Trátase de conductas que teñen que ver ca intimidación, tiranización, illamento, ameaza, insultos, sobre unha víctima señalada.
A veces é un individuo o que fai o "bullying" ou un grupo. O máis importante non é a acción en si mesma, senón os efectos que produce nas víctimas.
Por tanto, estas situacións de acoso, intimidación ou victimización son aquelas nas que o alumno/a está exposto/a de forma repetida e durante un tempo, a accións negativas que levan a cabo outro/os compañeiros/as.
Non é unha novidade, os fenómenos de violencia escolar producíronse sempre, e quizais na mesma ou maior intensidade. Agora son máis visibles porque afectan a máis persoas e porque os medios de comunicación, os pais e a sociedade en xeral se fixeron máis sensibles a todo o relacionado coa educación.
Non podemos aceptar que se está a falar de casos illados e, menos aínda, que sexan só uns poucos/as os afectados/as. Os diferentes estudos demostran que o fenómeno ten a forma dun auténtico "iceberg" do que estas investigacións só facían visible unha mínima parte.
Hai que estar atentos/as e investigar en canto se vexa que hai un cambio de actitude por parte dun fillo/a.
Unha persoa acosada soe illarse, deixa de saír, pode haber un caso de bullying detrás dun trastorno de alimentación; algo presente tamén pode ser o chamado "síndrome do domingo pola tarde" (consistente en que se empeza a poñer triste, irritable, incluso con vómitos, etc, pola angustia de ter que volver á clase).
Indicios para pais e nais: se perden ou se deterioran as súas pertenzas escolares ou persoanales, gafas, mochila, pantalóns rachados, etc, de forma frecuente. Se aparece con golpes ou rasguños e di que ten caídas ou accidentes como tapadeira. Se non vai a excursións do colexio, se quere ir acompañado/a á entrada e saída...
Indicios para mestres: Os puntos "quentes" onde se produce o fenómeno van ser aqueles sitios onde os adultos non estean tan presentes (no recreo, vestuarios, cola do comedor, etc); atención ás pintadas nas portas dos baños e paredes (qué nomes aparecen habitualmente); á non participación habitual en saídas en grupo...
Cando se sabe que unha persoa foi machacada debemos explicarlle que non é a culpable do que pasa, que o problema é da persoa que acosa, que realmente o que é debil é o que agrede. As consecuencias nunha víctima poden ser devastadoras a nivel individual, escolar e social (dificultares escolares, baixa autoestima, ansiedade e depresión, fobias, etc.).
A solución para o agresor non é a expulsión senón o falar con el e ver qué carencias ten porque precisa unha labor psicolóxica para modifica-la conducta. O acosador de hoxe pode ser o maltratador de mañá se non se prevén.
Hai que illar ó acosador do acosado, vixiar de forma sutil para que non se den os encontros. É moi complicado detectar un caso porque o/a "bull" vai tecendo unha "tela de araña" feita de pequenos xestos cada día, difíciles de ver para as persoas observadoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario