¿A onde iba eu?
¿Que façía aquí nun luns de semana laboral, en plena aventura a un punto lonxano,
contra reló e sen axuda de ninquén, e o peor era que nin conoçía o traçado por onde transitaba?
Fun avançando de paso que vía como transcorrían as horas,
e co tempo por fin atopo un indicador para Monforte de Lemos.
Pouco a pouco foi apareçendo á vista o pobo,
e velaí estaba, co seu ghran río que o atravesa.
Tiña que localiçar a ponte romana e o seu hostal, así que seghundo avançaba preghuntei nalghunha parada a alghuén que pasaba por alí sobre o sitio a buscar.
Loghrei ver a praça que me indicaran como referençia,
na cal había distintas rúas e nunha delas aparquei.
Eran as sete menos algho da tarde. Baixín do coche e vin que a xesta de maio posta na defensa dianteira caérame nun punto do recorrido desde que saín dalá.
Tal como me pareçeu cando vira voar algho diante do parabrisas na metade de todo o traxecto, intuíra que fora o ramo ao caer nese instante.
A hora marcada para encontrarnos era as sete en punto diante do hostal. Así que esperei un pouco e dispúxenme a chamar por teléfono móbil, pero resulta que non comprobara con antelaçión que non dispuña de saldo sufiçiente para efectuar chamadas.
Optei por dirixirme ao sitio seghuindo un indicador que sinala a ponte romana,
cando aos poucos pasos vexo unha esquela na parede que puña os meus dous nomes completos, sen cadrar os apelidos,
e dada a suxestión á que estaba sometido e á inçerteça desta aventura, viñéronme á mente unhas nubes neghras de desesperaçión, na que me vía xa morto, sendo acompañado polos meus seres queridos na vela, e despedido no enterro.
¿Andaba por aí a morte? ¿Viña por min hoxe?
Sabes que non podo soportar imaxinar que me encontren morto sen que ninquén o espere, nin por enfermidade non padeçida, nin por aççidente sufrido.
Seghuín avante co coraçón nun puño e ollei a ponte,
situándome no medio dela para ver a entrada do hotel por se había alghunha persoa estrana que pudera ser a que me esperaba.
Non vin a ninquén e adianteime un pouco máis para mirar de preto, pero nada.
Desandei o andado e volvín á praça por onde aparcara o coche e desde alí busquei unha cabina telefónica, que cando a atopei non collía as moedas.
Deçidín entrar nun bar, e tomar algho mentres falaba coa dependenta, de paso aproveitei para chamar por teléfono,
e ao fin puden contactar con el para poder encontrarnos máis tarde da hora prevista iniçialmente.
Volvín con direççión á ponte e cando estaba na metade do seu tramo, que é a parte máis elevada, desde aquí vexo na entrada da porta do hotel un home pequeno e reghordete de melena neghra case lisa, barba pequena e bighote.
Podería rondar os corenta e pico ou çincoenta anos. Estaba mirando para os lados, pero eu iba pola ponte sen que aínda el me tivese visto.
Vestía unha camisa branca de manca lonca, un pantalón vaqueiro, e non sei se sapatos marróns ou sandalias de coiro.
Ao lonxe detectei xa nel unha persoalidade moi bicha, é diçir, moi espabilado, e con claridade no seu actuar. Presentino como bohemio, que hoxe está e mañán xa se foi.
Púxenme dubidoso, inquiríndome eu a min mesmo se el estaba nesto por crença profunda e con sentimento no que fai ou se nós eramos para el un número en serie dunha fábrica co único obxecto de sacar cartos.
¿Aprendeu para transmitir algho desconoçido e serviçial?
¿Extraviou eses prinçipios iniçiais ou xa nunca os tuvo?
Non sabía se os chamáns na selva tiñan afán de reçibir algho como “troco” ou se actuaban por altruísmo.
Non sabía que pensar, pero non podía comparar eso coa práctica que façía el aquí, neste mundo oççidental, onde os alimentos e o xeito de vida non os daba a selva, senón que debía comprar todo para subsistir.
Ademáis, cando se planificaba unha sesión con alghuén durante çinco horas de ritual, falado, reçado, cantado, acompañado ..., o alugher do cuarto no hotel tiña o seu custo.
Por eso eu moralmente non podía calificar con xustiça o feito de que el cobrase, polo que non tiña unha idea clara sobre tal cuestión.
Todas estas preghuntas viñan de ves en cando á miña mente, tanto neste intre atravesando a ponte, como ao cheghar xunto del, e despois na mesma sesión, rondaron nalghún instante no meu interior, fose dun xeito coordinado ou toda a idea en conxunto como unha bóla enmarañada.
Camiñei deica el e presenteime para aseghurarme que era a persoa que buscaba, pese a que, antes de saudalo cando camiñaba con direççión a el, nin sequera se fixara en min.
Miroume e presentouse co seu açento típicamente arxentino, aproveitando para preghuntarme se viñera solo, e díxenlle que sí, quedando uns poucos seghundos a mirar para min.
De paso, desde a porta do hotel, foi ao bar do lado consultarlle algho ao camareiro, e volveu saír para desta ves entrarmos os dous xuntos no hotel, falando e contándome que xa conoçía ao meu compañeiro o cal me dera sinais del.
Saudou á reçepçionista da portería e colleu as chaves para logho subir ao apartamento no que se çelebraría a sesión.
Alí entramos, era un cuarto con moqueta, tiña unha cama, un armario, e un baño.
Había unha xanela mirando entre noreste – sureste.
A cabeçeira da cama estaba case para o suroeste. Había unha banqueta que situada preto da parede onde estaba a xanela.
Veu no chan un pouco de çinsa de tabaco que recolleu coa man e cun papel, a cal caera do ritual empreghado na última sesión ou doutras anteriores, comentando que había que deixarlle todo o máis limpo posible por mor de normas básicas da direççión do hotel.
De paso abreu un pouco a xanela para que se fora o ulido dese tabaco-ghuía.
Non me lembro se o material de traballo estaba no cuarto, ou non. Sexa como for indicoume se o acompañaba á súa casa para buscar algho.
Fun con el, preghuntándome onde vivía eu, cal era a miña situaçión, e logho deso quixo saber de onde era orixinario.
Camiñando contoume que na vivenda a onde iamos estaba a nova parella co fillo ou filla desta unión, sen acordarme aghora se había alghún fillo-a tamén da ex.
A uns çincoenta metros cheghamos á entrada do edifiçio onde tiña o seu piso.
Dubido se me ofreçeu subir ou non, pero espereino abaixo mentres collía o que ía buscar e que non tardaba nada en baixar.
Foi cousa de pouco tempo, anque o que espera, desespera, e xa con el abaixo, volvemos ao hotel.
Pola maneira de camiñar, do seu actuar, da súa tipoloxía e do xeito de falar, víase que esto era un campo de estudio integhrado na súa vida, que debido á nosa soçiedade na que se asentaba boa parte do ano e na que desenvolvía o que traía dalá, era evidente que esto formaba parte do seu medio de vida, anque so era unha ponla visible de algho máis diverso e amplo que eu non sabía se tamén desenvolvía por aquí, ou na súa terra de orixe.
A todo esto sumábase a miña “desconfiança” de non saber que pensar sobre el e a súa práctica, por mor de diversas dúbidas:
- De ser esa a súa vocaçión, ¿tería el a absoluta seghuridade e control sobre as posibles consecuençias desta bebida.?
- ¿Sería unha persoa sen escrúpulos que buscou esto para sacar cartos?.
- ¿Teríase iniçiado neste mundo por querer comprender e transmitir estes conoçementos en aras de axudar, pero foi sobrepasado e veuse impotente ante tan ignoto tema?
- Podería ser que aprendera ben o que intentaba transmitir, ¿pero façéndoo xa so por rutina, como algho deshumaniçado, sendo nós para el so un número máis na cadea de fabricaçión?
- Pudera ser que fose unha persoa noble, que cría no que façía.
De tódolos xeitos, xa que cheghuei ata alí, interiormente quería experimentar esto por min mesmo por ver se atopaba respostas e comprensión a todo o que buscaba.
Pero sempre como me ten pasado en diversas ocasións na vida, atopábame lonxe e fóra do meu ambiente, incómodo diante dun estraño, e sen apoio de ninquén para axudarme a voltar á casa.
Alí estábamos na habitaçión, aclarándome como xa me contara por teléfono cando concretamos esta çita, que a sesión soe durar entre unhas cousas e outras, sobre çinco horas.
Non sei se lle paghuei os 50 € no momento da primeira subida ao cuarto, se na seghunda volta á habitaçión, ou ao final da sesión.
Díxome que sacara os sapatos. Senteime e fíxome as últimas preghuntas para aseghurarse do meu estado anímico, de como fora a maneira que souben del, a miña persoalidade, preocupaçións e propósitos.
Entón mandoume deitar na cama boca arriba. Visteu un tipo de poncho de cor vermella, creo que tiña alghunhas raias, non sei en que sentido, douradas ou brancas.
Prendeu inçienso, mandoume pechar os ollos e relaxarme.
Começou tocando unhas campaíñas tibetanas usadas para meditaçión cuns sons característicos e relaxantes, que volvía façer soar de ves en cando.
Ao mesmo tempo, dun xeito moi fluído e velós, reçitaba cantos e oraçións nomeando entidades indíxenas dos pobos sudamericanos e çentroamericanos. A súa fonética era talmente dos indíxenas americanos.
Eu estaba un pouco raro, algho tenso e preocupado, polo que non podía meterme a fondo e de coraçón nesas oraçións, quedando atrapado na mente.
Botou unha cantidade de tempo orando e cantando ao son das campaíñas e co reçendor do inçienso.
Eu sentía que o ambiente estaba refrescando debido a que seghuramente xa se puñera o sol.Tiña algho de frío polos pés e o corpo, pois estaba en manca curta e con calçetíns.
Pensei que non daba acabado, así como por outra parte acumulábaseme tensión, incapaçidade para sentir aquelo, e frío, polo que a boca e a cara quería traiçioarme dando a sensaçión de xestos de risa.
Rematou esta parte da sesión, e mandoume abrir pouco a pouco os ollos, querendo saber o que sentira.
Tratín de ser o máis sinçero e exacto posible, explicándolle tódalas sensaçións e obstáculos persoais que tiña. Resolveu diçindo que non pasaba nada.
Aghora viña o traballo coa “abuelita”, ou ayahuasca.
Mandoume sentar cómodamente na cadeira, non forçándome, e sen os sapatos.
Aclaroume que non ghardase nincún tipo de espectativas, solo me deixase levar, para que a abuelita traballase por si soa a nivel de mente, corpo e espírito.
Ela sabía como adaptarse a cada persoa, buscando a maneira de explorar, liberar obstáculos e curar o que lle afecta a cada un.
Había casos de xente que na mesma toma tiveron respostas ás súas dúbidas, con ou sen síntomas.
Outros sen embargho, con síntomas ou sen eles, non tiveran a simple vista nincunha contestación ás dúbidas, pero á largha sen saber como, a persoa neçesitou e pideu por ela mesma volver completar a mediçiña.
Esto non é extensible a todos por ighual. Xente que non perçibeu respostas o día da toma, foi vendo como despois dun praço de tempo, xa pasado o día da toma, abríaselle o camiño para saber que deçisións e actos tomar no que lle afectaba á súa vida.
Outros foron vendo posibilidades e vías de conoçemento ou cambios de actitudes que non esperaban tomar por sí mesmos.
Era frecuente que na mesma práctica do día, a xente tivera náuseas, vómitos, calafríos, sudoraçións, estados alterados de conçiençia, ..., que se denominaba “mareaçión”. Podía ser que non se manifestara nada, simplemente relaxaçión e tranquilidade.
O chamán debía tomar, antes que o paçiente, algho da bebida por mor de identificarse co seu propio espírito e dese xeito poder conectarse co paçiente, loghrando saber a dose que lle correspondía dar.
Ighualmente a súa presença servía para acompañar na súa viaxe e en todo momento á persoa, evitando, de ser o caso, quedar atrapado noutros planos e axudarlle volver.
Podía cadrar tomar soamente unha toma, pero, en todo caso nunca se debía exçeder de dúas tomas na sesión. E incluso xente que quixera volver repetir, debería esperar como mínimo uns seis meses. Non era adictivo.
Começou a miña sesión. Xa case era noitiña. Volveume lembrar que esta práctica ía durar unhas çinco horas.
Eu estaba sentado, sen sapatos e contestando ou abrindo conversa do que me preghuntaba.
El seghuía co poncho por riba da camisa, e tiña o pantalón vaqueiro, creo que estaba descalço, con ou sen calçetíns.
Sentouse en postura de iogha, e sacou da mochila un paquetiño con picadura de tabaco e tamén unha pipa.
Púxolle a picadura de tabaco na pipa e prendeulle lume no tabaco,
dando unhas bocanadas á pipa, para que fora enchéndose o ambiente dese ulido.
Tamén extraeu da mochila unha ramiña, non sei se de oliva ou de que, xunto cunha cunquiña ou bol, creo que de madeira, onde botou un pouquiño de aghua “espeçial” ou pudera que fose ayahuasca, para mollar a ponliña.
Foi entrando en materia, aseghurándose de todo o que me preocupaba, familia, casa, traballo, pasado, presente, futuro, estado de saúde física, mental, ....
Falaba, diçía oraçións e cantaba en vos baixa. De ves en cando botaba fume en forma de “O” marcando a sonoridade cos beiços á hora de expulsalo, para que ese fume fora subindo coa forma desa fighura.
Entre tabaco, oraçións e cantos íase carghando o ambiente, querendo introduçirse no meu interior pero, algho fallaba para min desde o primeiro momento.
Estaba inquedo, con falta de tranquilidade por estar fora do meu ambiente, a tantos çentos de quilómetros despraçado do meu punto de referençia, e preocupado pola hora para erghuerme çedo ao día seghuinte e ir traballar.
“Merda, prácticamente a maioría das veçes sempre pasa o mesmo cando quero intentar algho que me interesa. Fanme despraçar fora do ambiente e do lughar.
Sentíame impotente por non poder ter sido na miña vivenda, porque nun primeiro momento propúxome esa posibilidade e anulouna por mor do horario.
Despois dera a alternativa de façela en Santiagho, pero o que lle çedía a vivenda non podía estar presente e non prestaba as chaves.
De seghuido díxome que a única posibilidade era en Monforte de Lemos.” Así que seghuía como fóra de sitio e lughar, sen encontrar equilibrio e confiança no meu ser.
No hay comentarios:
Publicar un comentario