Oito días sen correr, oito días de recuperación, iso é ser positivo. Seguindo o tópico da botella medio chea ou medio baleira, eu direi que está medio chea, xa falta menos para recuperarme totalmente e poder empezar a temporada en plenas facultades.
Esta semana obtiven unha segunda opinión sobre a miña lesión. Despois de explorarme a coxa parece que a dor procede dunha tendinite do musculo tensor da perna dereita.
Tratamento : descanso absoluto , estiramentos e sesións de fisoterapia. A isto sumamos a recomendación de ter que facer unha preparación previa á temporada de carrerias con sesións de musculación tanto de abdominais como de nocellos que en palabras da persoa que me atendeu " é fundamental para evitar lesións deste tipo".
Polo tanto e ante a falta de poder sair a correr o que estiven facendo esta semana foi sesións de estiramentos, abdominais, flexións, sentadiñas, etc.
Ademais das sesións de fisio, esta vindeira semana teño cita cun osteópata que me recomendaron por varias partes e tamén vou a facer unha consulta cun podólogo, non penso comprame unha zapatillas novas ata non saber "científicamente" que tipo de pisada teño.
Aos meus compañeiros "Taninos" darlles as grazas por interesarse por min, non vexo a hora de reincorporarme á "disciplina do equipo", devezo por esas saidas en grupo!. Todo chegará, non se van a librar de min doadamente.
De todo se aprende e o que non nos mata fainos máis fortes.
Saúde e quilómetros!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario