martes, 6 de octubre de 2009

FUTBOL, ¿NEGOCIO OU DEPORTE?



Hoxe, atopamos unha carta nun xornal. Vai asinada por un compañeiro. Pareceunos unha clara mostra das cousas que están a pasar neste estado. Poucos son os que parecen escandalizarse. ¿Estamos en Crise? Pois tomade "pan e circo", perdón, tomade "circo".


Non é habitual que unha organización sindical se meta en temas deportivos, de fútbol en concreto, pero o diñeiral que se gastou un clube de fútbol fai que non podamos pasar por alto este asunto. Por indecente.


Porque indecente é que mentres un estado se desangra en parados e en taxas de pobreza case africanas (en España hai 2.192.000 familias nas que viven 8.509.000 persoas que viven baixo o umbral da pobreza, e segue aumentando, segundo Cáritas) se gasten casi 100 millóns de euros na contratación laboral dunha persoa que, no mellor dos casos, ten unha vida “laboral” de 5 anos por diante. O presidente de ACS, Florentino Pérez, seguro que non encontra un traballador nas súas múltiples empresas con semellantes condicións de traballo.


Porque indecente é que mentres o consumo cae polo chan por falla de ingresos nas familias e cunhas expectativas futuras pouco halagüeñas, unha sociedade deportiva improductiva permítase o luxo de gastarse uns cartos equivalentes a varios presupostos de organismos públicos.


Porque indecente é que un país teña máis lectores de prensa deportiva que xeral, que un telexornal lle dedique tanto tempo ó fútbol como á información e formación de opinión das persoas e que gracias a este comportamento inducido se repercuta en prezos de entradas e neso que chaman merchadaising: Primeiro créase a necesidade e logo aprovéitase dela.


Porque indecente é que este investimento, por chamalo dalgún xeito e que é a todas luces inamortizable, ó final se pague con cartos que saen de tódolos contribuíntes xa que estas sociedades deportivas acaban por pagar menos impostos dos que lles corresponderían polo seu patrimonio, obtendo en moitos casos ventaxes económicas outorgadas polos poderes públicos xa que detrás dos clubes de fútbol hai unha grande masas social e potenciais votantes.


Por todo iso, desde esta organización sindical, mostramos o noso rechazo a este tipo de prácticas, alleas do todo ó espírito deportivo, e que so nos mostran o lado máis insolidario e insensible dunhas persoas que como teñen a vida solucionada non se lembran que hai moi perto deles millóns que non, que non poden chegar a fin de mes en condicións dignas.

5 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Está claro que o fútbol é un verdadeiro negocio para uns cuantos, e que todos os grandes clubes teñen debedas co estado é algo coñecido por todos os españolitos de a pie.
Logo claro para loitar contra a crise pasa o que me está a pasar a min e a outras moitisimas persoas que necesitan un servicio tan básico como é unha ambulancia para trasladarse as consultas, tratamentos, etc e teñen que quedar na casa por que hai que facer recortes na sanidade.
Entón eu preguntome por que non fan que eses grandes clubes que non están ó día cos seus impostos non pagan como é debido as súas debedas a facenda e demáis organismos públicos, seguro que aínda por riba obteñen algún tipo de subvención para facer algún deses negocios de compra de xogadores millonarios, ou de compra de outras cousas, vaite ti a saber.
Estou realmente indignada hoxe e empezo a creer que coma sempre os culpables somos nós que acudimos a velos partidos sexa ó campo sexa pola tele, etc, deberíamos plantarnos e non acudir a ningún deporte que sexa un negocio e na que uns poucos se fan de ouro mentres outros morren de fame.

Saúdos a tod@s, e unha aperta forte.

Ramon dijo...

Aléghrome de que alghún medio se puxese en contacto contigho.

De tódolos xeitos, hoxe a partir das oito e pico da mañán envíei de novo a tódolos correos electrónicos de onte por seghunda ves a túa queixa, por ver de conseghuir que os que aínda non se puxeron en contacto contigho así o faghan, e tamén os que sí o fixeron, que non se esquençan de transmitir e recoller a túa demanda.

Oghallá sexa atendida a vosa causa e dos vosos familiares.

Un saúdo e bicos a ti e a tod@s que len o blog.

Anónimo dijo...

O máis carallo é que a ese "traballador" e ós seus semellantes o Sapateraso vailles afectar porcentualmente coma a nos, pero o certo é que nin se van a enterar cando a nós suponnos 480 € ó ano.Por qué non lles afecta máis a este "traballadores" que cobran o imposible para calquera de nós???

Ramon dijo...

Lémbrome de cando a miña saúde mo permitía e podía xoghar de pequeno e de adolesçente, dun xeito individual ou en equipo a calquera xogho daquel momento. Un deses entretementos era o fútbol.

Boa parte do noso brincar, na maior parte das veçes, façíase ó aire libre.

As mellores lembranças que me quedaron no meu ser, falando dos xoghos, eran momentos no que o entorno ou o ambiente atmosférico se dispoñía ó meu ghusto.

Un deses cadros envoltos no tempo cronométrico e atmosférico, representábase e sentíao cando sopraba o vento en ausençia de choiva, e co chan enxoito. O çeo estaba tapado sen visos de sol, pero tampouco sen ameaça de choiva.

En pleno xogho, corrían os compañeiros-as polo campo co pelo ó vento detrás do balón ou do xogho que tocase disfrutar naquel intre. Acompañados por eles, dançaban as árbores nun vaivén açentuado e ladeante polo forte vendabal, cos queixumes dos pinos que semellaban falarnos.

Pareçían as árbores uns compañeiros máis que nos induçían a subir ás súas alturas para estar máis perto das nubes.

As nosas voçes quedaban apaghadas e enmudeçidas polo bruar do aire entre o bosque, e solo a vista nos servían para ver as petiçións e miradas no xogho dos demais amigh@s, xunto coas extremidades que nos façían mover.

Máxica e liberadora sensaçión de liberdade e intimidade nos campos abertos entre a floresta. Non había ghradas ou tribunas con xente arredor, nin berros alleos, nin inxurias ou ofensas foráneas. Todo se coçia dun xeito ghratuito e amighable, sen diñeiro, nin premios polo medio a cambio de algho, so o afán de divertirnos e pasalo ben.

No noso maxín non existían os intereses, a perversión, a dexeneraçión e “criminalidade” dos antighos e modernos çircos romanos, nin os anfiteatros, ....

Nin sequera se nos pasaba pola cabeça a idea de crear neçesidades coma neste caso no mundo do fútbol, e logho aproveitarse delas, adulterando e intoxicando todo. En todo caso, se destacabas xoghando, aparte de pasalo ben cos teus compañeiros, eras alabado polos demais, sen mais pretensións nin intermediarios, quedando satisfeito un mesmo.

Unknown dijo...

http://certo.posterous.com/sanidade-o-bng-pide-explicacions-polo-servizo

O Bng quere levalo ao Parlamento... Nota de hai unha hora