domingo, 11 de octubre de 2009

O QUE SON DIANTE DE TI



Cando estou diante de ti, contemplando a profundidade da túa mirada, esvaézome... o meu orgullo non vale nada, fasme débil con tan so unha mirada e déixasme sen armas e sen protección...e esa persoa forte e dura que soo aparentar esfúmase, quedando fronte a ti tan so co meu corazón e a miña alma espidas como únicas armas e con todos os meus sentimentos a flor de pel...


Diante túa as miñas mans so teñen forza para acariciarche e para tomarte nos meus brazos cando o necesitas...As miñas pernas so serven para que contes con elas cando as túas desfalezan e xa non podas camiñar...Os meu sollos so ven a través dos teus, e da miña boca so brotan os versos máis doces para deletiar os teus ouvidos.


En fin, todos os meus sentidos, as miñas virtudes e verdades, os meus sentimentos e incluso meu corpo e meus pensamentos so viven para ti e para o teu amor...esto é o que son diante de ti...

1 comentario:

Mary Hermo dijo...

Non teño palabras, esto é realmente o que calquera namorad@ pode sentir.

Saúdos e apertas a tod@s e biquiños onde máis vos gusten.