viernes, 9 de octubre de 2009

O CAPITÁN NEMO E A LOITA POLA LIBERDADE

A HISTORIA DO CAPITÁN NEMO
________________________________________


Anos despois de escribir Vinte mil legoas de viaxe submariña, Xulio Verne desvelou o misterior da nacionalidade do capitán Nemo noutra das súas novelas, A illa misteriosa, que enlazaba tamén co argumento de Os fillos do capitán Grant. A fin de facer intersectar as tres historias, Verne incorreu en erros de cronología. Algo que contribúe a avalar a miña opinión persoal de que, cando escribeu Vinte mil legoas de viaxe subnmariña o propio Verne non decidira aínda a nacionalidade do capitán Nemo. Indicios ó respecto: a) Moitos países do último terzo do século XIX, algúns do vello continente, atopábanse sometidos a Inglaterra, Alemaña ou Rusia, potencias ás que se atribúe, xunto a Norteamérica, a posible pretensa do acorazado fundido por Nemo o 2 de xuño de 1867; b) o idioma que falaba a tripulación do Nautilus era, presumiblemente, un de nova creación, para uso interno (unha ruptura máis coa civilización exterior), ou, ó menos, non tiña ningunha inflexión oriental recoñecible para o narrador; e, c) En ningún momento se fai referencia ós rasgos indíxenas, nin aínda á pel morena, do capitán.




Vexamos cal foi a elección final de Verne. Non renuncio á analisar algún día as implicacións da mesma.


________________________________________
(...)


E o capitán, en poucas frases, netas e breves, contoulles a súa vida.

(...) O capitán Nemo era un hindú, o príncipe Dakkar, fillo dun rajá do territorio, entón independente, do Bundelkund, e sobriño do héroe da India, Tippo-Saib. O seu pai envíarao a Europa á idade de dez anos para que recibirá unha completa educación, coa segreda intención de que un día poidese loitar, con armas iguais, contra os que el consideraba como os opresores do seu país.

Dos dez ós trinta anos, o príncipe Dakkar, superiormente dotado, cunha precrara intelixencia e grande nobleza de sentimentos, estudou tódalas disciplinas e profundizou considerablemente os seus coñecementos nas letras, as artes e as ciencias.


O príncipe Dakkar viaxou por toda Europa. O seu berce e a súa fortuna ganáronlle a solicitude da sociedade, pero nunca se sinteu atraído polos praceres mundanos. Xoven e guapo, mostrábase serio e ata sombrío, dedicado a saciar a súa sede de coñecementos. Tiña un implacable resentimento ancorado no corazón.


O príncipe Dakkar odiaba. Abominaba ó único país no que nunca quixera pór o pé, á nación da que rechazara ofertas e proposicións.


Detestaba a Inglaterra, tanto máis canto que a admiraba tamén en máis dun aspecto.






O príncipe levaba consigo todo o odio feroz do vencido ó vencedor. O invasor non pudera lograr o perdón do invadido. O fillo dun deses soberanos ós que o Reino Unido so pudera someter nominalmente, o príncipe da familia de Tippo-Saib, educado nas ideas de reivindicación e venganza, animado dun grande sentimento patriótico deica o seu poético país sometido ó xugo inglés, non quixo xamais pór o pé nesa nación para el maldita, á que a India debía a súa servidume.


O príncipe Dakkar converteuse nun artista ó que impresionaban as maravilllas do arte, nun sabio ó que ninguna ciencia lle era allea, nun home de Estado formado nas cortes europeas. Diante de observadores superficiais, pasaba por ser un deses cosmopolitas ávidos de saber pero remisos á acción, un deses opulentos viaxeiros, de orgullosa e platónica mentalidade, que van incesantemente dun país a outro sen pertencer a ningún.


Non era ese o seu caso. O home, o sabio e o artista eran un indio de corazón, indio polo desexo de venganza, indio pola esperanza que alimentaba de reivindicar algún día os dereitos do seu país, de expulsar del ó estranxeiro, de reconquistar a súa independencia.





Por eso, o príncipe Dakkar regresou ó Bundelkund, en 1849. Casouse alí cunha notable india, que compartía con el o sofrimento polos males da súa patria.


Tivo con ela dous fillos moi amados.




Pero a felicidade doméstica non podía facerlle esquencer a escravitude da India. Esperaba unha ocasión, que non tardou en presentarse.




O xugo inglés ía facéndose cada vez máis insoportable á población india. O príncipe Dakkar tomou a voz dos descontentos e inculcoulles o seu odio ó estranxeiro. Recorreu non so as comarcas aínda independentes da península índica senón tamén as rexións directamente sometidas á administración inglesa. Lembrou os grandes días de Tippo-Saib, caído heroicamente en Seringapatam pola defensa da patria.



En 1857 estalou a grande rebelión dos cipayos. O príncipe Dakkar converteuse na alma da mesma. Organizou o grande levantamento. Puxo todo o seu talento e tódalas súas riquezas ó servizo da causa. Contribueu tamén coa súa persoa, coitando sempre en primeira fila e arriscando a súa vida como o máis humilde daqueles heroes que se sublevaran para emancipar ó seu país do xugo estranxeiro. Resultou ferido dez veces en vinte batallas, sen poder atopar a morte cando os últimos combatentes da independencia caeron Baixo as balas inglesas.



Endexamais o poderío británico na India correra tanto perigo e de ter obtido os cipayos, como esperaban, a axuda exterior, tal vez terían acabado en Asia coa influencia e o dominio do Reino Unido.


O Nome do príncipe Dakkar fíxose célebre entón. O heroe que o levaba non se ocultou e loitou abertamente. Púxose prezo a súa cabeza, e, anque non xurdeu nin un so traídor para entregala, seu pai, sua nai, a súa muller e seus fillos pagaron por el, antes incluso de que el pudera darse conta do perigo que corrían por causa súa.



O dereito sucumbira, unha vez máis, á forza. Pero a civilización non retrocede nunca, e parece extraer da necesidade tódolos dereitos. Derrotados os cipayos, o país dos antigos rajás caeu de novo baixo o dominio, aínda mais forte, de Inglaterra.



O príncipe Dakkar, que non pudera atopar a morte en combate, regresou ás montañas do Bundelkund. Alí, só no sucesivo, presa dunha inmensa repugnacia diante de todo o que levaba o nome do home, embargado de odio e horror ó mundo civilizado, propúxose fuxir del para sempre e, facendo acopio dos restos da súa fortuna, reuneu a unha vintena dos seus máis fieis compañeiros e desapareceu con eles un día.


¿A onde iría buscar o príncipe Dakkar esa independencia que lle rexeitaba a terra habitada? Baixo as augas, na profundidade dos mares, onde ninguén poderá seguilo.



O científico sustitueu ó guerreiro. Unha illa deserta do Pacífico sirveulle para establecer os seus asteleiros, e alí construeuse un barco submariño segundo os seus planso. Empregou para tódalas necesidades do seu aparato flotante, como forza motriz, lumínica e calorífica, a electricidade, cuxa inconmensurable forza mecánica soubo utlizar a través de medios que algún día se conocerán, obtida de fontes inagotables. O mar, cos seus infinitos tesouros, as súas miríadas de peixes, as súas colleitas de algas, os seus enormes mamíferos, e non so o que a naturaza mantiña no seu seno senón tamén todo os que os homes perderan nel, bastou amplamente para cubrir as necesidades do príncipe e da súa tripulación. Con eso veu logrado o seu máis vivo desexo, que non era outro que o de cortar para sempre toda comunicación co aterra. Dou ó seu aparato submariño o nome de Nautilus, e a si mesmo o de capitán Nemo, e desapareceu baixo dos mares.


Durante moitos anos, o capitán Nemo visitou tódolos océanos, dun polo a outro. Paria do universo habitado, recolleu deses mundo descoñecidos admirables tesouros. Os millóns perdidos na baía de Vigo, en 1702, polos galeóns españois, proporcionáronlle unha mina inagotable de riquezas, que utilizou sempre, anónimamente, a favor dos pobos que combatían pola independencia dos seus países.




Levaba moito tempo sen manten ningunha comunicación cos seus semellantes, cando, durante a noite do 6 de novembro de 1866, tres homes abordaron o Nautilus. Eran un profesor francés, o seu servente e un pescador canadense. Eses tres homes caeran ó mar, tralo choque que se producira entre o Nautilus e a fragata dos Estados Unidos Abraham Licoln, que trataba de darlle caza.


O capitán Nemo soubo por ese profesor que o Nautilus, tomado unhas veces por un gigantesco mamífero da familia dos cetáceos, e outras por un aparato submariño tripulado por piratas, era perseguido por tódolos mares.


O capitán Nemo tería podido devolver ó océano a eses tres homes arrebolados polo azar deica a súa misteriosa existencia. Non o fixo, senón que os mantivo prisioneiros, e durante sete meses puderon contemplar tódalas maravillas dunha viaxe de vinte mil légoas de baixo os mares.



Un día, o 22 de xuño de 1867, eses tres homes, que nada sabían do pasado do capitán Nemo, lograron escapar, tras terse apoderado da canoa do Nautilus. Pero como nese intre o Nautilus fora caer, fronte ás costas de Noruega, nos remuíños do Maelstrom, o capitán creeu que os refuxiados se afogaran naqueles naquelas espantosas espirais de auga. Ignoraba que o francés e os seus dous compañeiros foran devoltos coma miragre e escupidos ás costas, que os pescadores das illas Lofoden lle recolleran, e que o profesor, ó seu regreso a Francia, publicara a obra na que se describían e se entregaban á curiosidade pública sete meses da estrana e aventureira navegación do Nautilus.


(...)

1 comentario:

Ramon dijo...

A xente que ten tratamento continuo, periódico e urxente, de importança vital para seghuir neste mundo, ALA, a quedar na casa por culpa da indolençia de quen ten a obrigha de manter cuberta unha neçesidade perentoria e permanente,básica para seghuir vivindo.

Que economiçen no supérfluo, banal, nos supersoldos,..., pero non en neçesidades básicas.

Mirarei de atopar alghunha persoa na túa mesma situaçión para pasarlle os teus datos, e que podades ir sumando membros a esta causa.

Ninquén está libre de cheghar alghún día a formar parte directa desta situaçión que lle poda afectar nas súas propias carnes, ou dos seus máis acheghados.

Pero, anque así o destino nos librase deste feito concreto, como seres humanos que somos: hoxe por ti, mañán por min, pese a eso todos estamos interrelaçionados, e a min tamén me afecta o sufrimento alleo.

Non perdamos a esperança de soluçinar esto.