domingo, 2 de mayo de 2010

O SON DÁ VIDA, por Cineclube




"Loznitsa rompe coa súa propia forma de concibir un filme con Bloqueo (2005), un documental con material filmado por camarógrafos na segunda guerra mundial, na que unha cidade resiste ao asedio do inimigo.

Reconstruíu integramente a banda sonora do filme, remontándoo e dándolle un sentido totalmente novo ao material, que xacía separado en diferentes depósitos de película de Leningrado.

O traballo de audio é finalmente o que guía o desenvolvemento do filme, pondo o acento en certos elementos do cadro, unindo atmosféricamente escenas, levando a nosa atención a segundos planos, ao clima, ao ruído da cidade que se prepara para sobrevivir desde a súa lenta agonía, o son dá vida a imaxes vellas, gastadas"

(Carlos Vásquez, "Sergei Loznitsa, la soledad del corredor de fondo". Podedes ler o orixinal completo en castelán en Blogs&Docs)

No hay comentarios: