viernes, 28 de mayo de 2010

CANÇIONEIRO POPULAR: CANTARES EXISTENÇIAS, PERTENÇA, DESENGHAÑOS, ..., por Ramón Laíño


O CANTAR DE PARROMEIRA E MAIS MATEU (SON DOUS HOMES)

Parromeira e máis Mateu van de pastor cas ovellas.
Acudille a Parromeira que lle quitan as orellas.

Máis aghora bailas ti, máis aghora bailo eu,
mais aghora bailas ti, Parromeira e mais Mateu.

A muller de Parromeira está bailando na eira.
Parromeira está mirando como a muller se peneira.

Mais aghora bailas ti, mais aghora bailo eu,
mais aghora bailas ti, Parromeira e mais Mateu.

Aleghría dios a dera. (bis)
Non hai mellor aleghría que andar pola carretera.

Mais aghora bailas ti, mais aghora bailo eu,
mais aghora bailas ti, Parromeira e mais Mateu.

Aleghría dios a dea. (bis)
Non hai mellor aleghría que tela barrigha chea.

Mais aghora bailas ti, mais aghora bailo eu,
mais aghora bailas ti, Parromeira e mais Mateu.
---------------------------------------------------------------------------------------------------





Eu casar caseime na terra dos maraghatos, cunha muller pequeniña toda roída dos ratos.


(Outra versión).- Eu caseime na montaña na terra dos maraghatos, cunha muller cativiña toda roída dos ratos.




Díxolle unha muller a un home:
Heiche de dar unha puñalada no medio do coraçón onde remedio non teña.




As mulleres cásanse co home, logho cos fillos e despois cos netos. E por último cos amighos.




Díxolle o home á muller: - Heiche de dar unha puñalada.
Respóndelle ela: - Tamén cha reçibo se ma das cara a cara.





Conto das dúas curmáns:

Unha rapaça vivía cos seus verdadeiros pais na casa. Tiña unha curmán que vivía tamén con eles porque lle morreran seus pais.
Os pais da filla da casa deçíanlle antes de irse para a cama:

- Ti mexa e vaite deitar.

E á sobriña en cambio deçíanlle antes de que se deitara:

- Ti a fiar (o liño).

Ó pasar os anos casaron as dúas para casas de fóra. Botaron tempo sen se ver e cando se atoparon falaron deste xeito:

- ¿E a ti como che vai?
- A min ca do fía levei boa ghuía.
- Pois a min co mexa e vaite deitar houbéronme de matar.





Era un pai que lle dera estudios a seu fillo que saíra médico. Este pai era un labrador montañés. Cando o fillo se liçençiou, os pais de varios amighos do fillo que tamén se liçençiaron canda el, quixeron çelebrar unha çea ou reunión familiar entre eles e mailos fillos.


Cando ían para esa çea, o fillo tivo reparo do seu pai polo xeito que ía vestido. Levaba a roupa ao xeito de vestir típico das xentes normais, con pantalón de pana e sapatóns de amalloas. E con el levaba o pan. Díxolle o fillo a seu pai:
- ¿E logho vostede como vai así?. ¿Non podía ir mellor vestido para a ocasión do día de hoxe?. Así é mellor que non vaia.


O pai: ¡Ai boeno. Pois xa me marcho!
E con el levou o pan.


O fillo foi á mesa para xunta os demais. Sentáronse. Había de todo, pero alghuén dixo:
¡Pero aquí falta algho. É o pan!


Era o pan o que faltaba. E o labregho levouno con el.
Se aghora querían pan terían que sentar á mesa ó labregho.





Sei cantar, sei bailar. Sei tocala pandeireta que me ensinou miña nai a costa dunha peseta.





Santa María façíame a bola. Cando quería comíama toda.





Yo quisiera tener madre aunque fuera de una silva.(bis) Aunque la silva picara siempre era madre mía.




Era un home e máis unha muller. A muller tíñalle medo a dala lus. Deçíalle o home: - ¡Ai, muller, axúdoche eu!
Ela: Para axudarme, trae un cordel e amárroche os collóns. Cando tiña dolor tiráballe polo cordel e el queixábase. Así acompañábanse mutuamente.





Dunha ves era unha muller moi señorita que estaba a dála lus e nesto estáballe pedindo a Deus axuda: - ¡Ai, señor, axúdame e dálle este traballo ás labradoras que este traballo non é para min!.





Toda a miña anduven tras dun home ghanador. Na man o teño borracho e xoghador.




Eran dous fulanos e un era máis rico co outro. O máis rico comía polos, ghaliñas, e o probe comía sardiñas.


O que máis tiña, comía ben e estaba rebuldeiro. En cambio o outro pasaba máis fame e estaba flaco.


Preghuntoulle o ghordo ao flaco:

O ghordo: ¿E ti como es flaco?

O probe: É que como sardiñas e non me enchen.

E o probe fíxolle esta preghunta ó rico: - ¿Non chegharás a estar comendo sardiñas e eu ghaliñas?
Pasou o tempo e o que comía ghaliñas cheghou a comer sardiñas e o probe cheghou a comer ghaliñas, polo e repolo, porque aforrou.





Se queres comer bolicos non os comas de fariña, cómeos de relón que che fan mellor a dixestión.




Fagha vostede o favor e non se meta coa xente que lle podo abrir novo expediente.




A miña muller é vella, de vella non quer parir. Heina de colghar nun pino para me fartar de rir.




A miña muller é vella e enterreina nun palleiro. Deixeille un braçiño fóra para tocalo pandeiro.




Apalpa o ovo, apálpao ben, no cu da ghaliña por se o ten.




Teño pena e aleghría, teño dous males a un tempo. (bis)
Cando a pena me mata, a aleghría dáme alento.



Tengo pena y alegría, tengo dos males a un tiempo. (bis)
Cuando la pena me mata, la alegría me dá aliento.




Maldita terra, malditos nabos. Fillos cochinos, pais marranos.




Unha muller díxolle a outra que tiña pena de morrer. E respondeulle a outra:
- Pois eu non teño pena nincunha a morrer porque así estreno unha casa nova.



A Moimenta non vou máis que aínda me dixeron onte que salían a Cabrais.




Dille unha muller ás moças:

- Cantade nenas, cantade. Cantade, aleghrade a xente que o tempo da moçedá non vos ha de durar sempre.


Dinlle as moças á muller: ¿Por qué nos di eso, señora?

Ah!, porque eu cantaba cando era do voso tempo e aghora quero cantar e non podo. E a vos havos de pasar o mesmo.
Elas: ¡Ai, pois é verdá!




Dunha ves era un e casouse cunha moça. El era máis vello ca ela e cheghou un día no que el non lle façía nada a ela, e ela coa ghana que tiña arrimábase a el. Deçíalle el a ela:

- No te quiero, no, no, no.
- No te quiero vida mía, para mi se acabó.

Casárase con el pola riqueça xa que era rico e ela quíxose aproveitar deso.
Co tempo el morreu e ela quedouse coa súa riqueça e casouse con outro do tempo dela.




O carballo da Chaínça ten a folla revirada que lla revirou o aire unha mañán de xiada.



O río cando vai cheo leva carballos e follas, tamén podía levare as lencuas marmuradoras.




Un home foi bailar a unha carballeira:
- Carballeira de San Xusto, naquela carballeiriña hei de bailar ó meu ghusto.
E despois perdeu a súa navalla:
- Carballeira de San Xusto, carballeira derramada, naquela carballeiriña perdín a miña navalla.





Polo río abaixo vai unha troita a nadar, corre, corre, corre, quen a pudera pillar.
Polo río abaixo vai unha troita a correr, corre, corre, corre, quen a pudera coller.





As moçiñas / moças dalá de baixo vinde lavar ó meu río. (bis)
Anque a aghua non é (n´e) miña, naçe no meu labradío.





COPLAS ENCADEADAS, RIMADAS E CANTADAS:
-----------------------------------------------------------------------------
O paxaro cando chove mete o rabo na silveira. Así fai a boa moça cando non ten quen a queira.
Ai lalala, lalalala. Ai lalala, lala, lala.



Asubía que vai vento, asubía que vai vento.
Tamén eu asubiaba cando era do teu tempo. Tamén eu asubiaba cando era do teu tempo.



Canta miña cantaruxa, canta miña cantaruxa.
Quen ten rabia que arrabee, quen ten catarro que tusa. Quen ten rabia que arrabee, quen ten catarro que tusa.



Para que che quero eu miña viña vendimada, para que che quero eu se non me vales de nada, para que che quero eu se non me vales de nada.
-----------------------------------------------------------------------------




MÁIS COPLAS ENCADEADAS PARA CANTAR:
---------------------------------------------------------------------------
Anque che somos do monte, da raís da carroucheira,

sabemos bebelo viño coma os ghuapos da ribeira, sabemos bebelo viño coma os ghuapos da ribeira.



Veño dunha romería, mañán vou para outra, veño dunha romería, mañán vou para outra.
Váiseme o tempiño todo dunha romería noutra, váiseme o tempiño todo dunha romería noutra.



As dalá de riba cando van co ghando, espetan a vara e bailan o tangho,
bailan o tangho e a muiñeira, as dalá de riba non hai quen as queira.
----------------------------------------------------------------------------





COPLAS ENCADEADAS:
----------------------------------------------------------------------------
Heiche de dar para un velo, heiche de dar para un velo.

Pero non quero que durmas na miña cama de ferro, pero non quero que durmas na miña cama de ferro.



Ben che vin, ben che mirei. Ben che vin, ben che mirei.
Ben che vin caer no río pero as mans non che botei. Ben che vin caer no río pero as mans non che botei.



Ai Joseiño, meu José, meu rosario de cadeas. Cando vexo meu José, vexo a miña casa chea.
Dis que me queres moito e que cho pagharei. En quererche outro tanto e nada che darei.



O cura de Vigho é xastre, o de Marín mariñeiro. O de Ourense afiador, o de Noia, sapateiro.
---------------------------------------------------------------------------




(…)
----------------------------------------------------------------------------
Eu caseime no Araño pensando que había pan. O forno de miña soghra cría silvas no verán.



As dalá de riba cando van co ghando, espetan a vara e bailan o tangho.
Bailan o tangho e a muiñeira. As dalá de riba non hai quen as queira.



Eu caseime no Araño pensando que había pan. O forno de miña soghra cría silvas no verán.



As dalá de riba cando van co ghando, espetan a vara e bailan o tangho.
Bailan o tangho e a muiñeira. As dalá de riba non hai quen as queira.



Eu queríame casar se non fora o que temo, andar con el saco a cuestas, por aquí venden centeno.



As dalá de riba cando van co ghando, espetan a vara e bailan o tangho.
Bailan o tangho e a muiñeira. As dalá de riba non hai quen as queira.
-----------------------------------------------------------------------------




(…)
-----------------------------------------------------------------------------
Heiche de dalo boi louro e maila vaca marela, e maila filla máis nova se non queres a máis vella, e maila filla máis nova se non queres a máis vella.



Este pandeiro que toca é de pelexo de ovella, aínda onte comeu herba, hoxe toca que arrabea. Aínda onte comeu herba, hoxe toca que arrabea.



Toca miña pandereta toca, senón heiche de crebar / rachar. Toca miña pandereta toca, senón heiche de crebar / rachar. Que me custástelos cartos, axúdamos a ghanar.


(Outra versión):

Toca meu pandeiriño toca, senón heiche de crebar / rachar. Toca meu pandeiriño toca, senón heiche de crebar / rachar. Que me custástelos cartos, axúdamos a ghanar.
-------------------------------------------------------------------------------

2 comentarios:

Paco do Martelo dijo...

Un saúdo Ramón, non deixemos esmorecela nosa Cultura.

Ramón dijo...

Ola Paco.
Outro saúdo da miña parte.

Vexo que ti tamén recolles e publicas con imaxes e videos no teu blog. Moi bo, por çerto.

Ghústame visitar a túa terra de Nebra, sempre me ghustou desde neno, e por descontado cando hai festas coma as da Balbanera,..., ou a de santa Rita do sábado pasado que fun invitado a xantar na casa de miña tía Elena "dos de Xusto", en Calo.

Vímonos eu e ti no campo da festa cando ghrababas este evento, sen perder oportunidade. Estou comprobando que es unha persoa moi activa, non so lembrando a nosa memoria, senón que en temas actuais e de manter as cousas, estás ao pé do cañón.

Enhoraboa, compañeiro.