miércoles, 12 de mayo de 2010

MALOS PRESAXIOS NA PROBA DA AYAHUASCA, por Ramón Laíño

Esto de estar a dousçentos quilómetros, e nestas horas probando o non sei que dábame mala espiña.




Vía que o destino estaba marcando o meu camiño, e non quería volver experimentar, como noutras veçes me ocorreran, un suçeso tan escuro e tenebroso que anos atrás fixo perighar a miña vida.


É a década de 1990, en concreto nos anos 92 ou 93, e atópome na casa. Nesa época rexentaba a taberna-ultramarinos de meus pais, coa que tiven contacto desde os seis anos, cando deixei a casa de meus avós maternos.







A esa idade de crío, reçén cheghado ao local, causoume estrañeça ver unha caixa iluminada en branco e neghro que tiña dentro xente, animais, …, e que falaban dunha maneira que non entendía (TV).



Por outra parte había unha estrutura de madeira separando o local en dúas partes, que máis tarde souben que lle chamaban “mostrador”, na que se colocaban persoas que lle pedían cousas a meus pais situados por dentro del, e que a cambio reçibían unhas rodiñas de metal coa fighura dun homiño ou tamén papeis de cores. Cousas absurdas, surrealistas, estranas, e alleas á verdade do fin da vida para un crío.


Todo o meu existir foi un pesar por estar detrás dunha barra. Continuamente quería ter fuxido e non andar por alí.






So existe baleiro e insustançialidade na funçión en sí do comerçio como tal, cousa máis odiosa e sen alma, totalmente oca, que conduçe á escravitude, tanto polo feito de querer vender como por asumir que o cliente sempre ten a raçón, posto que che bloquea o bo xuíço, e non che axuda desenvolver dun xeito equilibrado a túa personalidade como calquera neno da túa idade.

Faiche reprimir a túa conducta espontánea e natural, e se non tes recursos para defenderte doutro xeito máis adecuado, estás perdido.



Ademáis, ¿por qué hai que dar conversa de calquera tema, se non tes nada que contar, para atraer clientes ou sostelos?. Falar por falar, cando non tes cualidades de charlatán e non che saen as verbas.



Vil metal causante directo e indirecto de tantos trastornos.






Outra cargha atopada seghundo foron pasando os anos foi saber que naçeras nun país con cultura de seu e fala propia, onde a maioría dos seus habitantes vivían de espaldas a el, e pese ao teu compromiso, a tódolos teus esforços, e a tódalas túas aportaçións por ser consecuente co que che rodeaba, non se vía froito nin correspondençia no loghro de remover conçiençias, e esto seghuía inerte e morto, como unha çeghueira ghlobal.



¿Formaba esto parte do meu destino para depurar o meu karma?




¿Pero, con que funçión? ¿Desapegarme do materialismo? Que eu me lembre, desde pequeniño nunca me considerei apeghado ás cuestións materiais, senón totalmente o contrario. Incluso hoxe cando busco momentos para separarme do denso e ghrotesco, podo ter posibilidades viables para açercarme a elas, anque ao pouco deba asumir que estamos aquí e neçesitamos pór os pés na terra e obter dela o preçiso para cubrir as neçesidades.



Pudera ser que houbese no meu disco duro unhas causas do pasado pendentes aínda por paghar, anque eu xa non tivera absolutamente nincún vínculo con esa vida nin esa forma, pero debía redimilas mediante as “atençións e contribuçións” referidas anteriormente e que foran asinadas polo destino non revelado.



Menuda historia da depuraçión kármica. Nunca puden açeptar que se tivesen que paghar “pecados” de supostas vidas pasadas, xa que tanto os que padeçeron a afrenta como os que a causaron, non podemos ser consçientes dela-s. Desde a miña consçiençia presente pretendo que todo se paghue nesta vida, sen dar orixe á impunidade ou á inxustiça, sexa cal sexa a funçión e o nivel de poder de cada un.





Así que para saldar todo “eso” o destino elixira a forma de prisión continúa e diaria como se fora “un cárçere” co inconveniente de arrastrar case desde neno unha enfermidade física totalmente contraria e contraproduçente co clima desta terra e co ambiente que se respiraba en locales pechados.



Era ineludible completar ese çiclo de condiçións e estadios, que a pesar de definilas como se nos ocorra, ou buscándolle as raçóns que queiramos, chamémoslle “X”, formaban parte da miña evoluçión persoal (eu e as miñas çircunstançias), como escalas proghresivas que por alghún motivo debía superar para alcançar a liberaçión e medrar interiormente. Con esta tesitura as cousas serían como estaban destinadas para ser.



Neses preçisos anos, 92 ou 93, o ambiente estaba enrareçido e cortado pola friaxe dos conflitos bélicos que ocorrían no continente. Tanto os clientes, como os medios informativos: televisión, radio, prensa, ..., bombardeaban a todas horas coas crueldades e barbaridades da ghuerra na vella Europa. Todo esto relatábase seghundo a óptica e intereses dos medios integhrados no sistema e a estrutura do mundo.


Atopábame, despois de tantos meses, completamente saturado e hastiado de tanto bombardeo mediático ao respecto das innumerables salvaxadas e crimes desa malhabida ghuerra. Nunha preçisa e maldita noite desa penosa época, logho de relevárenme no posto, funme axiña para a coçiña a desconectar.

No hay comentarios: