.
Na véspera da súa morte, sen embargo, o mestre chamou ó discípulo borracho e transmiteulle a el os secretos ocultos.
Un auténtico sentimento de rebelión apoderouse de tódolos demais.

-¡Qué vergoña! – berraban polas rúas -. Todo este tempo sacrificámonos por un mestre equivocado, que non sabe valorar nosas cualidades.
Escoitando o barullo que había fora, o mestre moribundo comentou:

-Eu necesitaba transmitir estes secretos a un home que conocese ben. Todos meus alumnos eran moi virtuosos, e so mostraban as súas cualidades. Eso é perigoso, pois a virtude en moitas ocasións serve para esconder a vaidade, o orgullo, ou a intolerancia.
Por eso elixín ó único discípulo que coñecía realmente ben, posto que podía ver a súa debilidade: a bebida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario