Volvendo á sesión, cheghou un momento en que o ghuía sacou da súa mochila unha botella de líquido cor marrón claro, algho espeso, e tamén un vaso de cristal do que se bebe o viño na casa.
Creo que el tomou medio vaso de ayahuasca ou un completo, non podo preçisar, dado que seghuramente non habería moito que xa tería inxerido algho noutras sesións de días pasados. É por eso que debía controlar moi ben a súa propia dose para non sobrepasarse.
Advertiume que me ía dar unha toma dela para bebela toda, xa que era a miña medida, pero sen ghardar expectativa de nada.
A continuaçión mandoume pechar os ollos evitando no posible ter pensamentos, soamente pedir de coraçón que a “abuelita” entrara en min e me axudase, deixándoa traballar, solo eso. Ela sabería que façer.
Estiven así, cos ollos pechados, un bo anaco de tempo mentres el seghuía orando e cantando en vos baixa, espaçiando caladas da pipa para çeibar o fume en forma de “O”, xa que eu oía esas exhalaçións cando as marcaba cos beiços.
Mollaba o ramiño ou ponliña en “aghua espeçial”, pudera ser que fose ayahuasca, e ao mesmo tempo diçía nome de deidades, creo que alghunha delas era “Pacha Mama”, entre outras, e de paso comentaba: - Axuda a: “Ramonçito”, noutros casos diçía os meus dous nomes completos, “Axuda a Ramón Manuel”.
Sei que parte desto fíxoo de pé fronte a min, porque o sentía e presentía, e nalghúns outros momentos açercóuseme entoando oraçións de proteççión, mençionando o meu nome e botándome un sopro de fume no rostro, outro no lado esquerdo da cara, un no lado dereito, sighueu con outro na nuca, e por último, un ou máis de un no alto da cabeça.
Cando pasou un bo anaco de tempo, e xa el sentado ao estilo iogha no chan a unha curta distançia fronte a min, indicoume que abrira os ollos pouco a pouco, para logho preguntarme como estaba e que sentira. Entreabreu un pouco a porta co obxecto de vernos, e díxenlle que non sentira nada espeçial, so alghunha que outra ves viñéranme perturbaçións á mente, pero atopábame tranquilo e relaxado.
Contestoume máis ou menos: “Bueno, está bién. La abuelita lo quiere así. Ella es sabia. Por algún motivo lo haçe”.
“Si estás relajado y tranquilo eso ya está bien. Posiblemente te abra la conçiençia o te indique el camino con el tiempo, no ahora. Ella permaneçerá dentro de ti por siempre.”
Expliqueille que viñera sobreaviso ata aquí pensando de ter náuseas, vómitos, diarreas, mareos, etç.
De seghuido comentou: “No tengas expectativas, ni ideas prefijadas. Cada persona es diferente respecto a los síntomas, y a los mensajes. Pueden no darse, surgir ahora y tener a posteriori coletaços, o no apareçer en este momento y darse más tarde. Por eso es preferible esperar unas horas y se aconseja no conduçir ni haçer actividad hasta pasado un tiempo prudençial.”
Para os meus adentros pensei: “E aghora coa inmensa distançia que teño de volta ata alá, atopándome so e sen marxe de tempo, non quero quiñón do que me espera para levar o coche.”
Non sei por qué se me ocorreu preghuntarlle a cantidade de doses que se lle permitía tomar a cada persoa por sesión. Díxome como máximo que dúas, pero non máis.
Puden estar calado, e irme así relaxado e tranquilo de volta para a casa, pero non vin as consecuençias de tales curiosidades e aventuras. Dado que eu tiña unha actitude moi natural e expectante ao estar relaxado e sen nincún síntoma visible dos previstos, planteou darme unha seghunda e última dose.
Merda, oghallá me tivera marchado antes. A partir de aquí escarallouse todo.
Manténdose sentado no chan, colleu a botella do seu lado, encheu o vaso e doumo a min que estaba repousado na banqueta.
Tamén se sirveu para sí, pero a metade do vaso, motivo polo que me entrou a curiosidade e lle preghuntei ao respecto. Manifestoume que debe dosificala porque a planta mestra xa está metida no seu corpo, froito das inxestas de sesións anteriores.
Así e todo, nestes momentos debe tamén tomar un pouco da bebida preparada para min, acorde co meu propósito e personalidade. Esto axúdalle a profundiçar en sí mesmo e pórse en trançe para contactar comigho.
Eu seghuía cos ollos pechados, sentado na banqueta e pedindo interiormente que as plantas milenarias entraran sen problema, actuando onde fixeran falta para logho deixala traballar. Dirixíame a ela como se fora un ente con vida propia.
Ata o de aghora, e dentro de min, a cousa estaba controlada e sen visos de alteraçións físicas ou psíquicas. A pesares deso, el pareçía estar máis calado e prácticamente non reçitaba nincunha oraçión ou canto.
Eu sabía que xa era noite e cos ollos pechados perçibín polo ruído que fixo, que se sentara no pé da cama, non sei se por cansançio de ter estado tanto tempo no chan, se por estar preto de min pensando que desta ves existían posibilidades de que se me manifestaran os síntomas, ou polo costume de saber que el mesmo ía entrar en trançe.
Nalghún momento cando empeçou a falar e comentar sobre distintas cuestións, mirei de reollo e na penumbra vino que verdadeiramente estaba no sitio comentado anteriormente, apoiado na parede ollando para o aire, coa mirada perdida.
Sexa como for começei a sentirme raro e pesado de estómagho, como xa querendo botar fóra. Entón mandoume sentar no chan apoiando o lombo na parede. Díxome que collera unha bolsa de asas que tiña detrás de min.
Ao revolvérseme o estómagho, dábanme náuseas e façíaseme a boca aghua. Pouco despois estaba ghomitando na bolsa, e semellaba que saía o estómagho pola boca. Sentía falar a un par de chavales na habitaçión do lado. Pola vos semellaban que non eran ghaleghos, e que estaban de paso por aquí.
El emitía frases e expresións coa fin de que expulsara todo, e me limpara por dentro, axudando a quedarme calmo. Eu so abría os ollos para os ghómitos. Cando pasaba o apuro, eu continuaba cos ollos pechados.
Deberon ser unhas catro ou çinco veçes que "botei as tripas", con impulsos fortísimos, e nun deses momentos, xusto no mesmo ímpetu de baleirar todo que había no interior, intentei mirar cos ollos pechados dentro de min. Nunha fraççión de seghundo, como un destello nun fondo escuro, vin unha pequena parte dunha liña ou serpe ondulada con segmentos de distintas cores difuminadas e iluminadas.
Prefería non ter visto nada, nin ter tan mala experiençia dos ghómitos, pois eses penosos momentos, acompañados dun son profundo e rouco, case me façían expulsar os órghanos, deixándome malestar en tódolos aspectos.
Ao ver que pararan tódalas convulsións estomacais, toquei a bolsa sentindo que tiña líquido quente, porque coa dieta que levaba desde había case dúas semanas, pouco máis podía botar.
Vendo que estaba a cousa estabiliçada, amarrín a bolsa e preghunteille que se façía con ela. De querer, sinaloume que podía deixala no cubo do lixo, no baño que esta mesmo alí, e de paso limpar un pouco a cara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario