Millo verde, millo verde. Eleghante e fermoso cabaleiro de braços abertos que, como arcano mensaxeiro trasçendes e, surcas o tempo.
Planta divina creada e, enviada desde as alturas da fermosura de todo ánimo elevado, para ser loghrada co amor e traballo do home, máis alá da supervivençia que pretenden.
Semente transportadora do teu ser, encovada na terra traballada e estercada, que alcançarás a lus co brotar do teu tallo.
Sobre o chan que che abrigha, pasará a ghrade co encarreirar dos seus dentes, peiteando e achandando o teu sustento.
Criatura conçebida das túas entrañas, onde xurdes visible ighual que un reçén naçido buscando a claridade á que aspira o teu ser creado.
Do teu naçemento, préstanse coidados esperados ós que hai que atender. Así o sacho, limpará e removerá a terra, para o teu creçemento.
Co decorrer do tempo, convérteste en planta limpa e lançal. De quen atraídas por ti, apareçen e inçan viçiños menos nobles e máis ruíns, impedindo o teu desenvolvemento.
Seres con nomes e destinos diferentes: amarghos saramaghos, milláns acaparadoras, incordiantes pulghueiras, molestos pampillos, e cocas invasoras. Inundan o teu espaçio sen ter sido sementados, para quitarche lus, osíxeno e alimento.
A man que che coida e che quere, todo mondará e arrendará. Arrimando a terra ó teu pé, para darche vida e apoio, a fin de alcançar a túa realiçación sen impedimento.
Coa estaçión do calor que cría os pitos, sen choiva caída que molle a túa boca, sécase a terra e, a sede apareçe no teu corpo.
A suor do home, co ançeio de darche vida, abre os reghos por onde outrora, tamén de noite á lus do farol, corría o líquido elemento.
Na búsqueda do teu benestar, por previr a xunghla que che oprime e de ti se aproveita, espallan a verde herba sobre a túa cama, como unha alfombra lixeira de suave manto.
Camiñiños entre o millo que os seus pés enraíçan, como labirintos de sombra onde os nenos se esconden e, os amantes se perden.
Xa na plenitude da túa fortaleça, con todo o seu esplendor manifestado en esghuía e, esbelta torre frondosa, buscas a lus e o aire que ansías ver e sentir no çeo.
Ser etéreo e espiritual, retido en materia vexetal de cor esperança eternidade, que suxeito neste mundo terreal, apuntas incansable ó retorno das alturas que che perteneçen.
Campos ondulantes no frescor do horiçonte, dun mar de verdes follas, dançando ó ritmo do arrolo no soño do vento.

2 comentarios:
Moi ben, Ramon, moi ben.
Xenial, profundo con amor, misterioso e máxico.
Sigue así, sacando do teu interior e expresando o que podas.
Ramón, ese cabaleiro misterioso, con mirada perdida pero sempre atenta a todo o que acontece ao seu redor.
Segue con estes poemas, que de cando en cando deixas saír de dentro de ti.
Non te esquezas de seguir así, sempre te dixen que ti podías.
Unha aperta para tod@s.
Publicar un comentario