sábado, 24 de octubre de 2009

OS TEUS OLLOS



Ten a serea o canto

i a serpe o alento,

o lago ten a onda,

Dios ten o inferno.

Ti tes dabondo

co que tes escondido

neses teus ollos.


O trono dos monarcas,

do sabio os trunfos,

a groria do poeta,

o ouro do mundo:

dera eso todo

por sólo unha mirada

deses teus ollos.


Buscan os pitorreises

pra faguer niño,

a herba santa que nace

beira do ríos.

Eu busco sólo

unha mirada meiga

deses teus ollos.


Cando se pon a lúa

tras d’os penedos,

choran as estreliñas

todas d’o ceo.

Tamén eu choro

cando non m’alumean

eses teus ollos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Gustaríame saber quen é o autor ou autora destes poemas que tan só levan o título como este ou o seguinte. Decidenos quen os escribe, por que está claro que eu non o fago.