martes, 27 de octubre de 2009

DESENVOLVEMENTO INTERIOR


Temperamento e actitude



CONTROLE A CARRAXE



Sobre todo como pai de familia, a carraxe pode ter consecuencias moi graves se non sabe controlar. Corre o risco de afectar relacións coa súa parella, pero, sobre todo, abre a posibilidade de darlle ensinanzas equivocadas e negativas a seus fillos.


Se quere manter un ambiente cordial na súa familia e educar a seus nenos de xeito que non aprecie na violencia como resposta ós problemas da vida, debe tomar certas medidas e nunca perder a cabeza.



A imitación infantil




Sempre se discute de onde sacan os nenos un comportamento agresivo. A pesares de que interveñen moitos factores, o principal está en vostede mesmo.



Os nenos, desde moi pequenos, moldean a súa persoalidade segundo o que encontran no seu derredor, o comportamento violento sóese desenvolver desde idades de moi cedo polo que depende de vostede guiar a seu fillo por un mellor camiño. O mellor xeito de facelo é comportándose como quixera que eles se comportaran. Os pais son os principais modelo sa seguir dos nenos polo lazo biolóxico, polo tempo de convivencia e pola idealización que levanta ós pais á categoría de ídolos.



Así, o seu neno ve o seu comportamento constantemente e trátao de imitar. Para mostrarlle o mellor, non basta con falarlles sobre a carraxe e o control do mesmo, senón que debe facelo con feitos.



Predique co exemplo






Se se envolve nun pleito ou discusión que lle xenera sentimento de carraxe, evite explotar e mostrar condutas agresivas. Véxao como unha grande oportunidade para probarlle a seu fillo que hai mellores saídas que a violencia.



Racionalíceo ó máximo e opte por un ton e un vocabulario sutiles, que busquen o consenso. Esto é fundamental, sobre todo, nunha pelexa coa súa parella. O peor que pode ver un neno é ver discutir violentamente a seus pais. Se se chega a haber un conflito, endexamais dea sinais de que se falta ó respeto ou que se perde o cariño entre ambos. Léveo a unha discusión máis cordial.



En caso de que sexan inevitables un cabreo e unha discusión moi fortes, o mellor é alonxarse do lugar onde estean os seus fillos, asegurándose de que desde aí non se escoiten as voces e os berros que podan provir daí.



Se o enfado é co seu fillo, o control é aínda importante porque, aparte de espertar a violencia nel, pódense xerar resentimentos en contra de seus pais se é que non se trata axeitadamente.



Por máis que fixesen un mal moi grande, nunca explote ó grao de chegar ós berros esaxerados, ás groserías e ós golpes.



Se se chega a tal extremo nestas situacións, o neno verá que calquera problema pódese arranxar pola mala, é dicir, con extrema violencia ee so reflectirao tanto con vostede como coas demais persoas.



En caso de terlle berrado ou magoado, non ten mais que emendar o seu erro na medida do posible. Cando estea mais tranquilo, non tema acudir xunto o seu fillo para pedirlle desculpas e explicarlle por que pasaron as cousas, deixando ben claro que non está ben reaccionar así.



Técnicas de autocontrol no momento







É inevitable sentir carraxe de vez en cando, pero si pódese previr unha reaccion negativa que se orixine del. Para logralo, existen sinxelos métodos como os seguintes:




Resolución do problema.


Esta técnica é mais complicada pero moi efectiva se se aplica ben. Necesítase unha análise crítica da situacion para identificar o problema específico que o fixo cabrear. Se o resolve ou se da conta que non é tan grave, estará arrincando o mal do cabreo de raíz.



Charla a solas. Falar consigo mesmo fai que coas palabras se desafogue o enfado. O mellor é que esas palabras quédanse para vostede e non danan a ninguén mais. En casos estremos tamén pode berrar para ceibar a presión da carraxe, claro sempre e cando, estea no lugar correcto.



Diante da tempestade a calma. En caso dunha situacion de enfado a nivel grupal, o mais sabio que pode facer é manterse calmado e escoitar o que din os demais.


Como vostede é o único escoitando coa mente fría, pode evitar discusións inútiles, identificar os conflitos e tratar de solucionalos.



Conteo. Contar números ou obxectos á vista permítelle alonxarse do sentimento do malhumor e relaxarse nun patrón fixo e monótono. Esta é unha das tecnicas mais populares e mais efectivas a curto prazo.



Solucions saudables





Hai formas para conducir ós seus fillos polo mellor camiño.


O sentimento da carraxe pode quedarse sen consecuencias graves, sempre e cando, se adopten medidas para proxectalo positivamente.



Aceptación. Endexamais poña en entredito a natureza e a necesidade do cabreo. Axude ós seus fillos a ver que é algo moi humano co cal teñen que lidiar. Doutro xeito é perigoso porque absorber e evadir os enfados significa acumular unha presión que posteriormente se libera con peores reaccións.



Intelixencia emocional. Ensine ós seus fillos a identificar e expresar os seus sentimentos. Faga exercicios específicos e cuestíoneo constantemente sobre as súas emocións para que aprendan a aprecialas e como tratalas.



Desafogue físico. Para liberar a carga de enerxía negativa que produce a carraxe, propoña ós seus fillos actividades como correr, patear ou arrebolar unha pelota con forza, etc. o agotamento físico diminúe o cabreo.



Expresión. Unha das razóns principais da arte é a de expresar emocións. Encamiñe a carraxe dos seus fillos por esa vía, incitándoos a escribir un conto, facer un debuxo ou unha pintura, cada vez que o experimenten.



comunicación. Falar sobre os problemas que ocasiona o enfado leva a entendelos mellor, incluso a minimizar a sua carga e a sua importancia. Impulse ós seus fillos a que recorran ó diálogo, xa sexa con vostede ou cos seus amigos.



Bo humor. Se se toma da mellor forma, a carraxe pode ata provocar risa. Ensine ós seus fillos a ver as cousas positivas e a identificar cando as razóns do enfado son absurdas. Deste xeito, tomarano de bo humor e asimilarano mais axiña e mellor.



Tempo fora. Se se está moi alterado, débese ir á habitacion e estar so durante uns minutos para que chegue a calma e se inicie o dialogo. A tecnica do tempo fora busca sacar de contexto á persoa para que baixe o enfado pouco a pouco e reflexione acerca do xeito en que se reacciona nunha situacion dada. É importante ensinar a meditar e a darse conta das súas actitudes fora de control, eso debe facerse en privado e despois de que pasou a crise.


No hay comentarios: