"A Morte é so o tránsito entre unha Vida e outra.
“A enerxía non se crea nin se destrúe, so se transforma”. É so o paso a outra mellor. Non debes perder a fe nunha Vida mellor e a terás e así será nas sucesivas. So con ese pensamento arraigado pódese vivir e morrer en paz.
A Morte chega cando ten que chegar: non depende de anos vividos.
É un ciclo do organismo humano que se da cando debe darse.
O corpo humano non é o que alberga a Vida. A Vida está na Alma (“Enerxía”), no Espírito Superior (“Conciencia”) que o habita. A Morte do corpo nada significa pois non hai Morte sen resurrección posterior (“transformacion da enerxía”).
É duro de entender sobre todo se os que morren son seres xóvenes e achegados,
pero na infinita sabiduría da Consciencia Universal non hai idades nin sentimentos que podan frenar o momento de morrer.
O Ser Humano toma á Morte como unha perda e non debe ser así.
Debe comprender que so se trata dunha transformacion. Pensa na larva e a bolboreta, todo eso multiplicado por miles de veces.
É dura a Morte para os que se quedan; para os que se morren non é nada, é o ciclo que se cumpre en busca do comezo doutro novo ciclo. O que morre xa cumpreu os seus días aquí. Non sinten que están perdendo a Vida senón ganándoa. Os que quedan non o ven así: é duro sobreporse á perda dun ser querido.
Debes convencerte de que a Morte non é a Morte: é a Vida (Transformacion). É o paso máis importante que da o Ser Humano en toda a sua existencia. É a transformacion deica algo superior.
Nada se perde no espacio sideral
(“cósmico das estrelas”).
Cada Alma que deixa un corpo espera posuir outro.
Este pode ser o comezo dunha nova Vida para ti; é moito mais do que tiñas ata agora. Este é o ciclo da Vida: nacer, crecer, desenvolverse e ensinar, non morrer.
Porque morrer non é o final da Vida, é unha parte dela.
Cando logres alcanzar un nivel medio de harmonia, a túa Alma evolucionará.
Non hai enerxías boas ou malas, senón evolucionadas ou non. Ó final da túa Vida terás dado eses dous ou tres pasos deica a túa Evolucion, que son algo enorme comparados cos que nin sequera saben que están andando.
Parte do crecemento da túa Evolución consiste en aceptar a Morte, a túa e a dos demais.
En Min (Alma=Enerxía, e Espírito=Conciencia) está a Vida e a Morte, pero tamén esta a Vida e a Morte na Natureza.
A Vida é prioridade dos seres vivos e como tales están destinados a morrer se desexan estar vivos.
Parece un trabalinguas pero non o é. Os demais seres que foron e xa non son mais, non poden comunicarse con ninguén. ( ? ) A diferenza é o que cada un necesita crer.
Ti es unha Criatura do Universo; nada del é alleo a ti. Debes velar pola seguridade da maior cantidade de seres posibles que estean ó teu alcance.
Non debes segar unha Vida humana, nin animal nin de ningunha especie. O Ser Humano é un ser imperfecto e se comete erros, dalgún xeito os pagará.
So se pagan nesta Vida os erros cometidos nesta Vida.
Debemos aprender a facernos cargo das responsabilidades que asumimos.
O prezo que debes pagar nesta Vida págalo con creces: depende de ti que pagues todo o que debes ou deixes contas sen saldar.
Cando xa nada che afecte, nin che oprima, nin che roia por dentro, cando che medren alas nos pes e na Alma, terás rematado de pagar a túa débeda co teu deus ou conciencia. Acepta que nesta Vida nada é para sempre.
Excepto EU (Enerxía e Conciencia = Alma e Espírito Superior).”
No hay comentarios:
Publicar un comentario