jueves, 13 de mayo de 2010

COA SOMBRA DO PASADO NA SESIÓN, por Ramón Laíño

Pouco me durou a desconexión xa que velaí entra o proxenitor ata onde eu estaba, feito que non tería en si mesmo a menor importançia, senón fora pola súa personalidade extravertida e solta, dado a profundiçar e sentençiar cuestións que se desconoçen en profundidade.





Dándose o caldo de cultivo apropiado para iso, botou man dun xeito mecánico e por inerçia, de todas as novas referentes ao conflito que nese tempo pululaban e çirculaban polo ambiente.





De actitude inconsçiente e sistemática, proçedeu a tratar con afán ditos conflitos violentos que me produçían rechaço e malestar, façéndome perder a serenidade e induçíndome de maneira indirecta a inmiscuirme en algho que non sabía nin quería.






O meu intento por fuxir de todo ese acoso informativo, o cal me tiña envenenado por tal desvarío e brutalidade, foi frustrado pola falta de tacto e diplomaçia.



A posibilidade de que as cousas fluísen silençiosamente por si soas, podendo aclararse co tempo e madurando a un ritmo natural, como a froita madura que cae da árbore, xa non foi posible para min.




Debido á presión a que eu estaba sometido e ao ruxe, ruxe do meu interlocutor, manifestei unha idea teórica e prefixada, sen conoçer o pasado e presente destas realidades.


En contraposiçión, desde a súa óptica, pero tamén sen conoçemento de causa, fixo o propio desde o seu sentir.


Con estas dúas afirmaçións mutuas, açertadas ou erradas, xa estaba construído o tinglado por mor do seu apremio, apuro e persistençia, así como, por outra parte, fundado no meu estrés, ao que se lle sumaba a maiores esta presión.





Nestas condiçións de falta de calma e mesura, prodighada pola insistençia nos pareçeres de cada un de nós de “volta á bola que é de millo toda”, foi derivando en rebelión e perda de control, apurándome a emitir pensamentos sobre temas que desconoçía, polo que me desboquei dun xeito atolado e repetitivo como un disco raiado, e viçeversa.


Todo esto ocasinou un conflito parental que implicou a outro membro máis, o cal foi enghulido polo remuíño nos mesmos termos, e posteriormente afectou a todo o clan.



Cando veu a calma, logho desa situaçión tan triste e desaforada, anque por sorte sen contacto, nin dano físico, nin material, pero si moi movida e embarullada, quedoume un sentimento de dor, pena, anghustia e culpabilidade.




Arredor destes sentimentos xélidos e escuros, caín nun estado depresivo, começando a obsesionarme polo suçedido e a condenarme, á ves que sentía pena do percançe e dos seus partiçipantes.


Así mesmo, á par das obsesións, xurdeu unha espiral de compulsións repetitivas como mecanismo e vía de escape para soportar eses sentimentos e imaxes da película que me consumía.



Todo este calvario de sentimentos e proçesos patolóxicos, que cada ves ocupaban máis espaço e enerxía da miña mente, chegharon a perturbar a maior parte dos quefaçeres diarios, sen poder ser libre para çentrarme en nada, nin disfrutar da vida.





Desa maneira fun arrastrando esa situaçión durante un tempo moi lonco, como se o xeo e a escuridade invadira o meu interior para nunca máis abandonarme. Trataba de seghuir camiñando como podía, pero érame imposible.


Pola miña parte esto causoume moita pesadume, sen poder preçisar como se sentían os semellantes, ou se pasaran páxina.


Esta miña actitude e enfoque persoal debíase a que o meu ritmo biolóxico sufrira un choque brusco e forte, quedando afectado o meu propio carácter paçífico. Eso crebou os prinçipios éticos, e todo pola maldita presión e a impaçiençia a que fun sometido.




Á hora de saír para divertirme, ou para realiçar outras tarefas calquera, non me quedaba máis remedio que façer de tripas coraçón para non apalancarme na casa.


A soedade e a falta de ghrupo era a miña tónica dominante, polo que no fin de semana, en concreto nun sábado de tarde noite, aproximadamente a mediados do mes de deçembro de 1994, prepareime para saír de marcha a Noia explorando a noite en solitario, como de costume.







Dirixinme á disco de riba, onde hoxe está o tanatorio. Máis que divertirme, comíame o tarro desde tempo atrás co que traía da casa.


Por eso, nun momento da noite dentro da discoteca, e para aliviar a cargha emoçional que tiña enriba, póñome a mirar fixamente, por entre o medio da xente, a lus do láser que me enfocaba directamente de fronte a unha deçea de metros.




Estiven así por cuestión de seghundos, e de repente sinto como a lus do foco tira por min como un imán, produçíndome nun instante a sensaçión vertixinosa de caída ao baleiro, e de súpeto un sumbido repentino polo cal me elevo, perdo a ghravidade e como un flash son absorbido completamente pola lus, esfumándome …, pasando a formar parte dela, deixando de ser eu e de existir como tal.



Esto doume un volco ao corpo que me quedou ghrabado na memoria, como algho premonitorio, asoçiándoo despois co que me pasou ao día seghuinte. Aínda hoxe me lembro desa experiençia.

No hay comentarios: