lunes, 26 de octubre de 2009

CAMBIO CLIMÁTICO

Chámase cambio climático á modificación do clima con respecto ó historial climático a unha escala global ou rexional. Tales cambios prodúcense a moi diversas escalas de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade, etcétera. Son debidos tanto a causas naturais (Crowley & North 1988) como antropoxénicas (Oreskes 2004).


O termo soe usarse, de xeito pouco apropiado, para facer referencia tan so ós cambios climáticos que suceden no presente, utilizándoo como sinónimo de quentamento global.





A Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático usa o termo cambio climático so para referirse ó cambio por causas humanas:




Por "cambio climático" enténdese un cambio de clima atribuído directa ou

indirectamente á actividade humana que altera a composición da atmósfera mundial e que se

suma á variabilidade natural do clima observada durante períodos de tempo comparables


Artigo 1, parágrafo 2





Como se produce constantemente por causas naturais denomínase tamén variabilidade natural do clima. Nalgúns casos, para referirse ó cambio de orixe humana úsase tamén a expresión cambio climático antropoxénico.



Ademáis do quentamento global, o cambio climático implica cambios noutras variables como as choivas globais e os seus patróns, a cobertura de nubes e tódolos demais elementos do sistema atmosférico. A complexidade do problema e as súas múltiples interaccións fan que o único xeito de avaliar estes cambios sexa mediante o uso de modelos computacionais que simulan a física da atmósfera e dos océanos. A natureza caótica destes modelos fai que en sí teñan unha alta proporción de incertidume (Stainforth et al. 2005)(Roe & Baker 2007), anque eso non é óbice para que sexan capaces de prever cambios significativos futuros (Schnellhuber 2008)(Knutti & Hegerl 2008) que teñan consecuencias tanto económicas (Stern 2008) como as xa observables a nivel biolóxico (Walther et al. 2002)(Hughes 2001).



Contido





Causas dos cambios climáticos




Temperatura na superficie terrestre ó comezo da primavera de 2000.



O clima é un promedio, a unha escala de tempo dada, do tempo atmosférico. Sobre o clima inflúen moitos fenómenos, consecuentemente, cambios nestes fenómenos provocan cambios climáticos. Un cambio na emisión do Sol, na composición da atmósfera, na disposición dos continentes, nas correntes mariñas o na órbita da Terra pode modificar a distribución de enerxía e o balance radiactivo terrestre, alterando así profundamente o clima planetario.


Animación do mapa mundial da temperatura media mensual do aire da superficie.


Estas influencias pódense clasificar en externas e internas á Terra. As externas tamén reciben o nome de forzamentos dado que normalmente actúan de forma sistemática sobre o clima, anque tamén os hai aleatorios como é o caso dos impactos de meteoritosastroblemas). A influencia humana sobre o clima en moitos casos considérase forzamento externo xa que a súa influencia é máis sistemática que caótica pero tamén é certo que o Homo sapiens pertence á propia biosfera terrestre podéndose considerar tambén como forzamentos internos segundo o criterio que se use. Nas causas internas encóntranse unha maioría de factores non sistemáticos ou caóticos. É neste grupo onde se encontran os factores amplificadores e moderadores que actúan en resposta ós cambios introducindo unha variable máis ó problema xa que non so hai que ter en conta os factores que actúan senón tamén as resposta que ditas modificacións poden conlevar. Por todo eso ó clima considéraselle un sistema complexo. Segundo que tipo de factores dominen a variación do clima será sistemática ou caótica. Nesto depende moito a escala de tempo na que se observe a variación xa que poden quedar patróns regulares de baixa frecuencia ocultos en variacións caóticas de alta frecuencia e viceversa.

1 comentario:

Mary Hermo dijo...

Lembro que eu xa fixera unha pequena reflexión sobre o tema, tan só que está é moito máis extensa e moito máis teórica.
Creo que debemos de participar activamente reciclando e evitando os fumes que os nosos coches deixan, usar o bus e a bici ou compartir o coche para ir a traballar, etc; con eses pequenos detalles podemos poñer o noso pequeno gran de area para que a montaña deste ciclón do cambio climático non nos leve a desfeita do noso planeta; (ei os fumes do tabaco imolos deixar quedar que son un disfrute para moitos de nós, e nalgún caso do único que podemos gozar e disfrutar saboreando saboreando, jejeje).

Biquiños a tod@s onde máis vos gusten, jajaja.