lunes, 5 de octubre de 2009

RECORTES DE LA XUNTA DE GALICIA = RECORTES EN EL TRANSPORTE SANITARIO, por MARY HERMO

Estimados/as señores/as:

Non está no meu ánimo aburrilos a vostedes con iso de que estamos en crise, unha crise económica que no país no que vivimos coma sempre lle pega ben duro ó emprego, tampouco pretendo que vostedes pensen todo o día en iso de que ó final as contas sempre as pagan os mesmos; por que vostedes están ate as narices de oír falar do mesmo todo o tempo e iso de que a cousa vai mellorando, pasará coma sempre: preguntaránse ¿para quen?.


Estou certa de que moitos dos nosos ministros do governo deberián aprender dos proletarios que fan maxia para chegar a fin de mes con ou sen crise pero desdichadamente tócame falarlles da crise e das medidas de austeridade do noso benquerido Presidente da Xunta de Galicia e da súa fervente colaboradora a Conselleira de Sanidade Galega, preguntáranse que terá que ver a austeridade económica coa sanidade e poñánse tranquilos non lles vou falar da gripe A, o certo é que a Sra. Dna. Pilar Farjas Conselleira de Sanidade Galega probablemente estea moi ocupada coa famosa pandemia e non se decatou das fantásticas ideas da Dirección Xeral do SERGAS para botarlle unha man coas contas, que non dubido que faga falla revisar pero como de costume os damnificados son os de sempre, eu entre elas, ben, pois ocorreuselles reducir gastos no servicio de transporte sanitario programado, é dicir, o traslado en ambulancia de persoas que por enfermidade ou accidente requiren deste tipo de servicio para acudir ás súas citas hospitalarias e tratamentos; exacto a decisión que tomaron e denegar as solicitudes de traslado a persoas que coma min o necesitan (son usuaria de cadeira de rodas eléctrica por hemiplexia e paraplexia derivados dunha enfermidade dexenerativa que ademais me provoca problemas visuais e outros problemas de saúde); ata o de agora eu recibía ese servicio coas incidencias propias dun servicio de tal magnitude, ás veces mellor e outras non tanto , todo nesta vida é mellorable; pero a partires de agora non mo van conceder, sen que medie xustificación médica para tal cambio e sen que dende a Dirección Provincial do SERGAS da provincia de A Coruña me notificasen tal cambio, sen explicación.


Hoxe día 4 de Outubro por avartares da vida enterome de que non teño o servicio autorizado para o día 5 de outubro (día no que teño consulta no Hospital Clínico de Santiago ás 09:30h da mañá) xa poden imaxinar a miña sorpresa e indiganción e para o caso eu enterome hoxe ¿e aquelas persoas que non teñen esa “sorte” e mañá se quedarán na súa casa preguntandose que pasou? ¿e aquelas que perderan citas, revisións, probas e tratamentos vitais?.


Estou certa de que isto é unha medida que reducirá notablemente os gastos do SERGAS tanto que moi probablemente non se tome ningunha outra, xa non será necesario, porque xa pagan os de sempre.


En resumidas contas cando o Excmo.Sr. Feijoó Presidente da Xunta de Galicia anunciou a reducción e racionalización do gasto referiase ó de sempre, reducción de servicios e non calquera servicio senon o destinado a persoas dependentes, con risco de exclusión social, enfermos e minusválidos. Sen dúbida algunha estou convencida de que a venda dos coches de luxo e esta racionalización servirán para que Galicia saia da crise, por se lles quedaba algunha dúbida a ambulancia non é de luxo nin eu e os demais usuarios que se poidan ver afectados somos altos cargos da Xunta de Galicia aínda que poida que para a Conselleira de Sanidade e o Presidente da Xunta sexamos o equivalente máis próximo, así eles seguirán usando vehículo oficial (utilitario ou non) para cubrir a súas axetreadas axendas e os altos cargos non verán peligrar os seus simbólicos salarios, iso sí eles terían un preaviso de 15 días, nos non merecemos nin iso.


Espero publiquen isto co meu nome e apelidos en todos os medios de comunicación e como sei que iso probablemente non vai ser así, quero que todos saibades do que está a suceder neste noso pais,

María del Carmen Hermo Torrado

C/ Campo Nº13 – Cabo de Cruz

15939 BOIRO (A CORUÑA)

Tlfno.: 649 310 991

Mail: maryhermo@gmail.com

5 comentarios:

Ramon dijo...

Propoño desde aquí que se recollan sinaturas, polo menos da xente do instituto, familiares e demais persoas acheghadas para remitirlla á Consellería de Sanidade, coa fin de protestar pola retirada deste serviço indispensable e reclamar a súa xustificada e neçesaria reposiçión.

Ramon dijo...

Non sei se cheghará a callar todo esto, pero pola miña parte xa envie a protesta a tódolos correos dos seghuintes medios de comunicaçión que me enviou Mari a min:

To:arestora@cinfo.mundo-r.net, gestoso@gmail.com, diariodearousa@diariodearousa.com, edicionslocais@vieiros.com, mariajose.blanco@lavoz.es, radioboiro@boiro.org, redac@barbanzatv.com, redacciondigital@lavozdegalicia.es, edirecto@rtve.es, informativos@crtvg.es, txgalicia.tvg@crtvg.es, txmana@crtvg.es, txseran@crtvg.es, txnoite@crtvg.es, arevista.tvg@crtvg.es, bosdias.tvg@crtvg.es

Se quere a xente, pode enviar a protesta de Mari a todos estes medios, xa que como di o refrán:

"A UNIÓN FAI A FORÇA".

Cantos máis envíos se faghan, moito mellor.

Anónimo dijo...

Acabo de remitir a protesta de Mary
a todolos medios...
QUE A UNION FAGA A FORZA¡¡¡

Unknown dijo...

puxémolo en portada con ligazón a este blog... sorte coa reivindicación

Mary Hermo dijo...

Gracias a todos polo voso apoio, e dende aquí quero facer un chamamento: SE COÑECEDES A ALGUNHA PERSOA QUE SE ATOPE NA MESMA SITUACIÓN DICILLE QUE SE POÑA EN CONTACTO COMIGO PARA FACER FORZA ENTRE TODOS, CANTOS MÁIS SEXAMOS E UNIDOS MELLOR PARA TODOS OS USUARIOS QUE ESTÁN A QUEDAR NA CASA E SE TEÑEN QUE BUSCAR A VIDA PARA ACUDIR OS TRATAMENTOS DE QUIMIOTERAPIA, RADIOTERAPIA, DIALISIS, OUTROS TRATAMENTOS, CONSULTAS ETC
Gracias.
Unha aperta a todos.
De momento dende La Voz de Galicia, Diario de Arousa, El Pais e o XORNAL CERTO QUE XA O PUBLICOU CUN ENLACE A ESTE BLOG, xa se puxeron en contacto comigo e espero que publiquen algo respecto do tema en cuestión pois é vergoñoso e indecente.