miércoles, 28 de octubre de 2009

A VIDA SOCIAL

Desenvolvemento interior

Incremente a súa vida social


Aumentar ou adquirir unha vida social no é tan difícil como parece. Moita xente fai e conserva amizades sen saber como o logra. Se desde chaval foi unha persoa aberta, entón se lle facilita facer amigos, pero se non é o seu caso e se considera unha persoa tímida ou seria, non quere decir que estea destinada á soedade de por vida.



Todalas persoas poden pertencer a un grupo social se así se o propoñen.


Todo é cuestión de actitude




Habilidades de comunicación ten, todo é cuestión de como o utilice. Sexa positivo.


A actitude con que vexa á vida é o segredo. Pode seguir moitos consellos de como relacionarse con nova xente, pero se non ten esa actitude, esa confianza en vostede mesmo, definitivamente non o logrará.





Tome a vida polos cornos e poña ó optimismo do seu lado.

¿Con quen relacionarse?



Vostede xa conoce xente e debe traballar as amizades ou coñecidos que xa ten, pero se quere relacionarse con xente nova, fora da sua casa ou a sua oficina, hai miles de persoas que en cuestión de días poderían estar con vostede compartindo momentos agradables, todo o que ten que facer é saír e ser parte do movemento urbano, pois a xente sae á rúa. Pode coñecer persoas no ximnasio ou no parque a onde vai correr, no seu mesmo traballo, onde compra o seu café diariamente, en todo tipo de lugares, o segredo é ir disposto a coñecer e a saír do encerro.

A palabra oportunidade, seguido se describe como unha porta aberta, e o mellor xeito de incrementar o número de portas na sua vida, é coñecer e interactuar con moita e de todo tipo de xente.


Considere que incluso a xente que goza de popularidade sofre dalgún grao de ansiedade se se encontra nun círculo social.

Case a diario vostede convive con moitas persoas, moitas das cales pásanlle desapercibidas. Aprenda a coñecer á máis xente posible nese día.


Algunhas recomendacións

1. Vístase para trunfar

Vexa cada día como se fora o mais importante da sua vida e vístase axeitadamente para dito dia. Non importa se ten unha xunta moi importante ou se vai reunirse coas suas amizades ou se, simplemente, vai de compras ó supermercado, que a sua imaxe e a sua vestimenta falen de éxito.


Se vostede da a apariencia de ser importante, así é como os demais o tomarán.

2. Camiñe seguro e con porte.

Andar coa cabeza en alto apórtalle confianza a sua imaxe sen importar que por dentro non se sinta do mesmo xeito, pero para obter a confianza no interior, facelo primeiro no exterior é un bo paso. A xente que camiña con porte, invita mais a que se lle acerquen e é tomada con mais seriedade.


3. Realice pequenas conversacións

Falar con estranos mentres fai fila no banco, pode parecer intimidante nun principio. Pode sentir que a sua iniciativa non será ben recibida. Tome o risco, unha pequena conversacion é unha excelente maneira de empezar unha platica con alguen. Esa persoa podería converterse nunha nova amizade, non deixe pasar esas oportunidades. Pode iniciar a conversacion facendo algun tipo de cumprido, a persoa á que llo di pode responder e asi iniciar a platica, se non o fai, polo menos vostede xa empezou a experimentar o socializar con novas persoas. Trate de iniciar este tipo de conversas, polo menos, unha vez ó día. Mentres mais o intente, mais posibilidades te nde coñecer a alguen con quen logre unha quimica para platicar.

4. Incremente o uso da linguaxe corporal



Varios estudos demostraron que persoas que disfrutan unha mutua compañía están moi ó pendente da linguaxe corporal e moitas veces o ven como un espello, é decir, que quixeran reflectirse na imaxe que voste aporta mentres usa a sua linguaxe corporal.

5. Sempre sexa educado e alegre



Vostede quererá estar con alguén que o faga sentir ben. O mesmo pasa cos demais, así que sempre demostre educacion, disposición e bo humor, sen chegar ó punto de desesperar á xente por querer tratar de quedar ben a toda costa, hai que saber equilibrar.

6. Manteña as relacions

É moi facil perder as relacions anque estas fosen solidas. Polo que é importante mantelas. A excusa mais comun é que non se ten o tempo, o certo é que o tempo o ten, o que pasa é que non se llo da. Todo o que necesita son cinco minutos para facer unha chamada e así manter unha amizade ou unha relación cordial. Asegúrese que lle da seguimento a tódolos contactos que vostede considere importantes, a sua axenda persoal pode axudarlle a refrescar a memoria e acordarse dos que tivo no esquecemento.



O segredo de organizarse

Cando se é xoven e aínda se está estudando, hai mais tempo de socializar, as obrigas limítanse a ir á escola e o tempo para ir cos amigos e coñecidos sobra.

Pero conforme pasan os anos, a escola pasa e da inicio a etapa de traballar e con iso se incrementan as responsabilidades. A raiz disto, as amizades empézanse a descoidar, entre que ten moito traballo e a familia ou o exercicio, os coñecidos pasan a segundo grao. Despois darase conta que ese non é o camiño, a natureza do home é estar acompañado.



¿Como darse tempo?

1. Duplique a actividade

En lugar de so reunirse cun grupo de amigos para tomar unha copa, pode o mesmo dia, organizar mais actividades, aproveite a ocasion e fomente ese tipo de actividades para que as realicen mais constantemente.

2. Axente as suas actividades

Algunhas persoas, teñan ou non moitas actividades diariamente, xa sexa por presións ou moito traballo, esquecen os seus compromisos. É moi recomendable ter todo rexistrado e se vostede se fai ó costume de chequear as suas actividades por escrito, seralle mais facil facer lugar na sua axenda para as suas amizades. A disciplina non esta pelexada coa diversión.



3. Use o tempo morto

Por mais que sexa unha persoa sumamente ocupada, sempre ten uns minutos que non requiren da sua total atencion. Eses escasos minutos poden ser a diferencia entre quedarse na casa o fin de semana vendo películas e pasar un divertido fin de semana en compañía deses amigos que, “por non ter tempo”, tiña no esquecemento.

4. Sexa selectivo


Querer ter mais vida social non significa sair coa primeira persoa que responda ó seu saúdo, trátase mais de calidade que de cantidade. De acordo que necesita sair con mais xente, pero non ten caso sair con xente coa que non ten nada en común, é importante que se sinta cómodo coas suas amizades, se non moi probablemente non terá moito de que falar.

As ferramentas para mellorar a sua vida social as ten, utilíceas desde hoxe.

O “non teño tempo”, xa non é excusa.

Busque amigos do seu pasado e reúnase con elas. Así vai descubrir que hai mais xente que pode estar perto de vostede sen ningún outro interés que o dunha amizade.




3 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha boa colección de consellos.

Anónimo dijo...

Sí señor, o que pasa é que chegada unha etapa da vida na que tés fillos, eles son os protagonistas da túa propia vida e tí mesmo pasas a un segundo plano.
Incluso deixas de ser fulanito, para se o pai/nai de menganito.
E para sair con outros pais/nais de menganitos tés que ter con quén deixar ós teus.
Non é fácil.

Anónimo dijo...

Estes consellos son bos, pero nunca os levamos á práctica quizáis por introversión ou vaite ti a saber.