viernes, 2 de octubre de 2009

Enchéronselle os ollos, por Mary Hermo.

Enchéronselle os ollos

de emocións,

de novas paisaxes.

Das súas mans saían caricias.

No seu peito fieitos e xazmins

cheos de aroma,

perfumaban o seu leito, e

bañábase en soños,

petalos de rosas de seda

adornaban o seu camiño,

e sobre o seu ceo un debuxo...

o vó dunhas bolboretas.

Namorouse a poeta.

Escribíalle a coqueta lúa,

con moita beleza.

E diante un branco papel

cheo de novas esperanzas,

de converter o que foi unha quimera

nun arrecendo,

onde o gris torna vermello,

onde o corazón cheo de frío

volve a sentir o suave calor do sol,

a luz da lúa guiándolle o camiño,

Namorouse a poeta,

o seu amor non desvanece,

máis o súa amada non espera,

non a ama, tan só lle da tristura

e faina chorar.

Namorada a poeta,

non desexa máis que vela feliz,

nos brazos doutra muller.

Dálle luz a túa vida, e

Soña, vive e segue o camiño aquel.

Mary Hermo

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Uy, que acabo de ler, menudo poema, creo que é un dos mellores que leín dos que hasta ahora puxo Mary. Gústame moito teño que reconocer que merece a pena lelo.
Noraboa Mary non deixes de escribir cousas tan bonitas.

Armónico, dijo, Anónimo dijo...

Bonito poema, si señor. Alégranos saber que Mary xa recuperou outra vez a Musa da inspiración. Agora xa só falta que calquera días de estes Luís de sinais de vida. ¿Onde andas metido, pixirilo?.¿Te-lo teclado do ordenador jodido?

Ramon dijo...

Belo poema dunha poeta namorada.

Dexesos dun ser bondadoso que lle envía todo ben e feliçidade a quen non lle corresponde no amor esperado.

É sinal dunha alma liberada e elevada.

Quen así actua que poda recoller e lle sexa devolto todo amor con creçes.

Anónimo dijo...

Mary, estás perfeccionando o teu método para compoñer poesía. Ó teu poema de hoxe parece xa feito por unha poetisa profesional.
Bueno, cómo a mín me justa meterme en tódolos frejados, intento facer sempre comentarios relacionados co tema que sae no Blog(Sempre que podo, que non tódo-los días teño tempo), e hoxe toca poesía.
Cómo eu non teño nin habilidade, nin tampouco sensibilidade para poder compoñer algo inventado por mín, pois vou a recorrer ao poema que a mín sempre máis me gustou. Este poema xa o usara nun dos meus comentarios do Blog, pero fixérao traducido ó castelán, e a poesía traducida dende o seu idioma orixinal perde moito, sobre todo na rima e musicalidade da mesma.
Esta poema é dun poeta americano que se chamaba Robert Frost, e no seu orixinal inglés sería así:

NATURE´S FIRST GREEN IS GOLD,
HER HARDEST HUE TO HOLD.
HER EARLY LEAF´S A FLOWER;
BUT ONLY SO AN HOUR.
THEN LEAF SUBSIDES TO LEAF,
SO EDEN SANK TO GRIEF,
SO DAWN GOES DOWN TO DAY,
NOTHING GOLD CAN STAY.

Traducido ben sendo algo así cómo:

El primer verde de la naturaleza es oro,
su tonalidad más dura de sostener,
su más temprana hoja es flor,
pero por una hora tan sólo.
Luego la hoja en hoja queda,
así se abate el Edén de tristeza,
así el Alba se rebaja a ser día,
pues nada dorado permanece.

Pois ben, este poema de tan sólo oito liñas paréceme tremendamente profundo e conmovedor, e cada vez que o leo lévame á reflexión. Esta obra deixou pegada en mín e é unha das miñas obsesións...porque necesita tan pouco para decir tantas cousas.
Para explicar o seu significado que millor forma de facelo, que con lírica:

Apodérate do momento lonxano,
un suspiro e estarás alí,
xoven e despreocupado,
voltarás a ollar aquel lugar,
no tempo dourado.
Escápate e volta hacia atrás,
cando pensabas que todo duraría para sempre.
Pero como no tempo,
nada pode perdurar por sempre
e seguir sendo dourado.
Pero, ¿é posible que poidamos
ollar tan vivamente un recordo?
E tí dís que o día debe esvaencerse
e deixar un raio ó sol de ouro.
A vida non é máis que un
abrir e pechar de ollos,
aínda así cheo de pena e de compaixón,
aínda que non o imaxines, faranse vellas,
tóda-las cousas que suceden envellecerán,
aínda que sexan de ouro.

HAVE A NICE DAY, BOYS, e xa sabedes, permanecede dourados.