martes, 25 de mayo de 2010

FIN DUNHA CONVULSIÓN E COMEÇO DUNHA ANGHUSTIA, por Ramón Laíño

Non prendín a lus, senón que coa penumbra que había do alumeado público que entraba pola xanela, fun ao baño para deixar a bolsa, lavar a cara e volver sentarme no chan contra o tabicado, mentres el estaba a través do pé da cama coas costas tamén apoiado na parede.





Eu tiña calafríos, estaba destemplado, con frío, e ofreçeume unha manta que botei polo lombo.



Non sei preçisar se notara cambiada a súa vos antes dos meus vómitos, ou foi despois deso, cando el me preghuntaba pola familia, o traballo, e todo arredor da miña vida, porque semellaba como se estivera falando talmente co meu curmán de Montreal, Canadá, que o conoçía de vir aquí en varias ocasións, e de ter eu ido alá durante uns meses.






Deixoume sorprendido porque pareçía exactamente o parente canadense, so lle faltaba falar no noso idioma como o fai o curmán.




Recalqueille neso con naturalidade, diçíndolle: “Esto es increíble. Pareces talmente mi primo Gustavo de Canadá”. Díxenllo dúas ou tres veçes espaçiadas no tempo, e na última el reaççionou como medio mosqueado, diçíndome cun tono algho arisco: “¿Te debe plata?”.





Pedín disculpas explicándolle a súa exactitude coa vos do parente. Realmente o estrés fixo mella nel pese a estar en trançe, posiblemente pola cantidade de horas que levaba comigho seghuindo todo o ritual completo.






Despois de falar de diversos aspectos da miña vida, e de dar consellos para preservar e apreçiar todo o que valía a pena, pasou a tocar o tema da informática, deixándome sorprendido pola veloçidade, termos e tecniçismos que usaba.



Víase que non era unha cousa aprendida, senón que falaba decorrido e sen pausa, como algho superior que o ghuiaba e el so era un intermediario.







Pouco a pouco foi rematando todo ata que ao fin quixo que paseniñamente abrira os ollos, e lle contara como estaba.



Relateille as situaçións e cousas estranas de cando el falaba, referente ás voçes e ao dominio de çertos temas, á veloçidade con que se desenvolvía que non eran normais, e o que contestou foi: “Hasta yo mismo me sorprendo y no me lo creo. No soy yo.”



Estuvemos así falando e façendo tempo para comprobar se me pasaran totalmente os efectos da “abuelita”, e por saber se estaba con forças para conduçir, porque non tiña ninquén que o fixera por min.






Seghuramente se neses momentos me encontrara moi mal, podería quedarme na habitaçión o tempo neçesario.




O que si notaba era falta de alimento, pero tal como estaba o meu estomagho despois de toda aquela “revoltura”, presentía que non podería acoller ben algho consistente e de sustento.



Comenteille esta neçesidade, e díxome que había persoas dentro desta práctica as cales sostiñan que non se debía tomar nada ata transcorreren doçe horas. Sen embargho el era partidario de meter algho se o corpo o pedía. Se che apeteçe un bo bisté con patacas, pois non te prives.



Eu presentía que estaba máis acorde comigho non tomar nada ata pasadas doçe horas. O apremiante era poder descansar o sufiçiente. Sen embargho non había marxe para eso, debendo coller camiño. De tódolos xeitos, con tanta debilidade urxía tomar algho para sustento do corpo, e así poder afrontar eses dousçentos quilómetros de volta.



Non sabía que había de pedir, pois o corpo neçesitaba sustento, pero, anque fora unha cousa suave, intuía que non me caería ben. Por outra parte, ¿cómo levar o coche tantos quilómetros nesta fraqueça?



Advertiume que debido á mediçina sentiríame moi sensible en tódolos aspectos, cos meus sentidos a flor de pel,: oído, vista, sensaçións, ... De coller aghora o coche debía ser moi precavido.




Pasou un bo cacho de tempo e dado que xa non botaba nada máis pola boca, quixo saber se me atopaba ben para volver á casa.



Sen eu ter moita confiança no meu estado e perçibindo que remitiran as náuseas, díxenlle que “sí”.




Estaba inmerso nunha fonda debilidade causada polos intensísimos vómitos da última parte da sesión, que xa traía coa dieta mantida desde había case dúas semanas.




Deçidimos saír do cuarto, sendo aproximadamente as doçe da noite, e creo que foi idea miña de tomar alghún tentempé para sustento do corpo antes de coller o coche camiño de volta á casa, pois el xa quedaba en Monforte.



Baixamos e fomos ao bar que está na beira do hotel, xusto ao seu carón, concretamente debaixo do hostal. Penso que tanto o bar, coma o hostal e o hotel, forman parte da mesma actividade.






Ao entrar no bar a xente pareçíame que en ves de falar, berraba. Eran coma ecos fortes, poi eu estaba nun estado de sensibilidade estrema e sobresaltado. A vista semellábame captar as imaxes dun xeito distinto, máis craras e amplas, con tonalidades máis marcadas.






As conversas dos releos dos clientes pareçíanme estridentes, ademais sen fundamento, sen sentido, desequilibradas e enfermiças. Víaos como seres moi espesos e embotados, que me puñan máis nervioso. Perçibía todo como un estado de alerta.






A todo esto sumábase o desfaleçemento pola debilidade do meu corpo e mente, a inseghuridade de ter que conduçir çentos de quilómetros so ata a vivenda nunha franxa horaria dun martes de madrughada onde case non habería tráfico ata a alba, e despois no mellor dos casos, de ter cheghado vivo, habería que madrughar para entrar ao traballo.



El ao ver o meu rostro e a miña mirada neses poucos segundos que levábamos alí, douse conta do que suçedía, e tranquiliçoume diçindo que non fixera caso a nada, porque estaba con tódolos sentidos externos e internos a flor de pel, nun estado de aghudeça extrema.



Para sacarlle dramatismo ao asunto botoulle unhas palabras de vaçile a dúas persoas que estaban releando no mostrador, dándolle polo pau e tomándolle o pelo sen eles sabelo, dándome a entender que estaban nun estado de natureça ghroseira e perdida, façéndome algho de ghraçia a súa compliçidade, anque eu non as tiña todas comigho a causa do que había por diante nesa madrughada.







Sentámonos nas banquetas do mostrador, e o camareiro preghuntounos que queríamos. No meu caso desexaba saber que tiñan para picar, pero nesas horas xa non estaba activa a coçiña, polo que so había aperitivos, produtos envasados, donuts, bolicos de ensaimada, …






Prestábame algho suave para o corpo, pero coa présa e sen ter idea da reaççión do corpo fronte ao que inxeríría, pedín unha boliña pequena de ensaimada con nata e para beber unha laranxada de botella.






El pideu un donuts e un café, e convideino, aboando o de ambos.



Máis que çentrarme no momento e no sitio onde estaba, a miña mente abrumábame co que me esperaba do traxecto e como discorrería todo.




No hay comentarios: