Quero adicarlle este poema a unha persoa especial que hoxe está de cumpreanos, a miña única sobriña que cumpre 7 anos, con moito cariño para Mar Hermo Moledo que estuda no Santa Baia no segundo curso de primaria.
A voz susúrrame un poema,
a túa alma regálame palabras,
a túa risa dáme alento
para o mañan.
Acompáñame nesa viaxe
da tristura,
neses días de dor,
empúxame cara a Ledicia.
Lévame de viaxe polas estrelas, e
faime soñar cada madrugada.
É unha fada que por amiga teño,
que se achegou a min
unha madrugada, na que perdera
o rumbo do seu camiño, e
agora non me deixa soa,
dáme os bos días,
as boas noites.
Vixíame e dáme alento
para non desfalecer.
Esa fada es ti,
esa fada é a miña amiga.
2 comentarios:
Sinçero, puro e verdadeiro poema para dedicarlle no seu aniversario á pequeniña da casa que che acompaña e da aleghría e contento cada día ó teu carón.
Eso perduraralle por sempre no seu coraçón como mostra de agradeçemento,xenerosidade e amor da túa parte.
Oghallá permaneça como compañía e lediçia do teu andar.
ES A NOSA POETA.
Un bico a túa sobriña, a ti e a tod@s.
Por desgraza hoxe que debería ser un día feliz para min, non o é pois maña teño que ir o hospital Clinico de Santiago e estar alá ás 12:00 da mañan e a pesar de ter o servicio da ambulancia solicitado e agora si concedido a empresa non me vai a trasladar por que superan o cupo de 130 pacientes por día, e dende a Dirección Provincial do Sergas de Coruña mandaronlle uns 200 pacientes para o día de maña, así que eu terei que buscarme a vida ao igual que outras moitas persoas entre elas un señor de Abanqueiro que se chama Jose Ángel e que ten amputadas as dúas pernas entre outros problemas de saúde.
Dende aquí quero promover algo que todos aqueles que coñezades a alguén que se atope nesta situación fagades que se poñan en contacto comigo ben por mail ou por telefono (que saiu publicado nun artigo anterior) para reunir as firmas necesarias e solicitar a comparecencia de PILAR FARJAS CONSELLEIRA DE SANIDADE e solicitar a súa dimisión inmediata porque está a recortar a base dunha sanidade pública e universal.
Semella que a queren fundir totalmente.
Un saúdo a todos e gracias polo voso apoio.
Publicar un comentario