lunes, 19 de octubre de 2009

POLITICA E MORAL

Política e moral




Os recentes acontecementos, que feriron de morte tantas cousas, suscita na necesidade de replantear a relación entre a política e a moral.



En xeral, as reaccións contrarias á guerra non foron políticas senón moralizantes, se ben acompañadas ou acuciadas en moitos casos pola ideoloxía. E como sempre que a moral reempraza á política, polo menos tan confusas como arbitrarias cando a política prescinde da moral.


A decir verdade, é unha consecuencia máis do estado do espírito occidental (noutras partes as reaccións foron miméticas), en loita contra a política, paralela á loita contra a relixión, desde fai polo menos dous séculos. Non é ningún secreto que Saint Simon, Comte, Proudhon e Marx, por mencionar so algúns dos homes máis eminentes e influíntes, ou os anarquistas, cuxas ideas naceron e difundíronse nese ambiente, aspiraban a suprimir a política pensando que así eliminaban os conflitos. Sen embargo, tanto a política como a moral son indispensables precisamente porque o conflito é ineliminable.



A realidade humana é conflitiva; incluso cada individuo particular pode ter graves conflitos consigo mesmo e para eso está a psiquiatría. E posto que o conflito, a consecuencia da liberdade, forma parte da condición humana, a política é necesaria para encarrilar a conflitividade respectando a liberdade e a moral para que a política se conduza humanamente. Pois a moral, xunto co dereito, pon límites – internos e externos – á política, o mesmo que á psiquiatría.



A maior confusión sobrevén non obstante cando se postula a política moral. Como a moral se refire á conduta, unha politica moral leva á tiranía ou reduce ós obrigados a obedecer á condición de menores de idade a unha servidume máis ou menos voluntaria. A politica moral é a mais coactiva posto que se autoxustifica. Pero non existen accións ou actividades puramente morais: os que son morais ou inmorais son os actos politicos, económicos, estéticos, etc., as actividades concretas que se realizan.



A moral pura, a moral en si, non existe; nesto consiste xustamente a inmoralidade da utopía, en perseguir o que non existe nin pode existir, o irreal, para impoñelo. Exemplos deso abundaron no século XX.



Os que aspiran a que a política sexa moralizante buscan a servidume. Ó que vai unida a política é ó dereito, con tal de que non sexa un dereito moralizante; é decir, un dereito escindido da idea de xustiza e instrumentalizado burocráticamente pola política moral que se presenta coma xusta. En sí mesma, a política, que se atén ós feitos, ó fáctico, non é xusta ou inxusta; o xusto ou inxusto da política – a xustiza é unha virtude moral – determínao o dereito. Que, hai que repetir continuamente que tampouco é dereito porque sexa xusto, senón que é xusto – recto – porque é dereito na medida en que dá a cada un o seu.



Así pois, a moral da política, incluída a dos medios de que se serve, réxese pola xustiza dos fins que persegue, que cabe resumir na antiga expresión “buscar a tranquilidade do orde”; tranquilidade que non é a paz dos cemiterios e orde que non é so o orde público, senón o que emerxe de condicións para a realización do ben común, situación na que cada un pode perseguir a vida boa e feliz.



Non é que o fin xustifique calquera medios, senón que os medios deben ser axeitados e proporcionados, axustados a ese fin, a tranquilidade do orde, que tampouco consiste, como se cre hoxe, no benestar – concepto cuxo contido sóese identificar ademais coa utilidade económica -, senón que se está ben, tense benestar, porque non se trata dun orde ideal, senón dun orde concreto que proporciona unha forma de paz que pode considerarse xusta, regulable polo dereito. E que non é so o de cada grupo, país ou nación, senón tamén o orde internacional. En realidade, se non existe un orde internacional non existe orde nos casos particulares. Esto é agora unha esixencia acuciante ó terse realizado a unidade do mundo.



5 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola. Me he encontrado el blog de casualidad y llevo unas horas de recuerdos. Pertenezco a una generación posterior a la que inauguró el Instituto y hace años que no me dejo caer por Boiro, pero recuerdo a muchos de vosotros. ¿teneis pensado hacer alguna nueva fiesta?

Anónimo dijo...

Parteuse do vinte aniversario.

Fíxose o 25 aniversario no ano pasado 2008, o 17 de outubro.

Agora toca o trinta aniversario, para o 2013, creo.

Xa che dixen bifor que pecharala dor. dijo...

Repolo, se andas por ahí mandame outra vez a tua dirección de correo porqué este ordenador noso anda coma os seus donos. Espero que xa estés instalada na casa ou non?. Bicos
Aqui todo sigue igual, bueno neste intre nin ben nin mal.
Disque volve a chuvia con moito vento, esperemos que non dure moito.
Ata pronto.

Mary Hermo dijo...

PARA ANÓNIMO DAS 03:06: Contamos contigo para que nos mandes os teus recordos e nos escribas o mail para publicalos 25aniversarioiespraiabarrana@gmail.com

Por min eu faría festa mañan mesmo, pero festa todos os días disque non pode ser, pero de seguro que dentro de catro anos faremos outra cea e seguro que algún evento máis, esperemos manter o blog vivo durante estes catro anos, e para iso necesitamos colaboración das outras promocións, de todos os que viñeron detrás de nós. Animadevos a escribirnos cousas para publicalas.

Biquiños a tod@s onde máis vos gusten.

repolo dijo...

repolo estresado non tivo conexion interné ata hoxe. Ando por aquí e ainda non rematamola casa, disque que temos que facer a acera tamén, se alguén sabe de normas urbanisticas que me diga se a teño que facer eu ou se chega con ter cedido o terreo ó concello.