Control social
O control social é o conxunto de prácticas, actitudes e valores destinado
a manter o orde establecido nas sociedades.[1]
Anque a veces o control social realízase por medios coactivos ou violentos, o control social tamén inclúe formas non específicamente coactivas, como os prexuízos, os valores
e as crenzas.
Entre os medios de control social están as normas sociais,
as institucións,
a relixión, as leis, as xerarquías, os medios de represión,
a indoctrinación (os medios de comunicación e a propaganda),
[2] [3] os comportamentos xeralmente aceptados
e os usos e costumes
(sistema informal, que pode incluir prexuízos)
e leis (sistema formal, que inclúe sancións).[1]
Contido [ocultar] |
Introducción [editar]
O control social aparece en tódalas sociedades como un medio de fortalecemento e supervivencia do grupo e as súas normas.
As normas menores e as leis son as que conforman os grupos e é a implantación dunha moral social polas influencias sociais e ó mesmo tempo a crítica
como autodefensa e a súa interpretación é o camiño deica o cambio social. Actúa sobre a desviación social (leis) e anomia (normas).
A cognición social ou perspectiva do comportamento desviado de forma correcta —certa—, ten un esquema de estereotipos e xuízos de valor na súa versión non científica e é posible e habitual como coñecemento científico —profesional— e é de feito imposible unha sociedades en normas (Estado de Dereito) e a custión é a súa precisa natureza e os mecanismos para o caso, sen cargar con máis problemas adicionais, somentes o ben común cunha normativa funcional para o orde social. Como o control é importante, a súa vez ten que haber control sobre os controladores cun consenso na normativa para un equilibrio de poderes e controis, que non sexa represivo
na súa actitude.
O control social persuasivo para o logro da conformidade funciona principalmente con ideas e valores, que se traducen en actitudes respectuosas das normas.
Téndese a unha moral libre, opcional, persoalizada, menos regra e con menos control.
Medios de control social [editar]
Medios informais [editar]
As medidas informais, son aquelas que non están institucionalizadas, como os medios de comunicación, a educación, as normas morais, etc., as cales non teñen unha formalización a través de normas ou leis escritas. Son máis importantes que as formais porque transmiten hábitos, normas e valores determinados. A instancia policial é un exemplo: é un mecanismo de control social informal que se deriva do Estado. Iniciouse trala Revolución Francesa controlando a nivel lexislativo.
As súas competencias garanten o poder desmesurado do Estado,
pero é unha instancia estatal con capacidade de castigo e represión
contra o cidadán posto que os que controlan ou teñen poder someten ó resto.
A súa "suposta teórica" función principal é o mantemento de leis e do orde público. A partires dos anos 80 (século XX), aparece a seguridade cidadá. Como feito político, engádese unha función de vixiancia (represor contra as incidencias) que desemboca no Estado intervencionista. Vincúlase á transformación urbana das ciudades (as grandes avenidas permiten o paso do exército cos cabalos). A esta función de represión engádeselle a salvagarda: prevención en primeiro lugar e función asistencial da poboación. O paradoxo fundamental da policía é que simultáneamente é preventiva e represora, xa que “o policía que está para axudar tamén che pode deter”.
Medios formais [editar]
As medidas formais de control social son as que se implementan a través de estatutos,
leis e regulacións contra as condutas non desexadas. Ditas medidas son respaldadas polo gobernó e outras institucións por medios explícitamente coactivos, que van desde as sancions ata o cárcere ou o confinamento. Nos estados de dereito os obxectivos e mecanismos de control social están recollidos na lexislación explícita.
Véxase tamén [editar]
Referencia [editar]
2. ↑ Chomsky, Noam; Edward S. Herman (1988). Os gardians da liberdade, (título orixinal, en inglés, Manufacturing Consent: The Political Economy of the Mass Media), 1ª edición, Barcelona: Crítica.
3. ↑ Chomsky, Noam (2002). A propaganda e a opinión pública, 1ª edición, Barcelona: Crítica.
Bibliografía [editar]
- Jary, David; Jary, Julia (1991), The HarperCollins Dictionary of Sociology, New York: HarperCollins, ISBN 0064610365.
Enlaces externos [editar]
- Cooperación e castigo en modelo teórico(estudo matemático para grupos sociais)
- A amenaza de castigo crea a cooperación
- Uns ollos vixiantes fan actuar honestamente
- Monos policías entre os macacos
(inglés)
- Deflem, Mathieu. 2007. “The Concept of Social Control: Theories and Applications.” Paper presented at the International Conference on “Charities as Instruments of Social Control in Nineteenth-Century Britain,” Université de Haute Bretagne (Rennes 2), Rennes, France, November 22-23.
- Sociology of social control - Summary of ideas.
Categorías: Socioloxía política | Psicoloxía social | Socioloxía da desviación
No hay comentarios:
Publicar un comentario