lunes, 3 de mayo de 2010

O ESTRÉS





O estrés é a resposta de ansiedade que experimenta unha persoa cando ten que facer fronte a unhas demandas do medio que lle resultan excesivas. A persoa non cree que coas súas capacidades poida superar aquelo que o seu entorno lle está pedindo.



É, pois, unha percepción subxectiva, é dicir, a persoa evalúa a situación e as súas capacidades, e é a súa opinión e non a realidade o que importa para ela. Por iso, ningunha situación é estresante por si mesma, senón que depende da valoración que lle deamos cada un/ha de nós.


Na xusta medida, o estrés pode ser adaptativo ou podemos puntualmente senti-lo ante unha determinada situación, pero logo supera-la; o problema é cando se converte nunha constante.



O estrés pode ter diversas consecuencias:
A nivel fisiolóxico: problemas cardiovasculares, dixestivos, respiratorios, etc.
A nivel inmunolóxico: provocando un descenso nas defensas que fará máis vulnerable á persoa para desenrolar calquera infección.



A nivel social: as relacións cos demais poden verse afectadas, pois a persoa estresada altérase con máis facilidade e actúa coma si estivese enfadada ou de mal humor.




Ás veces chega a considerar que relacionarse cos demais é unha perda de tempo, o que da lugar a unha perda de amizades e rexeitamento do apoio social que tanto beneficio lle poden proporcionar para resolver determinadas situacións.



É importante ter en conta as seguintes indicacións para previ-lo estrés:
Coidando a saúde, pois unha persoa saudable terá máis enerxía para afronta-las adversidades mellor que outra que se atope enferma e débil..



Fomentando crenzas positivas: se non confiamos en nós mesmos/as, dificilmente poderemos confiar na nosa capacidade para enfrentarnos ós acontecementos.



Tamén relacionarse cos demais e comunicarse de xeito adecuado é unha ferramenta esencial para acadar gran parte das cousas que desexamos.



Non podemos esquecer que na maioría das nosas preocupacións hai implicadas, directa ou indirectamente, outras persoas e que achegarnos a elas de maneira axeitada permitiranos resolver moitas das dificultades.



Pedir axuda, pois hai persoas que poden ter dificultades para isto porque pensan que si piden axuda é un indicador de menos valía, de fallo, etc; cando non é así, senón que máis ben implica aprender a compartir, situarse nun mesmo nivel e enfrentarse a moitos medos.



Na xusta medida, o estrés pode ser adaptativo ou podemos puntualmente senti-lo ante unha determinada situación, pero logo supera-la; o problema é cando se converte nunha constante.



O estrés pode ter diversas consecuencias:
A nivel fisiolóxico: problemas cardiovasculares, dixestivos, respiratorios, etc.



A nivel inmunolóxico: provocando un descenso nas defensas que fará máis vulnerable á persoa para desenrolar calquera infección.



A nivel social: as relacións cos demais poden verse afectadas, pois a persoa estresada altérase con máis facilidade e actúa coma si estivese enfadada ou de mal humor.



Ás veces chega a considerar que relacionarse cos demais é unha perda de tempo, o que da lugar a unha perda de amizades e rexeitamento do apoio social que tanto beneficio lle poden proporcionar para resolver determinadas situacións.



É importante ter en conta as seguintes indicacións para previ-lo estrés:
Coidando a saúde, pois unha persoa saudable terá máis enerxía para afronta-las adversidades mellor que outra que se atope enferma e débil..



Fomentando crenzas positivas: se non confiamos en nós mesmos/as, dificilmente poderemos confiar na nosa capacidade para enfrentarnos ós acontecementos.



Tamén relacionarse cos demais e comunicarse de xeito adecuado é unha ferramenta esencial para acadar gran parte das cousas que desexamos. Non podemos esquecer que na maioría das nosas preocupacións hai implicadas, directa ou indirectamente, outras persoas e que achegarnos a elas de maneira
axeitada permitiranos resolver moitas das dificultades.



Pedir axuda, pois hai persoas que poden ter dificultades para isto porque pensan que si piden axuda é un indicador de menos valía, de fallo, etc; cando non é así, senón que máis ben implica aprender a compartir, situarse nun mesmo nivel e enfrentarse a moitos medos.

1 comentario:

Pia dijo...

A que non tivo ningun estrés a hora de ter outro neno foi a nosa compañeira Encarna, que o mes pasado tivo a Julián. Noraboa